jueves, 26 de abril de 2007

KANJANI∞ (関ジャニ∞)


Kanjani8 é un grupo de Osaka pertencente a Johnny´s Entertainment, os seus membros son:
Ryo ( 3 de novembro de 1984)
Maru (26 de novembro de 1983)
Okura (16 de xuño de 1985)
Yasu ( 11 de setembro de 1984)
Subaru (22 de setembro de 1981)
Yoko (9 de maio de 1981)
Shingo (26 de xaneiro de 1982)
Uchi (10 de setembro de 1986)

Non, non me confundín na foto do grupo no que saen só sete^^ a razón de que non sexan oito é que Uchi atópase inactivo nestes momentos por emborracharse en público sendo menor; só nos toca esperar a que algún día o deixen regresar.
Bueno logo que xa os presentei vou falar un pouco do que é a Johnny´s Entertainment e como non, de Kanjani.
Ser un johnny implica moitas cousas entre elas non ter toda a liberdade que un quere (non poder ter parella ou casarse entre outras cousas ata que ao xefe lle de a gana, só hai dous johnnys casados). Johnny-san é algo así como un capo da música en Xapón, díse que ata ten influencia parlamentaria; este señor do que non existe ningunha fotografía (si xa é un vello) chegou a Xapón polos anos 60-70 dende Los Angeles disposto a facer cartos, e vaia se os fixo...formou a compañía que se dedica a coller a rapaces que serán futuras estrellas do jpop (si só nenos, as nenas xa teñen outra compañía), dende pequenos son entrenados no baile, canto e actuación (e supoño que tamén piruetas porque non hai ningún que non faga volteretas, saltos mortais e cousas polo estilo); así os juniors serán os backdancers dos grupos e cantantes xa debutados esperando a que Johnny-san decida que é a súa hora de debutar. Se eres Johnny aparecerás en multitude de revistas (hainas só adicadas a eles), parte da túa vida será retransmitida en programas especiais, presentarás programas de televisión e radio, farás concertos, aparecerás en doramas e incluso peliculas (exemplo de Ninomiya Kazunari actuando no mesmo Hollywood con "Cartas desde Iwo Jima"), etc etc Ser un idol en Xapón dende logo non é vivir do aire, e como bós xaponeses non paran de traballar; se algún está libre Johnny-san ou pasa de el ou o pon de inmediato a traballar intensivamente.
Precisamente un dos que ten traballo múltiple é un dos membros de Kanjani, Ryo, que alterna as súas actividades con este grupo coas doutro "NEWS", Uchi tamén era membro deste grupo pero como xa expliquei está suspendido.
Bueno, despois deste rollo sobre a JE vou falar algo dos meus osakeños favoritos XD Kanjani está formado por 8 (contando a Uchi) chicos nados todos en Osaka menos Maru que o fixo en Kyoto. Veñen a súa maioría dos Kansai Jr, e debutaron finalmente no 2002.
A súa música pódese encadrar en enka moderno, polo que a voz de Subaru é perfecta para este tipo de canto; pero mesturan con pop e rock e ata "konto" ( skits cómicos, pódese ver na canción Sukiyanen). Este grupo carecterízase dentro da Johnnys por ter subgrupos onde mostran os seus talentos musicais ou cómicos; unha proba da súa facilidade de palabra e que ata se desenvolven no "manzai" (estilo de comedia xaponés, caracterizado por facer bromas rápidas e de doble sentido, normalmente é unha parella a que actúa; está moi asociada a Osaka xa que naceu ahi, polo que con frecuencia preséntase no dialecto de Kansai). Eles mesmos escriben as súas obras cómicas, e tamén compoñen tanto música como letras. Os subgrupos dos que falo serían:
3BAKA
Antes da formación de Kanjani8, Yoko, Subaru e Shingo eran con frecuencia agrupados baixo este nome, que siñifica 3 tontos.^^
San Kyoudai
Que siñifica "Tres irmáns", así Yoko é o irmán maior, logo estaría Yasu e Subaru sería o máis xoven. Combinan humor con cancións, mentres que as letras das cancións son escritas por Yoko, a música por Yasu, cantar lle toca a Subaru. Teñen catro cancións : Purin (2003), Amechan (2004), Mikan (2004) e Onigishi (2005).
Kanjimi3
Fórmano Maru, Yasu e Ohkura. Subaru o rebautizou có nome de "Ohyamada".
Subaru BAND
Subaru encárgase de cantar, Maru do baixo, Yasu da guitarra e Ohkura da batería. Seu estilo encádrase máis cerca do jrock.
Yamada
Dúo de comedia formado por Maru e Yasu.
V.WEST
Formado por Uchi, Maru, Yasu e Ohkura. Nos seus inicios tamén formaban parte Imayama Tooru e Mizuno Kiyohito pero cando o deixaron apareceu para tocar a batería Ohkura. Dende a formación de Kanjani8 só actúan como unidade nos concertos.
Gracias a esa vía cómica e facilidade para desenvolverse falando levan a cabo neste momento tres programas de televisión os sete, logo temos a Yoko e Shingo que presentan programa de radio, e con frecuencia algún dos membros (sós ou emparellados) aparecen en diferentes programas de televisión colaborando de distinta maneira, agora mesmo por exemplo Maru aparece como colaborador dun programa de televisión. Con respecto a súa labor como actores, a cousa tampouco está parada, xa que aparecen en doramas ou especiais todos, aínda que o máis activo como actor é Ryo, Yoko e Okura son os que máis traballos como actores realizan.
Tamén e destacable que nos concertos fan un skit cómico como Eito Rangers, disfrázanse dunha especie de Power Rangers sendo cada un un color: Ryo (amarelo), Yasu (azul), Maru (laranxa), Okura (verde), Subaru (vermello), Shingo (morado), Yoko (negro) e Uchi sería rosa. Realmente son dignos de ver.^^ clip eito
Concluindo, Kanjani8 é dos meus grupos favoritos, senón o que máis, ao principio pasaba deles eran os que menos coñecía ata que lle din a oportunidade e mirei un concerto seu...foi a miña perdición ^^ fan os concertos máis divertidos que vin na miña vida XD poucos grupos son dos que un non se cansa de ver as súas actuacións e Kanjani é un destes, claro que haberá xente que os odie...para gustos cores; pero a min impórtame tres pepinos o que digan porque seguírame gustando o jpop e os johnnys.
Agora para que os vaiades coñecendo déixovos videos para que os vexades en acción.


Esta é unha das tantas actuacións favoritas que teño, a canción chámase "One" aínda que é dun subgrupo de Kanjani chamado Subaru´s Band formada por 4 dos 8( agora 7 como xa expliquei) que son Subaru (cantante), Maru (baixo), Yasu (guitarra) e Okura (batería).

E agora outro video do grupo ao completo (as ropas son rechamantes pero eu xa estou curada de espanto) a canción chámase "Do you agree?" e só a cantan nos concertos

Agora das actuacións divertidas e onde se ve o toliños que me están os pobres XD

Outra actuación dunha canción lenta e que foi o seu primeiro gran éxito, que potita que é "Osaka Rainy Blues", encántame a parte do comezo con só a voz de Subaru:

Agora toca "Ashita" actuación do trio Yasu, Maru e Okura

A canción de "Mugendai", realmente ver a tantas persoas coreando debe ser impresionante vivilo:


"Onigishi" cautivóume no concerto de Heat Up, pero non puiden atopar a súa actuación ahí asi que a conformarse coa dun programa de televisión, na que só son tres e falta a armónica de Ryo v_v XD

Xa case rematando poño "Heavenly Psycho", a actuación pertence ao concerto de Spirits, e Ryo realmente está kawaii tocando a guitarra^^

Esta actuación do "Excite Concert" vai dedicada especialmente a Midori/Patri, xa ela sabe o por qué ^______^ "All of Me For You" é o título ou "olo mi fo iu" segundo a súa pronunciación XDXD ademais aqui están os oito ^^

De último poño "F.T.O." ou o que é o mesmo Funky Town Osaka onde todos cantan ^^