sábado, 14 de julio de 2007

THE NUTS

Dende que vin a pelicula Fly High (da que xa puxen ficha) o meu interés por Hyun Woo, o actor principal; fíxome descubrir que era guitarrista dun grupo chamado The Nuts, e comecei a escoitar algo deles ante a sorpresa de que me gustaron ata tal punto que non paro de escoitar o disco, realmente é boísimo!!
Debutaron no 2004 cun minialbum pero foi có seu segundo album chamado "Whispers of Love" e sobre todo gracias a triste balada "Jansori/Nagging" (fala dunha ruptura) coa que se deron a coñecer, debido tamén á fama que acadou o guitarrista Hyun Woo ao aparecer en peliculas, musicais (Grease versión koreana^^) e dramas de gran éxito.


A súa música é kpop cun toque de rock, o que máis abundan son as baladas ...que bonitas son!!! A voz do cantante é boísima XD e Hyun Woo aínda que non canta no album sí o fai ás veces nas actuacións e non canta nada mal^3^

Os membros son:
  • Joong-shik (cantante)
  • Jin Hyun-woo (guitarra)
  • Kim Woo-kyung (batería)
A canción da que me namorei e que os deu a coñecer é esta chamada "Jansori 잔소리" aquí canta Hyun Woo coa guitarra e o estribillo faino Joong Shik :

Outra balada "My person":
Aisss que guapo e talentoso é Hyun Woo Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí déixovos o seu segundo album chamado "Whispers of love", espero que o disfrutedes^^

Pando Package