jueves, 1 de noviembre de 2007

SON HO YOUNG



Outro descubrimento musical, esta vez é un solista^^

Trátase de Son Ho Young 손호영 que naceu un 26 de marzo de 1980 en New Jersey, é dicir USA. Déuse a coñecer en Korea como compoñente do grupo de kpop G.O.D que estivo activo dende 1999 ata o 2005 e que entre os seus membros a parte de Ho Young se atopaban Kim Tae Woo(김태우),Danny Ahn (데니 안),Park Joon Hyung (박준형) e Youn Kyae Sang (윤계상), realmente o grupo por así decilo segue existindo a pesar de que o último nomeado xa non fai ningunha actividade.

O antes do grupo:


E o agora:


A pesar de non rematar có grupo os membros centráronse nas súas carreiras e no 2006 presenta o seu primeiro traballo como solista titulado "YES", que contén os éxitosos singles "운다" ("Crying"), "YES", and "사랑은 이별을 데리고 오다" ("Love Brings Separation"), sendo o primeiro exmembro en lanzarse en solitario.

E este xullo pasado sacou novo single titulado Sweet Love; onde a canción principal é "하늘에 내 마음이" ("My Heart in Heaven").

O famoso grupo G.O.D. e o seu pv, a canción é boísima e os catapultou ao éxito; ademais o video o protagoniza un dos meus centos de oppas Jang Hyuk de xovenciño:



Agora seu último pv, o que fixo que me fixara nel jeje a canción encántame^^


E este é o seu primeiro single "Yes" pertencente a seu primeiro album do mesmo nome:

(as hai con sorte O_o)

E para rematar un video del bailando en Xman (que raro que baile ben eh? jaja)


Espero que vos guste tanto como a min, porque HoYoung o vale que ten moito talento XD

Por certo púxenlle o mote do chicosonrisa porque é que esta seguido sorrindo, e eu tan encantada jeje que riquiño que é <3