Pelicula de Korea do Sur do 2005 que como indica o seu propio nome é triste.
Conta historias que lle ocorren a diferentes personaxes e que teñen como vínculo de unión a tristeza.
Por un lado temos a historia dun neno que bota de menos á súa nai que non para de traballar. Outra é a historia dun bombeiro que salvou á unha muller sordomuda dun incendio e namórase da irmán desta, o desexo deste por unha pedida perfecta é o centro. Logo temos a historia dun chico que aburrido é contratado por unha das partes da parella para romper coa outra parte. Por último temos a historia da sordomuda salvada do incendio que namórase dun pintor.
Os actores, absolutamente todos, dannos unha lección de como saber actuar; saliento ao neno que é un prodixio (a parte dunha auténtica cucada).
Os actores, absolutamente todos, dannos unha lección de como saber actuar; saliento ao neno que é un prodixio (a parte dunha auténtica cucada).
100% recomendable, iso sí preparade o paquete de pañuelos ou o rollo de papel (según os gustos) porque as bágoas están aseguradas.
Reparto (cheo de caras coñecidas):
- Tae-hyun Cha
- Jong-ryol Choi
- Yeo Jin-gu
- Woo-sung Jung
- Seung-cheol Kim
- Ki-woo Lee
- Hyeon-kyeong Lim
- Su-jeong Lim
- Min-a Shin
- Tae-yeong Son
- Jung-ah Yum
Trailer: