Mostrando entradas con la etiqueta Chorradas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Chorradas. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de diciembre de 2007

OS QUE NOS DEIXARÁN

Acabo de dar coa lista deses actores e cantantes de Korea do Sur que nos abandonarán 26 meses para facer o servicio militar *noe deprimida* aínda que me alegrei ver que Kang Dong Won non aparece si aparecen outros que non me esperabaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí van os nomes, e como sei que a alguén se non poño foto non se entera de quen é quen pois aquí tedes:

Chun Jung Myung
Gong Yoo
Jo Hyun Jae
Jo In Sung
Kim Rae Won
Lee Dong Gun
Lee Dong Wook
Eric Mun
Kangta
Kim Dong Wan
Lee Min Woo
Sung Si Kyung
Tei
Tony An
Wheesung

Dentro duns meses supoño que os veremos partir con cara de amargados a maioría.. se é que é tanto tempo...que dura é a vida dun koreano!

O que nos quedarán serán seus traballos, ademais case todos vanse ao rematar de facer proxecto así que teremos pelis, discos, actuacións, dvd´s, dramas, etc etc para remirar cada vez que os botemos de menos.

En fin que uns me doen máis que outros, pero estou triste porque coñezo e gústanme moito todos menos dous ou tres...e ademais en plan fangirl así que aínda peor...

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

martes, 20 de noviembre de 2007

WooHyuk de uniforme

Seguindo coa miña racha de chorar por WooHyuk comento que o último que saiu del foi a súa fotiño cós seus compañeiros de pelotón!

A ver se logrades localizalo XD (clickeando nela pódese agrandar):



Non o comentei antes pero o mesmo día da marcha de Woo Hyuk tamén marchou a servir o país o líder do éxitoso grupo Koyote, Jong Min; que por outra parte é amigo de Hyuk ^^ Pero a diferencia deste a súa marcha foi moi de súpeto, e en plena promoción do novo album O_O

Bueno se non localizachedes a WooHyuk dígovos que aparece na penúltima fila de segundo comezando pola esquerda:


ais todo rapadiño está tan raro... pero segue tendo esa cariña jeje polo menos alégrame ver que ten medio sorriso, que o pobre moi a gusto non foi. Ao revés que Jong Min, mirade que alegre que está, como el mesmo declarou marchaba e volvería cun sorriso e polo dagora o está cumprindo:



Agora mesmo están coa instrucción (creo que se chama así que desto non entendo)que durará dúas semanas, logo terán uns días para volver a casa a descansar. Como WooHyuk ten problemas físicos o seu entrenamento non será tan duro como o dos demais, polo menos iso se dí outra cousa é que sexa a realidade.

En fin que espero que se lle pase pouco a pouco o disgusto que parece ter enriba e comece a sorrir máis. Que dentro de pouco xa pasaron dous anos! (ais que fácil é dicilo)^^*

domingo, 18 de noviembre de 2007

안녕히 가세요 ANNYEONG WOOHYUK!!



O pasado día 15 foi finalmente Woo Hyuk marchou a facer o servizo militar obrigatorio en Korea do Sur, nada máis e nada menos que 26 meses que nos teremos que quedar as fans esperando...Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Moito tempo para calquera, a ver cando é o día que nos dan a boa noticia de que as tensións entre as dúas Koreas están arranxadas e que volve o mundo de paz onde non son necesarios os militares.

O caso de Woo Hyuk é un tanto especial, moitas eran as fans que esperaban que librara debido a súa enfermidade; xa que como expliquei xa anteriormente nunha entrada adicada a el, a súa mandíbula sufre dislocacións continuas (creo que é artritis ou algo así) e debido a que estaba no límite de idade para ingresar todas estábamos esperanzadas de que se librara de ir. Pero nada máis lonxe e ahí o temos xa alistado, iso sí, debido aos seus problemas tocaralle estar en oficina e tódolos días irá a recuperación no hospital.

O que nos toca agora é esperar ao día 15 de febreiro do 2010, case nadaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Na súa última entrevista entre outras cousas mandou unha mensaxe as súas fans:

“Honestamente, síntome un pouco preocupado sobre esta longa ausencia. 2 anos non é un curto periodo de tempo. Pero servirei pacificamente miñas obrigacións e entón volverei. Realmente síntoo polas miñas fans por non tratar miña enfermidade apropiadamente. Prometo que me cuidarei e volverei máis saludable e con máis enerxía. Intentarei duramente completar as miñas obrigacións militares".

Noutra mensaxe ás fans dixo ata un "saranghae", algo raro nel XD que dulce que é ^^ pero realmente a min paréceme que non estaba moi contento por ir, algo normal xa que como é lóxico pregúntase se dentro de dous anos alguen lle estará esperando.
Aquí a fotiño de como nos deixou, todo rapadiño pobrePhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

O día da súa entrada centos de fans fóronlle a despedir entre choros, e unha marea de fotógrafos e periodistas se avalanzaron sobre el de tal maneira que ata os militares tiveron que axudalo...o pobriño molestóuse un pouco polo agobio.

Aquí tedes o vídeoPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket :



ANNYEONG WOO HYUK OPPA!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Nunca borres ese sorriso porque estaremos esperando Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 10 de octubre de 2007

canto tempo!!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Ao fin decidín escribir algo...e que non me apetecía nada postear así que estiven de vaga Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Teño tantas cousas que postear que xa verei por onde comezo..estes meses descubrín máis talentos musicais, máis peliculas e máis dramas e dramas jeje así que a próxima entrada vai ser complicada porque non sei a que dedicala jeje demasiadas cousas!

E que pensar que fai un ano que xa tou asiatizada parece incríble, se semella que só pasaron uns mesiños de nada^^ a verdade neste ano aprendín moitas cousasPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket, sobre todo aprendín que a parte do mundo comercial occidental hai outro que é xigantesco e dende logo máis que rico XD porque cinematográficamente na miña humilde opinión parécenme a aos luz de hollywood, non quero dicir con isto que no resto do mundo non se faga bó cine, xa que eu vexo tamén peliculas made in usa sen ningún problema e por suposto que hainas moi boas, boísimas. Pero a poesía que teñen as orientais nunca a vin nunha occidental, vese claramente o intento desesperado de moitas produccións hollywoodienses imitando e remakeando peliculas unha e outra vez (e vai en aumento) de filmes de Asia Oriental..e iso que moitos din que por exemplo Hallyu (o chamado cine de Korea do Sur) está de capa caída^^* eu sigo vendo filmes boísimos, claro que hai bodrios como en todos lados, pero un bodrio koreano e mellor que un bodrio americano (o garantizo^^).

Con respecto a esto último, en Korea do Sur últimamente se falaba de certa crise na industria cinematográfica do país..resultou todo máis ben unha estratexia de marketing, dádevos conta que neste último mes das 10 peliculas máis taquilleiras todas son de factura propia menos dous ou tres que se conseguen meter de USA^^* así gustaríame saber onde está crise jeje máis ben vexo que a famosa ola koreana non ten final, sempre nos sorprenderán.

Menudo rollo acabo de botar sobre o cine koreano, tamén teño que engadir que isto non só pasa en Korea xa que nos demais países orientais o seu cine autóctono é o que gaña máis terreo, moitos países europeos quixeran ter esa cuota de cine propio XD

Sobre a música pasa máis do mesmo, e teño que engadir que alí os idols son auténticos stars mediáticos que por onde pasan causan euforia incontrolada; pero a pesares diso xa me gustaría ver a algunhas stars internacionais facendo e prestándose a cousas incríbles jejeje

A conclusión de todo esto é que moito temos que aprenderPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Semellante tocho para non dicir moito ne? Incluso igual non ten sentido ningún pero soltei o primeiro que se me pasou pola cabeza jejeje gomen!

A próxima entrada prometo que terá máis sentido e postearei algo interesante como mínimo.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
chuuuuuuuuuuu

martes, 28 de agosto de 2007

PEDRITO O GATIÑO

Logo de varios días sen escribir nada e facendo un stop no de poñer dramas vou poñer fotiños!!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Fai unhas semanas fun a casa da miña avoa disposta a buscar o gatiño asustadizo (ese que se escondera na roda do coche...rabuñóume...e escondéuse de novo...Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket), pois despois dos nosos intentos (miña prima Iria e mais eu) conseguimos que lle permitira a miña avoa acércarse...por iso se chama Pedrito
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Pois non se debía acordar moi ben de min, ou lle trouxen malos recordosPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket..pero o outro día escapóume así que tiven que ir ao monte detrás del e alí si que estivo xogando e por fin puídenlle quitar fotos!!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 25 de julio de 2007

DIA DA PATRIA GALEGA


Hoxe dia 25 é dia da nosa patria!!!pois para poñer algo decidín deixar o himno que é o máis noso e algo que nos representa a tódolos galegos!!
Hoxe temos que estar máis orgullosos que nunca de ser galegos e non ter nunca máis o sentimento de inferioridade. senón erguer ven a cachola e gritar: son galego que pasa?XDXD

GALIZA CEIBE!!!!


¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

domingo, 8 de julio de 2007

몇번을 헤어져도 - 김희선 / Myeochbeoneul He-eojyeodo (Kim Hee Seon)

Despois de aventuras con gatiños, facer chorradas có photoshop (que cada vez melloro máis) e máis vagueos decido postear algo^^ e esta vez e a letra dunha canción dun kdrama que está entre as miñas favoritas, ademais sempre te acaba gustando e quedándote a canción principal na cachola (senón toda a banda sonora) debido a súa repetición en momentos estelares XDXD
Esta canción pertence a banda sonora do kdrama Sad Sonata/Sad Love Story/Sad Love Song (e igual máis títulos...) en hangul chamado 슬픈연가 / "Seul-peun Yeon-ga" e é un dos mellores dramas que vin, triste a máis non poder...V_V esta canción a canta a protagonista, unha cantante cega (bueno hai máis historia pero é moito contalo todo) e xa me gustaba sen saber o que siñificaba pero nun capítulo cumbre foi traducida pola xente de asia-team así que cando supen o que dicía gustóume aínda máis^^ e iso que a letra é curta pero a canción non o é tanto, débese a que é cantada con pausa e ten moito instrumental. Realmente creo que vale a pena ver esta serie e escoitar esta canción.


몇번을 헤어져도 - 김희선

나머지 삶을 다 쓸게
오래된마음 말할께
몇번을 헤어져도 다시 볼거야

*운명은 잊지않고서 우리를 데려갈텐데
같은날 같은곳에 묶어줄텐데

따라온 이별은 끊고
너에게 무릎을 꿇고
처음부터 오직 너였어
나에 모든사랑을 *

아는지 병든 슬픔을 아는지

언제나 너를 가졌다 믿어도
갖지못한사랑을..

너에 사랑을...


Te escribiré el resto de mi vida
Revelaré lo que ha estado en
mi corazón por tanto tiempo
Incluso después de muchas despedidas
nos veremos de nuevo.
El destino no nos abandonará
nos traerá al mismo lugar y al mismo día
Realmente no estoy viviendo.
Sin ti, el cielo es
como la oscuridad sin fin

*snif* *snif* que potita *snif* *snif*

Déixovos cun video dun trozo do drama onde sae a canción (kwon tocando o piano *babas*)^^

lunes, 2 de julio de 2007

LEMBRANDO

O outro día buscando a miña lista de verbos irregulares de inglés atopeime sen querelo con toda a chea de debuxos que fixen cando era pequecha (e non tan pequecha) e entre os adefesios que pensaba que eran bós debuxos atopéime un kawaiioso e como Midori (si a mesma de sempre^^) me pediu que o escaneara pois alá vou e aquí está^_^

Dende logo menudo rollo boto para pór un cutre debuxo XDXD pero bueno esta é a miña máxima expresión artística (xa podedes imaxinar o ben que se me da debuxar) e o faría con 10 anos ou así..a saber^^

jueves, 28 de junio de 2007

HO! HO! SUMMER


Pois xa estamos no vran ^^ alegria, praia e sol...e tamén libros pra algúns....isto de non rendir cando se ten que facer trae tristes concecuencias XD en fin profesores que tanto quero vémonos en setembro!! ^^

Este vrao preséntase ocupado...terei que estudar O_o pero tamén teño que traducir cousiñas e facer outras tantas para o blog común que temos midori e mais eu e é que ter un público que nos demanda trae estas consecuencias jejeje pero nos encantadas ne midori?? se é que frikeamos do lindo^^v a parte de todo isto espero pasalo ben na praia e poñerme algo moreniña non como o ano pasado que con tanto fume (putos incendiarios) o sol non pasaba v_v

Esperemos que este vrao non traia tanta calor nin tanto lume como o ano pasado, que esas cousas non se volvan repetir...v_v o máis triste é ver como arde un monte mentres ti non podes facer nada...

Se me vai moito pero débese a que son horas de ir para cama e o sono está atacándome..en fin boa noite queridos lectores^_______^

Por certo a foto foi tomada nas Illas Cíes o agosto pasado..que lembranzas!!^__^ ne irinha? XD

jueves, 14 de junio de 2007

GENKI NE!!!!!!

Hoxe son máis feliz cunhas castañas!!!Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Chegóume o meu agasallo de cumpre por adiantado!!!!!!!!!!!!! ¿de qué se trata? pois algo un pouco friki XDXD do novo album do meu grupo favorito: KANJANI 8!!! É raro e casi imposible que eu merque un disco pero realmente eles o merecen!!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Cando vin o sobre no buzón non mo creía porque pensaba que ían tardar máis xa que o disco saíu á venta en Xapón o día 6 de xuño! Que eficaces estes de yesasia^^
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Estou que non quepo jajajaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Bueno voume durmir que xa son horas e non quero desvariar de máis


Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket