Logo dun tempiño e de incluso pasar aos 22 anos jejeje (que vella son O_o) pois decidín postear sobre unha película que vin fai tempo pero que hoxe veu a miña mente debido a que estiven escoitando a fabulosa banda sonora^^
Daisy relata a historia de Hye-Young ( Jeon Ji-Hyun) unha xoben pintora que traballa nunha tenda de antigüedades do seu avó en Amsterdam, e á vez fai algo de cartos facendo retratos para os turistas, xa que ela soña con expoñer algun día os seus cadros. Pero ela se rematará namorando de Jeong-Woo (Lee Sung-Jae), xa que erróneamente cre que é o chico que lle manda margaridas todas as semanas. Jeong-Woo é un axente da Interpol especializado en criminais asiáticos, e tamén se namora de Hye-Young anque nunca lle dirá que el non é o que lle manda as flores. Park-Yi (Jung Woo-Sung), é un asasino a soldo quen se namorou platónicamente de Hye-Young cando a espiaba pintando margaritas nun tempo que pasou nunha casa de campo e dende aquela todas as semanas mándalle margaridas. Debido a moitas circunstancias, os dous homes se coñecen e se convertirán en rivais tanto no amor como na lei.
Daisy é unha gran producción de Korea do Sur con grandes actores consolidados e ao cargo da dirección ten ao director hongkonés Lau Wai-keung, o causante da triloxía de Infernal Affairs (da que Scorsesse tanto se namorou e fixo o remake Infiltrados da primeira e da que planea pechar a triloxía-remakes ^^*). Con iso parece que xa abonda para vela pero o certo é que tivo escaso éxito de público a pesar de presentarse como unha superproducción rodada en Europa...pero unha vez que se ve un se pregunta a razón do pouco éxito; e é que é unha película coidada ata o máis mínimo detalle cunha fotografía incríble, unha banda sonora que te transporta, uns actores maxistrais (os 3 son dos meus favoritos pero sobre todo Jun Woo-Sung quen fixo "A moment to remember") e unha historia cun pouco de todo: tiros e amor-drama; eu dende logo pouco máis podo pedir para unha boa película. Simplemente preciosa.
Os carteis que tanto me gustan:
Reparto:
- Jun Ji-hyun (전지현)
- Jung Woo-sung (정우성)
- Lee Sung-jae (이성재)
- Cheon Ho-jin (천호진)
Fotiños:
Trailer: