Mostrando entradas con la etiqueta Películas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Películas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de enero de 2008

MAY 18 화려한 휴가 (Hwa-ryeo-han Hyoo-ga)


Fai tempo que non falo dunha pelicula, por vagueza e quizais tamén porque nonvín unha que me marcara tanto como da que hoxe vou falar.

May 18/화려한 휴가 foi a segunda película máis taquilleira en Korea do Sur no ano 2007, superando a superproduccións norteamericanas como Spiderman 3 ou Piratas do Caribe. E iso tendo en conta que trata un tema delicado e non comercial.

O filme céntrase nos incidentes que tiveron lugar en Gwangju, cando tropas armadas dispararon contra civiles que se manifestaban desarmados. Neste marco nos atopamos con Min-woo que vive pacíficamente có seu irmán xoven e intentado conquistar a chica da que está namorado; pero esta paz veráse truncada o 18 de maio, cando as tropas entran na cidade para impedir as manifestación estudiantís que se están expandindo por toda Korea. Estes sucesos cambiarán por completo o modo de ver a vida dos protagonistas.

Realmente a película logra o seu obxectivo, que é que nos lembremos desas víctimas e que un suceso deste calibre quede no olvido.

Por se alguén non está moi enterado (a min pasóume) farei unha breve introducción á historia deses días, gracias sobre todo a wikipedia XD

Despois dunha dictadura militar de dúas décadas, o xeneral Park Chunghee foi asasinado en 1979. Coa esperanza de obter a ansiada democracia unha sociedade civil vocal emerxida conduxo a fortes protestas contra o goberno. As protestas estaban compostas principalmente por estudantes e obreiros, o clímax das manifestacións foi despois do golpe de estado do Maior Xeral Chun Doo-Hwan o 12 de decembro de 1979 e coa declaración da lei marcial. O 18 de maio de 1980 foi cando estallou o enfrontamento entre os estudiantes da Universidade Nacional de Chonnam que protestaban contra o peche da súa universidade e as forzas armadas; ao final o enfrontamento se converteu nun motín urbán que durou un total de 9 días, ata o 27 de maio. As estimacións inmediatas de mortes foron dunhas poucas docenas a 2000, e unha posterior investigación levada a cabo polo goberno civil estimou 207 mortes (Masacre de Gwangju, que é o que relata o filme). Estas mortes causaron que a poboación civil de toda a nación se erguese ata conseguir unha democracia, pola que tiveron que esperar ata 1987 cando finalmente tiveron as súas primeiras eleccións.

Realmente a historia recente de Korea é unha historia chea de bágoas e sangue. E este filme, como moitos outros, nos amosa ese sufrimento polo que pasaron para poder chegar a onde están hoxe. O 18 de maio é unha de tantas cicatrices que o pobo koreano leva nas súas costas, e é o deber dos que quedan non esquecelo.

Falando do filme, eu persoalmente quedei moi tocada...é moi triste pero non conta nada que na realidade non pasara. Nais e pais que choran a seus fillos, fillos que choran a seus pais...familias destrozadas sen unha razón lóxica, todo está contado dende a delicadeza cunha banda sonora preciosa e unhas imaxes que impactan e quedan na retina. Vendo a película veñen á mente preguntas que non atopan resposta, ¿cómo os humanos podemos chegar a facer cousas tan inhumanas?

Aquí o trailer:



Reparto:
  • Kim Sang-kyeong (김상경)
  • Lee Yo-won (이요원)
  • Lee Jun-ki (이준기)
  • Ahn Seong-gi (안성기)
  • Park Cheol-min (박철민)
  • Park Won-sang (박원상)
  • Song Jae-ho (송재호)
  • Nah Moon-hee (나문희)
Outros carteis do filme:





E algunhas fotiños:






E sí chicas traballa Lee Jun Ki^^ o gatiño máis lindo XDXD

sábado, 21 de julio de 2007

DAISY 데이지 DE-I-JI

Logo dun tempiño e de incluso pasar aos 22 anos jejeje (que vella son O_o) pois decidín postear sobre unha película que vin fai tempo pero que hoxe veu a miña mente debido a que estiven escoitando a fabulosa banda sonora^^

Daisy relata a historia de Hye-Young ( Jeon Ji-Hyun) unha xoben pintora que traballa nunha tenda de antigüedades do seu avó en Amsterdam, e á vez fai algo de cartos facendo retratos para os turistas, xa que ela soña con expoñer algun día os seus cadros. Pero ela se rematará namorando de Jeong-Woo (Lee Sung-Jae), xa que erróneamente cre que é o chico que lle manda margaridas todas as semanas. Jeong-Woo é un axente da Interpol especializado en criminais asiáticos, e tamén se namora de Hye-Young anque nunca lle dirá que el non é o que lle manda as flores. Park-Yi (Jung Woo-Sung), é un asasino a soldo quen se namorou platónicamente de Hye-Young cando a espiaba pintando margaritas nun tempo que pasou nunha casa de campo e dende aquela todas as semanas mándalle margaridas. Debido a moitas circunstancias, os dous homes se coñecen e se convertirán en rivais tanto no amor como na lei.

Daisy é unha gran producción de Korea do Sur con grandes actores consolidados e ao cargo da dirección ten ao director hongkonés Lau Wai-keung, o causante da triloxía de Infernal Affairs (da que Scorsesse tanto se namorou e fixo o remake Infiltrados da primeira e da que planea pechar a triloxía-remakes ^^*). Con iso parece que xa abonda para vela pero o certo é que tivo escaso éxito de público a pesar de presentarse como unha superproducción rodada en Europa...pero unha vez que se ve un se pregunta a razón do pouco éxito; e é que é unha película coidada ata o máis mínimo detalle cunha fotografía incríble, unha banda sonora que te transporta, uns actores maxistrais (os 3 son dos meus favoritos pero sobre todo Jun Woo-Sung quen fixo "A moment to remember") e unha historia cun pouco de todo: tiros e amor-drama; eu dende logo pouco máis podo pedir para unha boa película. Simplemente preciosa.

A pesar das críticas que un pode ler eu disfrutei de cada segundo deste filme e a recomendo totalmente, así que o que un debe facer e vela e facer o seu propio criterio.


Os carteis que tanto me gustan:



Reparto:
  • Jun Ji-hyun (전지현)
  • Jung Woo-sung (정우성)
  • Lee Sung-jae (이성재)
  • Cheon Ho-jin (천호진)


Fotiños:





Trailer:

jueves, 12 de julio de 2007

TADA, KIMI WO AISHITERU ただ、君を愛してる / HEAVENLY FOREST


"Tada, kimi wo aishiteru" trátase dunha adaptación da novela de Takuji : "Renai Shashin: Mou Hitotsu no Monogatari", estreada en Xapón en outubro do 2006 e que funcionou bastante ben en taquilla.

A historia xira en torno a Makoto (Tamaki Hiroshi^3^), un fotógrafo; que viaxa a Nova York durante o nadal buscando a súa mellor amiga, Shizuru (Miyazaki Aoi). A partir de ahí o filme céntrase en cando os dous se coñeceron estudiando na universidade, e a súa especial conexión foi debida aos complexos que teñen ambos, Makoto é extremadamente tímido dende pequeno e Shiruzu ten unha personalidade moi especial pero ao igual que Makoto o relacionarse cós demais non é o seu pasatempo favorito. Pero ambos atopan un no outro un apoio, ademais Shizuru pouco a pouco váise interesando pola fotografía e os dous van xuntos a un bosque (ao que está prohibido entrar) a tomar fotos. A súa amizade se verá entorpecida polos sentimentos de Shizuru cando Makoto comeza a interesarse por outra chica chamada Miyuki.

Un dos filmes máis bonitos que puiden disfrutar últimamente^^ Iso sí ter preparados os klinex, porque a historia non é un campo de rosas O_o E destes filmes que deixan bó sabor de boca, con imaxes que se quedan grabadas na retina e cun final precioso ademais dunhas boas interpretacións, realmente encántame Tamaki e Aoi é unhas das miñas favoritas; quen a vira facendo da "pija" Nana aquí non a recoñece XD. A banda sonora é , como sempre, preciosa e canción principal titulada "Renai Shashin" é destas que se te queda na memoria xa que é da superidol Ai Otsuka e a min, a súa voz resúltame moi doce así que eu toda contenta^^

Reparto:
  • Aoi Miyazaki
  • Hiroshi Tamaki
  • Munetaka Aoki
  • Keisuke Koide
  • Meisa Kuroki
  • Asae Oonishi

Fotiños:








Trailer:

martes, 10 de julio de 2007

FLY HIGH / 사랑하니까, 괜찮아 SARANGHANIKKA, KWAENCHANHA

Ao fin dáseme por escribir algo sobre unha peli^^ tou de vaga subida XDXD pero esta espero que sexa a primeira doutra racha xa que últimamente estou disfrutando boas películas^^*

Pois este melodrama romántico é de Korea do Sur do recente ano 2006. A historia céntrase en Min-Hyuk (interpretado por Ji Hyun Woo) un estudiante de 18 anos que soña con ser mangaka e que nunca tivo unha relación seria na súa vida, ata que se namora a primeira vista de Mi-Hyun (intepretada por Lim Jeong Eun) cando a ve nos baños de chicos^^ a partir de ahí inténtao de tódalas maneiras para conseguir salir con ela, pero un fracaso ven detrás doutro fracaso; nada lle funciona. Ela manténse rexeitándo ata que un día sen máis marcha deixándolle un email coas palabras "síntoo".

O filme está divido en dúas partes claramente, a parte moi humorística que ven da man do protagonista masculino cando intenta conquístala por tódolos medios^^ e a parte máis dramática que ven dada pola madurez de ambos personaxes, e que algunha bágoa pode provocar.

A banda sonora está xenial, ten un pouco de todo tanto para os momentos alegres (cunha canción xenial de rock) como para os momentos tristes onde hai que destacar a canción "o reloxo do meu avó" unha canción antiga koreana preciosa.

Persoalmente este filme comeza a encabezar a lista de películas vistas últimamente, e é que ten risas aseguradas (sobre todo debidas aos momentos estelares que ten o protagonista) e ten cousiñas serias que che fan pensar^^ a parella protagonista ten moita química, cousa bastante común no cine koreano a verdade; e o seu bó "rollo" fóra dos platós parece que o souberon plasmar na pantalla e non estou dicindo que estén liados que quede claro jijiji. A parte da parella protagonista os amigos non teñen desperdicio ningún porque están todos tolos XD Os actores, todos; están xeniais pero claro eu destaco máis o labor dos protagonistas ^^ (aiss o prota...^3^)

Concluíndo hai que vela!!

Reparto:
  • Ji Hyun-woo (지현우)
  • Lim Jeong-eun (임정은)
  • Jeong Han-yong (정한용)
  • Jeong Ae-ri (정애리)
  • Kang Rae-yeon (강래연)
  • Joo-ho (주호)
  • Park Kyeong-ho (박경호)
  • Kim Song-hee (김송희)
  • Woo Bong-sik (우봉식)
Encántanme os carteis de promoción:




Hora de capturas!!^^

Múltiples formas de conquista, onde mostra as súas dotes como bailarín e cantante ( na vida real Hyun Woo é guitarrista do grupo The Nuts) e moito máis^^v aiss con esa cariña quen pode dicirlle que non!!









Trailer: (onde curiosamente aparecen esceas que non están incluídas no filme^^)

Enlaces pra a descarga da peli:
Pando Package

Pando Package


Subtítulos:

Pando Package