viernes, 15 de junio de 2007

MAUMY/ HEART PAWS & QUILL

Dúas peliculas de dous países diferentes pero que teñen como unha das personaxes principais a un canciño^^ as dúas son tenras, unha quizais máis que outra; e as dúas son tristes, unha más ca outra pero en definitiva dúas boas películas.

MAUMY
Maumy é de Korea do Sur, foi feita máis para a tele que para o cine pero xa me gustaría que deran por aquí esta clase de películas na sobremesa^^ cautivóume a nena protagonista, que dan ganas de secuestrala! e o neno encántame! tiven a oportunidade de disfrutar máis traballos del e realmente neste caso pódese dicir que naceu para actuar.

A historia comeza có neno roubando un cachorro nunha casa, xa que quere darllo de agasallo polo cumpre á irmá. Os dous viven sós xa que a súa nai os abandonou para ir a traballar á cidade; periódicamente os visitan seus tíos. Coa chegada do canciño as súas vidas cambiarán.

O dito a banda sonora, as interpretacións e a historia están xenial. Iso sí preparade os klinex, eu rematei con eles, porque é unha das peliculas máis tristes que vin (son moi sensible có tema dos animais jos).

Kawaiiiiii:

Trailer:


QUILL

Con respecto a Quill pois chéganos dende Xapón, e a diferencia da outra pelicula aquí o absoluto protagonista é o can chamado Quill un labrador coa característica de ter unha mancha no estómago (con forma de pluma de ahi seu nome) e que estará destinado a ser can lazarillo. A película segue a vida dende que nace ata que se fai un adulto, transformándose nun can especial para todos.
A actuación do can é memorable, cómo expresa cós ollos é incríble. E a banda sonora é sinxela pero preciosa, idónea en cada momento.

Mirade que monada:


Especie de trailer (o único que atopei):


Realmente recomendo as dúas pero sinto especial predilección pola koreana xa que quizais é máis sentimental ^^ Pero tedes que ver as dúas se vos gustan os animais!!!!!! Se os odias é unha boa oportunidade para cambiar de opinión^^