sábado, 26 de mayo de 2007

BI/ RAIN/ JUNG JI HOON


Xa era hora! iso me dirá algunha que eu me sei...XD porque xa tardaba en por un post como é debido sobre Bi ou Rain ou Jung Ji Hoon (según cada cal).

Pois, como supoño que algún que lea isto non sabe de quen se trata vou falar un chisquiño del. Bi é ante todo cantante, pero tamén se dedica á interpretación.
O seu estilo de música englóbase dentro do r&b e kpop, algúns o bautizaron como o Justin Timberlake de Asia (que me perdoen pero este non lle chega nin a suela, ademais que isto das comparacións é algo que non soporto); o seu debut foi aos 20 anos e tivo que ir porta por porta para que lle deran unha oportunidade xa que foi rexeitado dalgún casting por non ter doble párpado (cousa que en Korea é símbolo de beleza), que ironía dende logo porque de ser rexeitado por "feo" a ser considerado un dos homes máis guapos e sexys de Asia (aparecendo tamén na revista people) hai un gran treito XDXD.
Xa có seu primeiro album "Bad Guy" (2002) causou toda unha sensación e iso só sería o comezo dunha carreira que non para de ir en alza. Có seu segundo album "How to Avoid the Sun" (2003) afianzóuse aínda máis e có terceiro titulado It's Raining (2004) xa se consagrou permitíndolle ser recoñecido fora de Korea, có que sacaría o seu primeiro album en xaponés "Eternal Rain" (2006) colleitando moi boas ventas e ademais collendo novas fans. Có cuarto disco en koreano "Rain's World" (a finais do 2006) tivo unha expectación incríble e pronto publicará o seu segundo album en xaponés.
As xiras que fai son realmente multitudinarias, e percorre medio mundo; é o único artista koreano que actuou dúas veces no Madison Square Garden, e iso xa é moito.

A súa carreira como actor aínda podemos dicir que está comezando. En Korea fixo dramas con papeis moi diferentes debutando en Orange no 2002, pero foi Full House (2004) o que lle deu a oportunidade de confirmarse como un dos actores máis prometedores, un drama que colleitou tanto fora como dentro de Korea un éxito sen precedentes. O seu seguinte papel, o último que fixo en kdramas: foi en "A love to kill" un drama moi duro onde a vinganza e o amor son os temas principais; neste drama o xiro interpretativo que fai para algúns significou o afianzamento como actor demostrando que pode afrontar papeis de índole moi diferente. Este ano, o 2007 pode ser o ano de Bi como actor, estenóuse no Festival Internacional de Berlín a nova pelicula de Park Chan Wook (Old Boy) na cal Bi é o protagonista masculino "I´m a cyborg but it´s okay", filme que colleitou o premio especial a cine innovador no mesmo festival. Ir a Berlin permitíulle coñecer aos irmáns Wachovsky (Matrix) cós que firmou un acordo para participar na súa seguinte pelicula cun rol secundario, pero que siñificará o seu debut en Hollywood.

Este ano saiu en TIME no posto número 1 de persoas máis influintes do mundo,(sendo esta a segunda vez que aparecía na lista) aínda que como é de supoñer se un coñece aos estadounidenses iso siñifica non poñelo en portada xa que non é rubio de ollos azuis v_v tamén siñificará intentar ridiculizalo nalgún programa que nin merece mención, aludindo a comentarios racistas e xenófobos que levantaron a ira dos koreanos e a indiferencia por parte de Bi.

A súa infancia non foi demasiado doada xa que os seus pais non lle permitían ir a clases de baile polo que mentía como un bellaco, e ía ás escondidas. Pero a súa nai morrerá dunha enfermidade moi grave no 2001 (xusto un ano antes do seu debut) algo que o marcou profundamente pero que fixo que loitara máis por alcanzar o seu soño e sair da pobreza xa que digamos que non vivía no mellor barrio de Seul.^^ Foi grazas a JYP (con quen acaba de rematar o contrato) que puido facer o seu gran debut grazas a que apostaron cegamente por el, saíndo triunfantes na inversión.
Premio tras premio, tanto como cantante e como actor dende xa os seus comezos no 2002 sendo premiado como mellor artista novo do ano en multitudes de galas, ata o 2006 sendo premiado tanto pola súa labor interpretativa como pola súa carreira musical dentro e fora de Korea. Neste ano 2007 foi elixido como embaixador de Korea do Sur e mesmo un avión conta coa súa imaxe impresa.

Full House, un kdrama onde fai o papel dun actor famoso que se ve obrigado a facer un contrato matrimonial coa divertida Ji Un unha escritora de novelas por internet.


A love to kill, un kdrama dramático onde fai o rol dun boxeador que se vingará da muller a que considera culpable de que seu irman esté en estado vexetativo; pero os plans de vinganza poden verse truncados debido aos sentimentos que van crecendo entre os dous.


I´m a cyborg but it´s okay, o seu debut na pantalla grande da man de Park Chan-Wook onde interpreta a un chico que está nun manicomio e cre poder roubar as almas das persoas.



Imaxe de Arena, Giordano, Nikon, Xtreme, Ohui, Pepsi, DOHC, Pantech etc etc
Bi en favor da infancia, tamén é imaxe para adopcións
Na Berlinale

Cartei dun dos seus tours e do dvd do concerto e fotos dos seus multitudinarios concertos



Imaxes dos famosos fanmeetings, está moi extendido por esos lares e consiste nun encontro coas fans onde firma autógrafos, canta ( non pasa nada se non é cantante o caso é que cante e mesmo se pegue un bailiño), e lle regalan cousas a parte de ser entrevistado.
Agora poño algúns videos:
"How to avoid the sun", miña canción favorita ; triste e cantada con moito sentimento^
"Bad Guy", o seu primeiro éxito


Sad Tango, o seu éxito en xaponés


"I´m coming", do seu último disco e cun video moi currado en efectos e Rain con novo look


"Touch Ya", do seu último disco, actuación en MBC Music Score uffffffffff


"Still Believe", unha das miñas cancións predilectas e que é promoción do BMW


Actuación onde mostra as súas habilidades có baile


"Iksukchi anhaso", canción emotiva adicada a sua nai e sempre que a canta remata chorando e fai chorar a tódalas fans
Unha das actuacións que máis nos gusta ver as fangirls é "Nan" lla dedico especialmente a Midori que sei que o picar do nariz cara o final se fai insoportable^__^
E por último unha das cancións estrelas "It´s raining" todo un icono ^^

jueves, 24 de mayo de 2007

HERB/ HEO-BEU


Xa estou de volta para actualizar que entre unhas cousas e outras non puiden estes días^^ Pois como xa é costume hoxe traio unha recomendación de peli, esta vez de novo de Korea do Sur!!

Como supoño que vos dichedes conta se titula Herb ou Heo-Beu en hangul (escrito en romanji claro)^^ e trátase dunha comedia dramática, nada raro tratándose dunha cinta koreana xa que seu cine caracterízase por pasar duns momentos alegres a uns totalmente dramáticos, cousa que moitas veces sorprende ao espectador e mesmo un non chega entender moi ben cómo unha película pode cambiar tanto según avanza...pero é algo que vai coa súa cultura e por iso nos choca tanto que non rematen co típico happy end ao que nos teñen acostumados o cine palomitero hollywoodiense.

Despois deste rollo que vos acabo de botar vou a contarvos algo da pelicula XDXD

Pois Herb trata sobre Sang-eun unha chica de 20 anos que ten retraso psíquico, polo que vive coa súa nai nunha herbostería (de ahí o título). Un día, por casualidade coñece a Jong-Bom, un policía de tráfico; e namórase del pensando que é o seu príncipe azul, ao mesmo tempo Jong-Bom comeza a sentir por ela un cariño especial sen saber nun principio o especial que é Sang-eun. A súa nai non verá con bós ollos a relación existente entre eles dous. Sen embargo Sang-eun pronto terá que enfrontarse a realidade do mundo por sí soa.

En fin, para min unha das mellores peliculas do que vai de ano, estrenóuse en xaneiro en Korea obtendo bós resultados de taquilla.

O toque da fantasía ven da man da imaxinación de Sang-eun, a cal lle encantan tódolos contos de príncipes azuis e a fotografía. Polo que por esta banda nos atopamos a comedia pero a partir da metade da película o drama comeza a aparecer ata o punto de que a comedia non volve a aparecer.

Respecto aos actores destaca Kang Hye-Jeong, a protagonista que xa nos ten acostumados a bós papeis, quen a vira en Old Boy aquí non a recoñecerá^______^ e tamén e a chica tola de Welcome to Dongmakgol, todas peliculas recomendadas.

Bueno pois agora xa sabedes non vola perdades!!!

Reparto:

  • Hye-jeong Kang

  • Chong-ok Bae
  • Kyeong-ho Jeong

  • Jong-ryol Choi
  • In-gi Jeong

  • Mi-young Lee

  • Won-jong Lee

  • Young-yu Lee

  • Jeong-se Oh


Trailer





sábado, 19 de mayo de 2007

SEVENTH HEAVEN PV

Como xa sabedes Laruku (como son coñecidos tamén) encántanme e como non ía ser menos pois traio o novo deles, espero pronto ter xa o single^^

Pois aos interesados lles deixo o novo PV de L´arc en ciel "Seventh Heaven"^^
Qué kawaii que está Hyde^3^ encántame a canción (recorda aos súas primeiras cancións) e o videoclip moi sicodélico ou algo así xdxd pero saen moi monos jijiji aínda que non se exprimiron moito a cabeza para facelo e de seguro foi caro^^ pero bueno a eles se lle perdoa XD



Aquí vos deixo os links para que o descarguedes e o disfrutedes^^

http://www.megaupload.com/?d=9EUDDGPE


Pando Package

Os créditos polos scans pois cando me acorde quen era a chica que os subiu edito^^

jueves, 17 de mayo de 2007

Spirit of Jeet Kune Do: Once Upon a Time in High School / 말죽거리 잔혹사

De novo unha pelicula de Korea do Sur (2004) pero non se parece en nada a anterior^^
Como ben mostra o seu título a pelicula é unha homenaxe a Bruce Lee pero tamén é unha dura crítica cara os institutos e o sistema de estudos coreanos.
Centrándose nos anos 70; o tímido Hyun-soo (interpretado por Kwon Sang Woo) trasládase a un instituto onde se atopa cunha banda liderada por Jong-hun e coa violencia sistemática por parte duns profesores estrictos. A pesar de ser un gran aficionado a Bruce Lee e de que seu pai (moi estricto tamén) ten un ximnasio de taekwondo Hyun-soo nunca peleou na súa vida, pero pronto se fará amigo de Jong-hun e a súa cuadrilla có que a cousa cambiará un pouco. Por outro lado tódolos días observa a Eunjoo no autobús sen atreverse a falarlle ata que un día a defenderá xunto con Jong-hun e Hamburguer (apodo dun amigo pola súa gordura) e se farán amigos. Todas estas circunstancias desembocarán en que se vexa obrigado ao uso da violencia.
Polo que temos un filme cun pouco de todo: violencia, amor, drama, risas... e onde Kwon Sang Woo nos mostra de novo as súas habilidades nas artes marciais XDXD
Bueno sei que me repito pero os actores son tan bós!!!Eu que me declaro unha auténtica seguidora de Sang Woo non son moi imparcial pero as críticas e o público falan por sí sós, xa que é dos actores máis taquilleiros e recoñecidos de Korea e do resto de Asia.
A cinta estrenóuse aquí en dvd cunha versión doblada digna de arcadas ^_____^ así que recomendo vela en V.O.S,; bueno cousa que sempre se debe facer para disfrutar realmente dun filme sobre todo con estes idiomas que son tan diferentes dos nosos. E ademais neste caso, coa voz tan bonita que ten Kwon Sang Woo^3^ XDXD

Reparto:
  • Kwon Sang-woo
  • Han Ga-in
  • Lee Jeong-jin

Trailer:










estas últimas capturas van adicadas a Midori ^^ porque foi daquela cando lle comezou a picar o nariz XDXD