viernes, 30 de marzo de 2007

GEUHAE YEOREUM


Geuhae Yeoreum ou Once in a Summer é unha pelicula preciosa que pasará a formar parte das miñas favoritas. Ao ser koreana xa non é raro que sexa triste así que xa ides con sobreaviso aos que non lle guste chorar XD

A acción transcurre no presente e nos anos 60, no presente atopámonos cunha guionista dun programa de televisión á que lle encargan entrevistar a Yoon Suk-young, seu antigo profesor.(interpretado por Byung-hun Lee).

E aquí e cando imos aos anos 60 en plena revolución política e atópamanos coa historia dun Yoon-Suk xoben que vai de voluntario xunto con amigos pertencentes a un club político para axudar no campo, alí coñecerá á encargada da biblioteca da aldea Jung-in (interpretada por Duek-mun Choi); e entre eles xurdirá un amor que os marcará para sempre.

E todo isto acompañado dunha banda sonora e unha fotografía de 10.

Que dicir que é unha película máis que recomendada, así que xa sabedes non a perdades!!^^
Déixovos con trailer e capturas: