viernes, 7 de diciembre de 2007

PV DE SHINHWA


Alas aquí os dejo con este nuevo pv tan potito, divertido y donde no paran de hacer el ganso XD quién diría que están casi en sus treinta...jaja

Pando Package

En youtube:

OS QUE NOS DEIXARÁN

Acabo de dar coa lista deses actores e cantantes de Korea do Sur que nos abandonarán 26 meses para facer o servicio militar *noe deprimida* aínda que me alegrei ver que Kang Dong Won non aparece si aparecen outros que non me esperabaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí van os nomes, e como sei que a alguén se non poño foto non se entera de quen é quen pois aquí tedes:

Chun Jung Myung
Gong Yoo
Jo Hyun Jae
Jo In Sung
Kim Rae Won
Lee Dong Gun
Lee Dong Wook
Eric Mun
Kangta
Kim Dong Wan
Lee Min Woo
Sung Si Kyung
Tei
Tony An
Wheesung

Dentro duns meses supoño que os veremos partir con cara de amargados a maioría.. se é que é tanto tempo...que dura é a vida dun koreano!

O que nos quedarán serán seus traballos, ademais case todos vanse ao rematar de facer proxecto así que teremos pelis, discos, actuacións, dvd´s, dramas, etc etc para remirar cada vez que os botemos de menos.

En fin que uns me doen máis que outros, pero estou triste porque coñezo e gústanme moito todos menos dous ou tres...e ademais en plan fangirl así que aínda peor...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

martes, 4 de diciembre de 2007

SHINHWA 신화 IS BACK !


A boy-band máis duradeira e éxitosa de Korea volve despois de peripecias en solitario para publicar seu 9º album.

Antes de publicar dito album por agora temos un single para navidades "Winter Story 2006-2007".

Pero antes de deixarvos coa descarga como supoño que non moitos coñecen a historia deste gran grupo, intentarei resumila un pouco, aínda que é tan longa e densa que vai ser difícil.

Primeiro os presento:

Eric Mun Jung-Hyuk 문정혁, nacido o 16 de febreiro de 1979; líder e rapeiro

Lee Min Woo 이민우, nacido o 28 de xullo de 1979; segundo vocalista

Kim Dong Wan 김동완, nacido o 21 de novembro de 1979, segundo vocalista

Shin Hye Sung 신혜성, nacido o 27 de novembro de 1979; vocalista principal

Jun Jin전진, nacido o 19 de agosto de 1980, rapeiro

Andy Lee nacido o 21 de xaneiro de 1981, rapeiro

Unha das compañías máis importantes de Korea do Sur SM Entertainment foi a encargada de unir a estes 6 chicos baixo o nome de Shinhwa 신화 en 1998, debutando o 24 de marzo dese mismo ano có single "Hae Gyul Sah" (Resolver). Anque nos seus comezos foron acusados de copiar a outra éxitosa boy-band "H.O.T", o single foi un auténtico éxito de ventas repitindo o mesmo có seu segundo e terceiro single.

O 19 de abril de 1999 presentan o seu segundo album de estudo "T.O.P" colleitando un considerable éxito que provocou que mudaran un pouco a súa imaxe de nenos monos cara unha imaxe máis madura. Ese mesmo ano recibiron o premio a Mellor PV de un novo grupo masculino na M.Net.



En maio do 2000 publican seu terceiro album que directamente se coloca no número 1 nos postos de venta, un dos singles incluídos titulado "Only One" mantívose 24 semanas na lista dos máis vendidos. Como era de esperar ese ano gañaron 3 premios importantes: "Premio Popularidade" en SBS Gayo, canción KMTV "Bonsang Award" e o "Premio a cantantes populares". Seus estilos de baile foi unha das cousas que más os marcou e que lle xenerou máis popularidade, ademais de ser comparados con boyband made in USA como N'Sync e Backstreet Boys. Entón o grupo foi cando deu un drástico cambio na súa imaxe cambiándose cara unha apariencia gótica e con tódolos membros có pelo tinguido.



En xaneiro de 2001 fan seus dous primeiros concertos titulados "First Mythology". En xuño dese mesmo ano realizan o seu cuarto album, debutando no número de 3 dos discos máis vendidos. Este feito coincidiu coa chamada "onda koreana" o que provocou que a súa popularidade se expandise fora de Korea. E de novo vivimos outro cambio na apariencia dos membros alonxándose da imaxe gótica que os acompañara no anterior traballo.

Xusto nestes intres de tanta popularidade o grupo véuse envolto en polémica debido a ausencia de Andy, (mentres os rumores dicían que se trataba debido a un intento de suicidio a realidade foi que estaba en USA rematando seus estudos) e tamén polo plaxio do seu single "Hey, Come On!" por unha boy band taiwanesa chamada Energy.

En xaneiro do 2002, publicaron un album recopilarorio titulado "My Choice" onde figuran as cancións favoritas dos membros e tamén as máis populares. Uns meses despois publican seu quinto album de estudo "Perfect Man" que veu acompañado de novo por outro cambio de imaxe, agora máis deportiva. O album debutou directamente no número 1 e acabou o ano no número 14 dos 100 albums máis vendidos no 2002. A parte do seu éxito na súa terra o album estivo no top10 dos discos máis vendidos en Singapur. Debido a súa expansión fóra de Korea foron os representates do seu país na ceremonia POP Asia celebrada en Xapón e máis tarde foron invitados como representantes de Korea no Asia Dream Concert en Xapón tamén.

É xusto có lanzamento deste album cando volve a aparecer Andy xunto aos demais membros, para alegría de centos de fans.

A finais do 2002 coa publicación do seu sexto album "Wedding" fixeron historia xa que se convertiron na boy band koreana máis duradeira, tamén se convertiron no segundo artista koreano en realizar dous albums no mesmo ano. Xusto con estas noticias é cando Shinhwa rompe o contrato coa súa compañía, xenerando preocupación nas fans debido ao seu futuro incerto. SM Entertainment rápidamente lle ofreceu un segundo contrato pero Shinhwa rexeitóuno para ao final aceptar a oferta de Good Entertainment. Pero debido a que o contrato con esta nova compañía non comezaba ata 2004 no 2003 decidíronse polas actividades en solitario.

No inverno de 2003-2004 publican un album recopilatorio "Winter Story 2003-2004" debido a este éxito as "winter story" convertéronse en tradición nos anos venideiros.

Nese tempo é cando fan súa segunda xira pasando por 6 cidades: Seoul, Pusan, Daejeon, Incheon, Daegu e Kwangju e tamén seu primeiro concerto en Tokyo acompañado dun fanmeeting.

Con respecto as súas actividades en solitario, Min Woo (baixo o nome de M) publicou seu primeiro album "Un-touch-able" mentres Hye Sung colabara con dous amigos nun proxecto de grupo "Group S". Jun Jin en cambio optou pola actuación aparecendo no drama "9 tailed fox" e tamén apareceu xunto a Andy no sitcom "Nonstop 4". Pola súa parte Eric tamén comezou a participar en dramas e en numerosos anuncios, colleitando boas críticas, premios e popularidade.

O primeiro album con Good Entertainment presentóuse baixo o título de "Brand New", debutando de novo no número 1. Sen embargo neste traballo a diferencia dos outros comezan a facer música de baile e non só canción pop. Neste ano lle volven a chover os premios, un total da nada despreciable cifra de 13 galardóns.



Na xira dese ano visitaron Singapur, China e Xapón dedicándose enteiramente as fans non koreanas conseguindo ser o artista en vender máis entradas para un concerto en Xapón cun total de 13.000 en tan só unha semana.

Có cambio de compañía parece ser que a súa faceta como artistas medrou ou deixóuse ver, xa que comezaron a escribir súas propias letras, Min Woo como é sabido tamén escribiu para outros artistas, ademais tamén comezaron a facer labores de producción.

No 2005 publicaron dous singles, fixeron concertos e tamén presentaron un reality show "Let's Coke Play Battle Shinhwa!" , versión koreana de Operación triunfo; de onde saíu o grupo "Battle".
En maio do 2006 regresaron có seu 8 album "State of the Art", que volveu debutar no número 1. E é agora cando deciden traballar no seu albums e single en xaponés.

En xuño do 2006 realizan seu primeiro single en xaponés "This is the Sun in Our Hearts" debutando no número 9 do Oricon, e seu primeiro album "Inspiration" debutou no número 4. Así comezaron unha xira durante 5 meses que os levaría por: Seoul, Shanghai, Tailandia, Singapur, Xapón e outras 9 cidades a través de Asia.

En 2007, celebran seu 9º aniversario e é este ano cando os membros expanden súas actividades en solitario aínda máis. Min Woo, Andy e Jun Jin crean súa propia discográfica :M Rising, ND (New Dream) Entertainment, e JF Story Entertainment. Dong Wan realiza seu primeiro traballo "KimDong Wan is" e Min Woo o seu terceiro album, os dous publicados en xullo; Hye Sung publicou en agosto seu segundo album polo que os tres competiron polos postos de venta.

Mentres estes se centraban na súa carreira musical, Eric, Jun Jin e Andy seguiron coa súa carreira como actores. Sobre todo foi Eric o que gañou gran popularidade como actor, logo da éxitosa serie "Super Rookie" (2006) neste ano apareceu có drama "Que Sera, Sera". A pesares de centrarse máis na actuación Jun Jin tamén sacou single en solitario e Andy neste mes de decembro publica seu primeiro single.



E é agora cando logo deste descanso como grupo cando volven a xuntarse para dar a luz seu noveno album, a pesares iso sí de pertencer cada un dos membros a compañías diferentes. Este ano que ven prevén facer unha gran xira por toda Asia, todo antes de que teñan que tristemente facer o servicio militar (excepto Hye Sung que está exento debido a unha lesión de rodilla). Pero agora o que nos toca e disfrutar deles!!

O prometido é débeda, aquí está a descarga: (créditos a z-degrees)

Pando Package


Agora vos poño unha actuación deles en Korea do Norte, sí..onde se ubica ese tolo...ao parecer lle gusta o kpop así que déixounos ir a actuar O_O mirade o público que entregado:



Son demasiados videoclips e actuacións que hai como para agora poñerme a escoller, así que o deixo para outro día; espero que pronto saquen o pv novo e así xa o posteo^^

sábado, 1 de diciembre de 2007

BIG BANG POR EIQUÍ BIG BANG POR ALÁ



Estes neniños están que non paran, xa están volvendo a arrasar có seu minialbum e en xaneiro sacan un album con novas versións dos seus éxitos e algunha nova canción para darse a coñecer en Xapón. Agora mesmo se atopan en Tailandia de promoción, alí abalanchas de fans intentan acercarse a eles, e o mesmo pasaría en media Asia. En fin que como dín eles mesmos están dispostos a conquistar o mundo XD

Ademais se temos en conta que teñen unha carreira de éxito e consolidada con tan só un ano de debut parece incríble e máis aínda se os membros teñen só dos 17 aos 21 anos, e destacan por compoñer tanto as letras como a música das súas cancións e mesmo algunha coreografía. Dende logo o talento non lles falta^^

Bueno todo este rollo ven porque xa está o novo pv "Last Farewell" así que volo deixo para descargar:

Pando Package

Tamén xa está en youtube completiño para os que prefiran non baixalo: