viernes, 1 de junio de 2007

ENTER THE PHOENIX / 大佬愛美麗, DAAI LO OI MEI LAI


Ao fin posteo algo dunha pelicula!^^

Pois hoxe vou falar sobre un filme de Hong Kong que vin onte, para cambiar algo de estilo decidín poñer unha de acción e comedia do 2004 e debut do seu director: Enter the Phoenix.

O argumento: as mafias locais de Hong Kong teñen un pacto de non loita pero morre un dos xefes e necesitan reemplazalo así que deciden chamar a seu fillo quen está en Tailandia traballando como cociñeiro; o único inconvinte é que é gay e non quere saber nada dos negocios do seu pai; pero por unha confusión é o seu mellor amigo o que o final vai ser nomeado xefe e todos cren que son parella. Xa en Hong Kong a parelliña atopárase con problemas creados por parte da personaxe de Stephen Fung quen quere vingar a morte do seu pai (morto xusto antes do pacto de paz).

Asustéime cando ao comezar vin que estaba producida por Jackie Chan, porque efectivamente non é o meu preferido, pero ao ver que o director era Stephen Fung e os actores incluían tanto a este mesmo como a Daniel Wu o primeiro dato pasou a ser sen importancia^^ Ademais teño que dicir que aínda que as peliculas hollywoodienses made in Jackie son bodrios infumables o Jackie peliculas chinas resúltame moi divertido e non digo que non para pasar un rato.

Certamente non esperaba moito desta pelicula pero divertínme moito véndoa, cousa que me facía falta xa que se sigo a ver dramas un día de estos non vai quedar nada de min^^*; así que todos aqueles que queiran pasar un bó rato recoméndolla encarecidamente e todos aqueles que busquen unha obra maestra pois dade media volta e fuxide^___^

Gustáronme moitos detalles, en primeiro lugar que o protagonista sexa un gay xa é raro neste tipo de peliculas e máis se é Daniel Wu quen o interpreta, en segundo lugar temos a aparición estelar de Nicholas Tse nunha especie de cameo que foi boísimo e sorpréndeume gratamente por suposto XD e o outro cameo final veu da man de Jackie e fíxome rir porque tampouco o esperaba ^__^ un bó detalle. Logo os chistes fan gracia, as loitas non son moitas pero son amenas e non te aburren con media hora dando patadas^^* e por último os actores estiveron moi atinados e divertidos nos seus papeis.

Así que a primeira pelicula do tamén actor, cantante, productor Stephen Fung recibe un aplauso^__^ Esperamos que non sexa a última que faga aínda que ten tareas en que ocupar o seu tempo^^
Reparto
  • Daniel Wu
  • Eason Chan
  • Karen Mok
  • To Man Chat
  • Law Kar-Ying
  • Stephen Fung
  • Yuen Biao
  • Nicholas Tse
  • Jackie Chan (cameo)
Fotiños





Trailer



Photo Sharing and Video Hosting at PhotobucketPhoto Sharing and Video Hosting at PhotobucketPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket