Película de Taiwan que nos conta a relación entre dous amigos dende a infancia.
O estudioso Jonathan (interpretado por Bryant Chang) terá que mirar polo rebelde Shane (interpretado por Joseph Chang) por orde do profesor. Dez anos despois, a obligatoria relación transformóuse nunha profunda amizade. No instituto é cando aparece Carrie (Katy Yeung) que namórase de Jonathan, pero nunha viaxe a Taipei dos dous percátase de que quizais para Jonathan os sentimentos cara Shane son máis profundos que a amizade.
Despois disto Carrie comeza a entablar amizade con Shane e pronto se convertirán en parella pero o ocultarán a Jonathan. Non tardará en emerxer a verdade polo que os sentimentos de todos sairán á luz dando lugar a que os tres vexan as súas relacións dende outra óptica.
Ao que lle gusten este tipo de películas con atmófera envolvente e con ritmo pausado, gustarálle tanto como a min^^ e os que non pois fuxide^
Iso sí eu a recomendo fervientemente, e teño que salientar o tema a piano que se repite ao longo da película, o quero!!^_____^ e de paso tamén quero a Bryant Chang (quedei prendada del^^) que a parte de ser kawaii fai unha interpretación que lle valeu o premio a mellor actor revelación de Taiwan, os outros actores tampouco se quedan atrás e nos brindan boas interpretacións.
Como de costumbre déixovos trailer e capturiñas: (algunha pode ser considerado un pouco spoiler)