"Tada, kimi wo aishiteru" trátase dunha adaptación da novela de Takuji : "Renai Shashin: Mou Hitotsu no Monogatari", estreada en Xapón en outubro do 2006 e que funcionou bastante ben en taquilla.
A historia xira en torno a Makoto (Tamaki Hiroshi^3^), un fotógrafo; que viaxa a Nova York durante o nadal buscando a súa mellor amiga, Shizuru (Miyazaki Aoi). A partir de ahí o filme céntrase en cando os dous se coñeceron estudiando na universidade, e a súa especial conexión foi debida aos complexos que teñen ambos, Makoto é extremadamente tímido dende pequeno e Shiruzu ten unha personalidade moi especial pero ao igual que Makoto o relacionarse cós demais non é o seu pasatempo favorito. Pero ambos atopan un no outro un apoio, ademais Shizuru pouco a pouco váise interesando pola fotografía e os dous van xuntos a un bosque (ao que está prohibido entrar) a tomar fotos. A súa amizade se verá entorpecida polos sentimentos de Shizuru cando Makoto comeza a interesarse por outra chica chamada Miyuki.
Un dos filmes máis bonitos que puiden disfrutar últimamente^^ Iso sí ter preparados os klinex, porque a historia non é un campo de rosas O_o E destes filmes que deixan bó sabor de boca, con imaxes que se quedan grabadas na retina e cun final precioso ademais dunhas boas interpretacións, realmente encántame Tamaki e Aoi é unhas das miñas favoritas; quen a vira facendo da "pija" Nana aquí non a recoñece XD. A banda sonora é , como sempre, preciosa e canción principal titulada "Renai Shashin" é destas que se te queda na memoria xa que é da superidol Ai Otsuka e a min, a súa voz resúltame moi doce así que eu toda contenta^^
Reparto:
- Aoi Miyazaki
- Hiroshi Tamaki
- Munetaka Aoki
- Keisuke Koide
- Meisa Kuroki
- Asae Oonishi
Fotiños: