domingo, 21 de octubre de 2007

O NOVO DE JAY CHOU

Image Hosted by ImageShack.us

Incríble pero certo o novo de Jay Chou é máis que discutible. Este taiwanés con talento de sobra para todo o que ten que ver có mundo artístico está desconcertando e encantando por partes iguais co seu novo traballo, xa que se lle deu por probar có country nun album chamado "On The Run" que sairá a venta o día 2 de novembro. A canción coa que o presenta chámase "Cowboy on the run".

Si...lichedes ben, un taiwanés facendo country sona bastante raro O_o pero Jay é coñecido por experimentar con novos sons sen importarlle moito o que dirán, tamén é certo que o seu posto na industria é raro que se tambalee debido a seu enorme fandom.

Jay ten 29 anos (quen o diría con esa cara de neno) e na súa longa carreira fixo de todo, empezou escribindo cancións para outros e agora é unha das grandes estrellas de Asia. Músico, cantante, compositor, actor, escritor, guionista e director parece que non hai nada que se resista a ser probado por este home. Unha das súas facetas máis coñecidas é a de pianista, instrumento que comezou a tocar aos 4 anos pero non é o único, xa que demostra o seu talento tocando case todos os instrumentos (incluíndo chelo e violín).

Logo de todos estes anos logrou obter un son único que mestura r&b, hip hop, rap, rock, etc etc... o chamado ""Chou Style" (chino tradicional: 周氏風格; chino simplificado: 周氏风格; pinyin: zhōu shì fēnggé) e aínda que o engloban dentro do cpop, o seu estilo pódese dicir que é inclasificable^^

Agora o único que lle faltaba por probar quizais era o country, e como non ía ser menos con moito humor presenta o seu novo traballo que pode gustar ou non gustar pero indiferente non deixa a ninguén.

Particularmente, a canción resúltame divertida e o videoclip máis XD como fan súa pode que prefira a súa etapa anterior pero está ben experimentar para atopar onde está o propio límite de cada un, tamén pode ser que Jay só queira mostrar un lado máis humorístico e divertido que o que nos ten acostumados.

Como sempre Jay nos sorprende ano tras ano, traballo tras traballo e chéirame que sempre será así.

Aquí tedes o PV: