viernes, 2 de noviembre de 2007

TYKEYS

Seguindo cós meus descubrimentos toca outro trío made in Korea, de novo igual que 8eight formado por dous chicos e unha chica. Aínda que hai que dicir que os Tykeys a pesar de ser máis xovenciños foron os que antes debutaron^^ Ao igual que moitos tríos coñecidos (SoulStar, V.O.S ou os xa citados 8eight) o seu é o r&b.

O seu primeiro e polo dagora último album "TYKEYS Vol.1 - TY Project No.1" o presentaron no pasado febreiro colleitando éxito debido sobre todo ao single pegadizo "I'm Sorry". E este agosto sacaron novo single titulado " 연상연하 (Digital Single)" de novo un éxito,que os afianza como algo máis que simples promesas.

Os compoñentes son:

수 / Soo que naceu en 1984 e é a líder


현정 / Hyun Jung o rapeiro nacido en 1985


장군 / Jang Goon nacido en 1987

Os dous vocalistas do grupo teñen unhas voces incríbles, quen diría que son tan xoves sobre todo el^^ deixo un video onde cantan "If ain´t got you" de Alicia Keys:


Seguindo cós videos..toca o pv có que se presentaron "I´m sorry"


O seu último pv "연상연하(Old and Young)"


Agora a esperar que saquen máis cousiñas e nos deleiten coa súa música e voces^^ Por certo por se non quedou claro a miña debilidade é Hyun Jung XD