miércoles, 21 de noviembre de 2007

Unha de pv´s

Como hoxe non me apetece escribir moito decidín poñer un dos meus videoclips favoritos, en realidade son dous; porque a historia que relata está dividida en dúas partes. Como nos teñen acostumados fan uns pv de auténtico luxo, eu diría que son minipelis ou musicaldrama..non sei moi ben como chamalos pero a cuestión é que están máis que elaborados.
Este en concreto ten como protagonistas a actores de sobra coñecidos, sobre todo Lee Dong-Wook. A historia é moi triste, que raro ¿eh? pero tamén ten moita acción e saen moi guapos^^
Esquecíaseme dicir de quen son as cancións! Pois son de Jed, a primeira canción titulada Lost In Love Forest colaborando con Lim Chang Choon:



E na segunda titulada 나쁜놈( Bad Guy) con Bobby Kim: