
Película made in Japan do 2005
Comedia divertidísima e surrealista típicamente xaponesa así que absterse de vela os que odien o humor que tanto os caracteriza


Os protagonistas son un grupo de xóbenes (frikis frikis) que pertencen ao club d sci-fi do instituto mais dúas chicas pertencentes ao club de artes (que non teñen moi claro o concepto da distancia); están nun verán máis que caluroso
e estar sen aire acondicionado é un verdadeiro tormento polo que cando o mando do aparato de aire acondicionado do club sufre un accidente a desesperación se apodera deles
... ata que aparece de súpeto unha máquina do tempo que utilizarán para poder ir ao día anterior para salvar o mando. ¿como chegou ahí a máquina? ¿quen era o champiñón que apareceu no club?¿lograrán salvar o mando?



Como podedes observar é moi surrealista a cousa, ao principio un non se entera de moito...pero logo o que non tiña sentido o cobra totalmente ata converterse nunha das mellores comedias que disfrutei!
Boísima!!
As risas están aseguradas, e despexoume moitas dúbidas que tiña sobre as viaxes de tempo e que sempre que vexo Regreso al Futuro veñen a miña mente 




O kappa foi un puntazo!!
(quenes vexan a peli saberán de que falo
) Bueno ten moitos puntazos non só ese.





En definitiva a peli faríase con catro duros pero demostra que para facer boas comedias non se necesitan chorradas innecesarias ás que nos ten acostumados o "gran" Hollywood.
Reparto:
- Eita
- Juri Ueno
- Yoshioki Yoza
- Yoko Maki
- Kuronosuke Sasaki
- Riki Honda
Trailer: