domingo, 18 de noviembre de 2007

안녕히 가세요 ANNYEONG WOOHYUK!!



O pasado día 15 foi finalmente Woo Hyuk marchou a facer o servizo militar obrigatorio en Korea do Sur, nada máis e nada menos que 26 meses que nos teremos que quedar as fans esperando...Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Moito tempo para calquera, a ver cando é o día que nos dan a boa noticia de que as tensións entre as dúas Koreas están arranxadas e que volve o mundo de paz onde non son necesarios os militares.

O caso de Woo Hyuk é un tanto especial, moitas eran as fans que esperaban que librara debido a súa enfermidade; xa que como expliquei xa anteriormente nunha entrada adicada a el, a súa mandíbula sufre dislocacións continuas (creo que é artritis ou algo así) e debido a que estaba no límite de idade para ingresar todas estábamos esperanzadas de que se librara de ir. Pero nada máis lonxe e ahí o temos xa alistado, iso sí, debido aos seus problemas tocaralle estar en oficina e tódolos días irá a recuperación no hospital.

O que nos toca agora é esperar ao día 15 de febreiro do 2010, case nadaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Na súa última entrevista entre outras cousas mandou unha mensaxe as súas fans:

“Honestamente, síntome un pouco preocupado sobre esta longa ausencia. 2 anos non é un curto periodo de tempo. Pero servirei pacificamente miñas obrigacións e entón volverei. Realmente síntoo polas miñas fans por non tratar miña enfermidade apropiadamente. Prometo que me cuidarei e volverei máis saludable e con máis enerxía. Intentarei duramente completar as miñas obrigacións militares".

Noutra mensaxe ás fans dixo ata un "saranghae", algo raro nel XD que dulce que é ^^ pero realmente a min paréceme que non estaba moi contento por ir, algo normal xa que como é lóxico pregúntase se dentro de dous anos alguen lle estará esperando.
Aquí a fotiño de como nos deixou, todo rapadiño pobrePhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

O día da súa entrada centos de fans fóronlle a despedir entre choros, e unha marea de fotógrafos e periodistas se avalanzaron sobre el de tal maneira que ata os militares tiveron que axudalo...o pobriño molestóuse un pouco polo agobio.

Aquí tedes o vídeoPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket :



ANNYEONG WOO HYUK OPPA!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Nunca borres ese sorriso porque estaremos esperando Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket