domingo, 5 de agosto de 2007

Stairway to Heaven

Despois das miñas minivacacións na casiña da praia dos meus primos pois regreso para estudar...malditos exames!!!

Antes de que estudar se convirta no meu único pasatempo intentarei postear algo con frecuencia..en fin decidín simplemente, debido a que non me apetece nada traballar; poñer un video dun dos meus kdramas favoritos "Stairway to Heaven", algúns o bautizaron como o "lloroma" dos "lloromas" XDXD realmente o título vaille ao pelo^^ Ademais xa que está de cumple Kwon Sang Woo nada mellor^__^




A historia de 20 episodios (o máis normal nos koreanos son 16) conta o amor-amizade dende a infancia que viven Jung Suh (Choi Ji Woo) e Song Joo (Kwon Sang Woo). A parelliña en cuestión se separa cando nenos xa que Song Joo vai a estudar a USA e mentres Jung Suh verá como có novo casamento do seu pai a súa vida dá un xiro de 360 graos, xa que sufrirá maltratos por parte da súa nova familia..aínda que atopará no seu irmastro Tae Hwa un apoio, xa que el sufre o desprecio da súa nai e non ten a ninguén ao seu caróna non ser ela, da que pouco a pouco se namorará. Pasan os anos así, ata que o esperado reencontro entre a parella terá lugar... pero! xusto cando se van ver a "irmá" de Jung Suh, celosa de todo o que ten ela; a atropella e escapa dándoa por morta...pero Tae Hwa a recolle e decide escondela, xa que todos a deron por morta e ela perdeu a memoria. Así pasan 5 anos ata que un día nas rúas Song Joo recoñece a Jung Suh.

Realmente a historia é moi triste...un dos finais máis lacrimóxenos que puiden ver O_O dende o primeiro capítulo pódese notar o aura de tristura e poucas veces veremos sorrir aos personaxes...pero a pesar de que lendo isto un se poida botar para atrás, o sufrimento realmente vale a pena..eu son de dramas así que sufro a gusto XDXD Ademais hai que dicir que é un dos dramas máis populares de tódolos tempos, e non só en Korea senón en toda Asia e incluso nalgunha zona de Latinoamérica.

En fin aquí vós deixo có video no que soa un dos temas principais "chun gook eh gi uk" unha das cancións máis tristes e bonitas dun drama, a ver se vós anima a velo^^

1 comentario:

Anónimo dijo...

Bajando!!!!!!
En cuanto acabe con Sad Sonata sigo con sesión Kwon San Wo con Stairway to heaven jeje
bicos ne~
y gracias por la info como siempre ^^
chu~~~~~~