jueves, 12 de julio de 2007

TADA, KIMI WO AISHITERU ただ、君を愛してる / HEAVENLY FOREST


"Tada, kimi wo aishiteru" trátase dunha adaptación da novela de Takuji : "Renai Shashin: Mou Hitotsu no Monogatari", estreada en Xapón en outubro do 2006 e que funcionou bastante ben en taquilla.

A historia xira en torno a Makoto (Tamaki Hiroshi^3^), un fotógrafo; que viaxa a Nova York durante o nadal buscando a súa mellor amiga, Shizuru (Miyazaki Aoi). A partir de ahí o filme céntrase en cando os dous se coñeceron estudiando na universidade, e a súa especial conexión foi debida aos complexos que teñen ambos, Makoto é extremadamente tímido dende pequeno e Shiruzu ten unha personalidade moi especial pero ao igual que Makoto o relacionarse cós demais non é o seu pasatempo favorito. Pero ambos atopan un no outro un apoio, ademais Shizuru pouco a pouco váise interesando pola fotografía e os dous van xuntos a un bosque (ao que está prohibido entrar) a tomar fotos. A súa amizade se verá entorpecida polos sentimentos de Shizuru cando Makoto comeza a interesarse por outra chica chamada Miyuki.

Un dos filmes máis bonitos que puiden disfrutar últimamente^^ Iso sí ter preparados os klinex, porque a historia non é un campo de rosas O_o E destes filmes que deixan bó sabor de boca, con imaxes que se quedan grabadas na retina e cun final precioso ademais dunhas boas interpretacións, realmente encántame Tamaki e Aoi é unhas das miñas favoritas; quen a vira facendo da "pija" Nana aquí non a recoñece XD. A banda sonora é , como sempre, preciosa e canción principal titulada "Renai Shashin" é destas que se te queda na memoria xa que é da superidol Ai Otsuka e a min, a súa voz resúltame moi doce así que eu toda contenta^^

Reparto:
  • Aoi Miyazaki
  • Hiroshi Tamaki
  • Munetaka Aoki
  • Keisuke Koide
  • Meisa Kuroki
  • Asae Oonishi

Fotiños:








Trailer:

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ains quero vela ne~
pareceme precioso o cartel ejej
iso xa foi o primeiro qu eme chamou jeje
asi que en canto poda buscoa ajaj
aias pola info como sempe
kissu~

Anónimo dijo...

Xa a mirei ne~
que bonito é este filme.
Tanto a historia, como a fotografía, os actores... todo e fantástico ne~!!
estou namorada deste filme!!!!!
Ains.. polo menos a min emvolveume nun aura maravillosa ^^
desu mira ti se non desvario jejeej
POis a peli esta xenial
asias pola info jeje