domingo, 10 de junio de 2007

THE KING AND THE CLOWN / 왕의 남자 WANG-UI NAMJA

Película máis taquilleira despois de The Host en Korea no ano 2006, 12.3 millóns de persoas viron a película e a recaudación alcanzou $85,000,000 e dende logo que unha cinta tan pequena de presuposto consiga recaudar tanto é todo un logro, e máis aínda se o tema que trata ten homosexualidade de por medio; tema un tanto tabú aínda neste país. A pesar desta popularidade en Korea o filme foi prohibido en China (como pasara con Brokeback Mountain).

Foi a elexida para ser seleccionada para os Oscars 2007, pero inxustamente foi rexeitada^^
Ambientada na Korea da dinastía Joseon está baseada nunha pequena pasaxe dos "Anales da Dinastía Joseon" que brevemente menciona ao paiaso favorito do rei.

Atopámonos nos comezos do século 16 durante o reinado de Yeonsangun de Joseon, relata a historia de dous caminantes Jang-Seng (Gam Woo Seong) e Gong-Gil (Lee Jun Ki) que forman parte dun grupo de entretenemento (van facendo sátiras). Gong-Gil veráse obrigado a vender o seu corpo cousa que Jang-Seng non soporta. O grupo comeza a mofarse dos membros da corte real, debido a isto son arrestados por traición, pero Jang-Seng fai un trato, se conseguen que o rei ría có seu skit non serán condenados a morte. Debido a que o rei rí, este lles otorga o privilexio de formar parte da corte. O rei cae tolamente namorado do afeminado Gong-Gil, quen ten a misión de ir as habitacións privadas a entreter ao monarca coas súas actuacións de marionetas. Mentres Jang-Seng atópase só e os celos aparecen. Como se desenvolverá todo se resolve véndoa.^^

A través desta peculiar historia atópase unha crítica clara á tiranía do rei e a corrupción da Corte.

Unha banda sonora, unha fotografía, unhas interpretacións e unha ambientación excelentes máis unha historia atípica fan dela un filme único.

Por outra parte hai que dicir que recibiu todos os premios habidos e por haber de Korea (bueno, repartíndose con The Host):

43rd Daejong Film Festival:
Best Film- The King and the Clown
Best Director- Lee Jun ik
Best Script/Scenario- Choi Seok Hwan
Best Cinematography- Ji Gil Woong
Best Leading Actor- Gam Woo Seong
Best New Actor- Lee Jun Ki
Best Supporting Actor- Yoo Hae Jin
Most Popular Actor- Lee Jun Ki
Most Popular Actress- Kang Seong Yeon
Most Popular Actor Overseas- Lee Jun Ki

42nd Baeksang (Paeksang) Film Festival Arts Awards 2006:
Best New Actor- Lee Jun Ki
Judge's Special Film Awards- The King and the Clown

14th Chunsa Film Festival 2006:
Best Leading Actor- Gam Woo Seong
Best Supporting Actor- Jang Hang Seon

Korea Film Awards 2006:
Best New Actor- Lee Jun Ki

27th Blue Dragon Film Awards 2006:
Best Music- Lee Byong Woo
Most Popular Stars- Lee Jun Ki & Kang Sung Yeon
Best On-Screen Performing Couple Award- Gam Woo Seong]] & Lee Jun Ki

Cape Town World Cinema Festival (CTWCF) 2006:
Best Feature Film Award- The King and the Clown
Best Screenplay- Choi Suk Hwan & Kim Tae Woong

9th Festival Du Film Asiatique De Deauville (France) 2007:
Lotus Du Jury (Grand Prix Jury Prize)- The King and the Clown

Reparto:
  • Lee Jun Ki
  • Jeong Jin Yeong
  • Kang Seong Yeon
  • Gam Woo Seong

Os diferentes carteis que tanto me gustan, sobre todo o último ^3^ que wapo é Jun Ki diosss

Capturas:




E foto adicada a todas as fans do gatiño^^


Trailer: