domingo, 3 de junio de 2007

A MOMENT TO REMEMBER/ 내 머리 속의 지우개 NAE MEORISOKUI JIWOOGAE


"A moment to remember" (2004) película escrita e dirixida polo debutante John H Lee; é un deses filmes que dunha maneira ou doutra deixan pegada. É verdade que unha pelicula, un libro ou o que sexa te pode marcar máis ou menos segundo se o tema que trata te afecte dalgunha maneira. Neste caso, quizais porque trata dun tema tan cercano e que seguramente calquer persoa pode coñecer a alguén que pasou por iso; chega moi fondo.

Non quero desvelar demasiado do argumento porque é mellor vela sen saber nada ou moito, eu vina sabendo datos que realmente son prescindibles así que intentarei dicir o xusto e non pasarme.^^*

O argumento é unha historia de amor, pero sendo koreana non pode ter demasiados tintes felices, digamos que é unha das historias máis tristes que puiden "disfrutar". A parella protagonista fórmana unha despistada muller Su-jin interpretada pola xenial Son Ye-Yin e o reservado e arisco constructor Cheol-su interpretado por Jung Woo-sung . Coñécense polas torpezas do destino e sendo dúas almas solitarias enseguida inician unha relación, namorándose perdidamente có que rematan casándose. Pero os momentos alegres véranse truncados repentinamente por algo que o director dende o primeiro momento nos vai deixando pistas e que eu non vou desvelar. A partir daquí puro drama.

As escenas máis bonitas e emotivas as vín nesta película, moita é a xente que queda moi tocada despois de vela porque un pensa realmente no valor da vida; quizais fai pensar niso no que nos pode pasar a calquera no día menos pensado. Se engadimos unha das mellores bandas sonoras onde non sobra ningún dos temas (hai dous temas en español^^), unhas inmellorables interpretacións (cousa a que xa nos teñen afeitos a parella protagonista), a química existente entre os dous e unhas imaxes que quedan grabadas na retina temos como resultado un dos mellores filmes do xénero. Cabe dicir tamén que a sensibilidade koreana dota do filme dalgo especial xa que se se tratara dunha pelicula occidental sería unha máis.

Non dubidaredes de que a recomendo 100% e que é imprescindible para todos os que amen o cine. (para ben ou para mal^^) Tamén teño que comentar que a pesar de que é un dos meus filmes favoritos son incapaz de volvelo a ver, son moi sensible^^*


Reparto:
  • Woo-sung Jung

  • Ye-jin Son

  • Jong-hak Baek

  • Sun-jin Lee

  • Sang-gyu Park

  • Hie-ryeong Kim

  • Ji-hyun Seon

  • Bu-seon Kim

  • Hang Lee

  • Jung-ki Kim

Fotos:






Trailer: