jueves, 31 de enero de 2008

SOULMATE


O último kdrama que vín foi Soulmate, un sitcom do 2006 que a pesar de ter baixa audiencia é un dos mellores que puiden disfrutar e que esperemos que algún día decidan facer segunda temporada^^.

O drama ten dous personaxes principais, Dong Wook é un playboy que comeza a saír coa pija Yu-jin e comeza a pensar que ésta pode ser a chica definitiva, a pesar de non crer no amor. E por outro lado temos a Soo-kyung, unha chica que leva 5 anos có seu novio Philip e có que se promete.

Mentres vemos como avanza a relación entre Dong Wook e Yu-jin, a relación entre Soo-kyung e Philip se comeza a tambalear polas dúbidas sobre todo del ao coñecer a Min-ae, unha auténtica experta en seducción que non só ten a Philip conquistado.

O importante aquí é que ambos protagonistas a pesar de levar camiños diferentes están destinados, polo que ao longo dos capítulos vemos tódalas veces que coinciden sen percatarse un da presenza do outro ou soñan un có outro sen coñecerse.

É un drama moi diferente ao que estamos acostumados a ver, e onde a música xoga un papel primordial, de feito cada capítulo leva un título de canción.

A miña canción favorita é "C'mon Through" de Lasse Lindh, e é a que aparece nos momentos máis importantes (e románticos ^^); tenme enganchada XDXD

Aquí tedes a canción acompañada dos momentos máis potitos:



Como dato curioso dicir que no drama as personaxes levan os nomes reais dos actores jeje (tou segredamente namorada de Dong Wook jajaja)
Aquí unha fotiño de casi todo o reparto, todos teñen súa propia historia (algunha moi divertida); xa que non é un drama que se centre exclusivamente nos protagonistas:


E esta é unha das miñas escenas favoritas:


¡¡Serie altamente recomendada!!