Fai tempo que non falo dunha pelicula, por vagueza e quizais tamén porque nonvín unha que me marcara tanto como da que hoxe vou falar.
May 18/화려한 휴가 foi a segunda película máis taquilleira en Korea do Sur no ano 2007, superando a superproduccións norteamericanas como Spiderman 3 ou Piratas do Caribe. E iso tendo en conta que trata un tema delicado e non comercial.
O filme céntrase nos incidentes que tiveron lugar en Gwangju, cando tropas armadas dispararon contra civiles que se manifestaban desarmados. Neste marco nos atopamos con Min-woo que vive pacíficamente có seu irmán xoven e intentado conquistar a chica da que está namorado; pero esta paz veráse truncada o 18 de maio, cando as tropas entran na cidade para impedir as manifestación estudiantís que se están expandindo por toda Korea. Estes sucesos cambiarán por completo o modo de ver a vida dos protagonistas.
Realmente a película logra o seu obxectivo, que é que nos lembremos desas víctimas e que un suceso deste calibre quede no olvido.
Por se alguén non está moi enterado (a min pasóume) farei unha breve introducción á historia deses días, gracias sobre todo a wikipedia XD
Despois dunha dictadura militar de dúas décadas, o xeneral Park Chunghee foi asasinado en 1979. Coa esperanza de obter a ansiada democracia unha sociedade civil vocal emerxida conduxo a fortes protestas contra o goberno. As protestas estaban compostas principalmente por estudantes e obreiros, o clímax das manifestacións foi despois do golpe de estado do Maior Xeral Chun Doo-Hwan o 12 de decembro de 1979 e coa declaración da lei marcial. O 18 de maio de 1980 foi cando estallou o enfrontamento entre os estudiantes da Universidade Nacional de Chonnam que protestaban contra o peche da súa universidade e as forzas armadas; ao final o enfrontamento se converteu nun motín urbán que durou un total de 9 días, ata o 27 de maio. As estimacións inmediatas de mortes foron dunhas poucas docenas a 2000, e unha posterior investigación levada a cabo polo goberno civil estimou 207 mortes (Masacre de Gwangju, que é o que relata o filme). Estas mortes causaron que a poboación civil de toda a nación se erguese ata conseguir unha democracia, pola que tiveron que esperar ata 1987 cando finalmente tiveron as súas primeiras eleccións.
Realmente a historia recente de Korea é unha historia chea de bágoas e sangue. E este filme, como moitos outros, nos amosa ese sufrimento polo que pasaron para poder chegar a onde están hoxe. O 18 de maio é unha de tantas cicatrices que o pobo koreano leva nas súas costas, e é o deber dos que quedan non esquecelo.
Falando do filme, eu persoalmente quedei moi tocada...é moi triste pero non conta nada que na realidade non pasara. Nais e pais que choran a seus fillos, fillos que choran a seus pais...familias destrozadas sen unha razón lóxica, todo está contado dende a delicadeza cunha banda sonora preciosa e unhas imaxes que impactan e quedan na retina. Vendo a película veñen á mente preguntas que non atopan resposta, ¿cómo os humanos podemos chegar a facer cousas tan inhumanas?
Aquí o trailer:
Reparto:
- Kim Sang-kyeong (김상경)
- Lee Yo-won (이요원)
- Lee Jun-ki (이준기)
- Ahn Seong-gi (안성기)
- Park Cheol-min (박철민)
- Park Won-sang (박원상)
- Song Jae-ho (송재호)
- Nah Moon-hee (나문희)
E algunhas fotiños:
E sí chicas traballa Lee Jun Ki^^ o gatiño máis lindo XDXD