lunes, 15 de octubre de 2007

JANG WOO HYUK


Aquí presento o meu novo descubrimento!

Jang Woo Hyuk (08-05-1978, Daegu Korea do Sur) é un rapeiro que comezou sendo membro da éxitosa boyband H.O.T, da que entre outros era membro Kangta outro auténtico idol made in Korea; logo de publicar 5 albumes romperon e no 2001 formou JTL xunto a dous ex-membros de H.O.T Lee Jae Won e Tony Ahn, cós que sacou 3 álbumes.


Aquí vos deixo con "Candy" un dos éxitos de H.O.T, (fun disfrazada deles sen sabelo!!)



Un dos tamén múltiples éxitos de JTL, "Enter the dragon"


É no 2005 cando decide lanzar seu primer disco en solitario "No More Drama" que foi un total éxito e provocou que no 2006 lanzara seu segundo album "My Way" que chegou a número 1 de contado^^
Na súa carreira como cantante en solitario colaborou cós prestixiosos compositores Kenzie e Pang Shi Hyuk quenes escribiron a melodía de "It´s raining" éxito de Bi/Rain e tamén con máis talentosos músicos koreanos que non dubidaron en botarlle unha man. Pra preparar o seu primeiro album Woo Hyuk estivo 10 meses entrenando baile.

Seu éxito traspasou as fronteiras de Korea e fíxose realmente popular no mercado musical de China e Taiwan. O portal máis grande de China, sina.com; elixiu a Woo Hyuk como o cantante koreano favorito para os chinos, batendo a Rain que quedou en segundo posto; e de paso fixo doblete gañando tamén como o mellor bailarín. Como non é parvo nos seus planes de futuro aparecen como obxectivos facer apariencias en China e Taiwan, xa en abril de 2006 comezou súa promoción en China e creou o seu fan club oficial.

Do seu primeiro album "Flip Reverse"


Do mesmo album "Sun that never sets"


Outro éxito do seu segundo e polo que agora último traballo "One Way"


A parte de rapear e cantar algo que se lle da moi ben é bailar XD É membro de CEO de Newest Entertainment, unha prestixiosa academia de baile. Un dos seus motes é "Hammer boy" debido ao seu famoso baile "locking" en H.O.T, é un baile que mestura o funky e o street dance que está asociado claramente ao hip hop. Esta habilidade no baile fixo que gañara reputación como "O principe da música de baile", segundo un ranking está considerado como o o terceiro mellor bailarín do mundo, xa que aparece como o primeiro de Korea. Dende logo non é para menos senón mirade, aínda que a calidade deixa que desexar vale a pena:



Este baile o fixo en xman, un dos programas máis famosos e divertidos de Korea ao que é asiduo; dende logo o "milagro" que fai é incríble non pensei que se puidera facer!


o famoso miracle! vése que está moi influenciado por Michael Jackson, mesmo lle ten adicada unha canción^^*

A parte de todo isto ata a cantante afro-koreana-americana Amerie declarou que lle encantaría colaborar con el, non é parva a tía! que xa colaborou con Se7en^3^ (eu tamén quero!!!)

Actualmente as fans están esperando que faga algún traballo, e parece ser que polas últimas noticias pode sacar pronto algo novo!! A pesar de que ten problemas na mandíbula e por iso aplazou súa entrada no servicio militar, que son máis de dous anos!! (ais que depresión**) Debido a isto foi acusado por algúns medios de querer zafarse da mili..pero el negou en todo momento tal cousa, a verdade non me estraña que fagan calquer cousa para non ir porque lles jode bastante a súa carreira.

Pois agora só nos toca esperar a que apareza de novo para arrasar, xa que talento lle sobra^^

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket