miércoles, 25 de julio de 2007

DIA DA PATRIA GALEGA


Hoxe dia 25 é dia da nosa patria!!!pois para poñer algo decidín deixar o himno que é o máis noso e algo que nos representa a tódolos galegos!!
Hoxe temos que estar máis orgullosos que nunca de ser galegos e non ter nunca máis o sentimento de inferioridade. senón erguer ven a cachola e gritar: son galego que pasa?XDXD

GALIZA CEIBE!!!!


¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

2 comentarios:

Noe dijo...

jo que patriotica estas ne~(^O^)/
Eu tamnen tiña pemnsado por algo, pero se me esqueceu e todo por estar de balea na piscina jeje
Logo foiseme o santo ó ceo ains
Menos mal que estas ti para acordarte ^^
VIVA GALIZA!!! VIVA!!!!

An dijo...

iso temolo que ter todos os días non soio os que e día da patria ou das letras galegas :) pero eche un bo inicio :) Saudos