jueves, 5 de abril de 2007

WELCOME TO DONGMAKGOL


Decidín facer comentario de dúas peliculas bélicas (ou antibélicas) que tocan de diferente maneira o tema da Guerra de Korea, primeiro falarei de Welcome to Dongmakgol (2005).

De Korea do Sur nos chega unha das mellores peliculas antibélicas vistas por min^^ e premiada en Korea.

En plena guerra de Korea, Dongmakgol é unha pequena aldea perdida que vive axena a todo o que está sucedendo no mundo, alí chegarán dous soldados do sur, tres soldados do norte e un soldado norteamericano que terán que verse obrigados a convivir.

Sen dúbida máis que recomendada, unha fotografía incríble, boa banda sonora, boas interpretacións, divertida e emotiva por momentos e cun toque de fantasía que a fai única.


Reparto:
  • Jae-yeong Jeong
  • Ha-kyun Shin
  • Hye-jeong Kang
  • Ha-ryong Lim
  • Jae-kyeong Seo
  • Deok-Hwan Ryu
  • Steve Taschler
  • Jae-Jin Jung
  • Young-yi Lee
  • Nam-Hee Park
  • Deok-hyeon Jo
  • Seung-Mok Yoo
  • Won-cheol Shim

Trailer:


Capturiñas:















miércoles, 4 de abril de 2007

SAD MOVIE


Pelicula de Korea do Sur do 2005 que como indica o seu propio nome é triste.

Conta historias que lle ocorren a diferentes personaxes e que teñen como vínculo de unión a tristeza.

Por un lado temos a historia dun neno que bota de menos á súa nai que non para de traballar. Outra é a historia dun bombeiro que salvou á unha muller sordomuda dun incendio e namórase da irmán desta, o desexo deste por unha pedida perfecta é o centro. Logo temos a historia dun chico que aburrido é contratado por unha das partes da parella para romper coa outra parte. Por último temos a historia da sordomuda salvada do incendio que namórase dun pintor.

Os actores, absolutamente todos, dannos unha lección de como saber actuar; saliento ao neno que é un prodixio (a parte dunha auténtica cucada).

100% recomendable, iso sí preparade o paquete de pañuelos ou o rollo de papel (según os gustos) porque as bágoas están aseguradas.

Reparto (cheo de caras coñecidas):
  • Tae-hyun Cha

  • Jong-ryol Choi

  • Yeo Jin-gu

  • Woo-sung Jung

  • Seung-cheol Kim

  • Ki-woo Lee

  • Hyeon-kyeong Lim

  • Su-jeong Lim

  • Min-a Shin

  • Tae-yeong Son

  • Jung-ah Yum
Trailer:




Como sempre capturas (poden ser spoilers xd)