jueves, 24 de mayo de 2007

HERB/ HEO-BEU


Xa estou de volta para actualizar que entre unhas cousas e outras non puiden estes días^^ Pois como xa é costume hoxe traio unha recomendación de peli, esta vez de novo de Korea do Sur!!

Como supoño que vos dichedes conta se titula Herb ou Heo-Beu en hangul (escrito en romanji claro)^^ e trátase dunha comedia dramática, nada raro tratándose dunha cinta koreana xa que seu cine caracterízase por pasar duns momentos alegres a uns totalmente dramáticos, cousa que moitas veces sorprende ao espectador e mesmo un non chega entender moi ben cómo unha película pode cambiar tanto según avanza...pero é algo que vai coa súa cultura e por iso nos choca tanto que non rematen co típico happy end ao que nos teñen acostumados o cine palomitero hollywoodiense.

Despois deste rollo que vos acabo de botar vou a contarvos algo da pelicula XDXD

Pois Herb trata sobre Sang-eun unha chica de 20 anos que ten retraso psíquico, polo que vive coa súa nai nunha herbostería (de ahí o título). Un día, por casualidade coñece a Jong-Bom, un policía de tráfico; e namórase del pensando que é o seu príncipe azul, ao mesmo tempo Jong-Bom comeza a sentir por ela un cariño especial sen saber nun principio o especial que é Sang-eun. A súa nai non verá con bós ollos a relación existente entre eles dous. Sen embargo Sang-eun pronto terá que enfrontarse a realidade do mundo por sí soa.

En fin, para min unha das mellores peliculas do que vai de ano, estrenóuse en xaneiro en Korea obtendo bós resultados de taquilla.

O toque da fantasía ven da man da imaxinación de Sang-eun, a cal lle encantan tódolos contos de príncipes azuis e a fotografía. Polo que por esta banda nos atopamos a comedia pero a partir da metade da película o drama comeza a aparecer ata o punto de que a comedia non volve a aparecer.

Respecto aos actores destaca Kang Hye-Jeong, a protagonista que xa nos ten acostumados a bós papeis, quen a vira en Old Boy aquí non a recoñecerá^______^ e tamén e a chica tola de Welcome to Dongmakgol, todas peliculas recomendadas.

Bueno pois agora xa sabedes non vola perdades!!!

Reparto:

  • Hye-jeong Kang

  • Chong-ok Bae
  • Kyeong-ho Jeong

  • Jong-ryol Choi
  • In-gi Jeong

  • Mi-young Lee

  • Won-jong Lee

  • Young-yu Lee

  • Jeong-se Oh


Trailer





sábado, 19 de mayo de 2007

SEVENTH HEAVEN PV

Como xa sabedes Laruku (como son coñecidos tamén) encántanme e como non ía ser menos pois traio o novo deles, espero pronto ter xa o single^^

Pois aos interesados lles deixo o novo PV de L´arc en ciel "Seventh Heaven"^^
Qué kawaii que está Hyde^3^ encántame a canción (recorda aos súas primeiras cancións) e o videoclip moi sicodélico ou algo así xdxd pero saen moi monos jijiji aínda que non se exprimiron moito a cabeza para facelo e de seguro foi caro^^ pero bueno a eles se lle perdoa XD



Aquí vos deixo os links para que o descarguedes e o disfrutedes^^

http://www.megaupload.com/?d=9EUDDGPE


Pando Package

Os créditos polos scans pois cando me acorde quen era a chica que os subiu edito^^

jueves, 17 de mayo de 2007

Spirit of Jeet Kune Do: Once Upon a Time in High School / 말죽거리 잔혹사

De novo unha pelicula de Korea do Sur (2004) pero non se parece en nada a anterior^^
Como ben mostra o seu título a pelicula é unha homenaxe a Bruce Lee pero tamén é unha dura crítica cara os institutos e o sistema de estudos coreanos.
Centrándose nos anos 70; o tímido Hyun-soo (interpretado por Kwon Sang Woo) trasládase a un instituto onde se atopa cunha banda liderada por Jong-hun e coa violencia sistemática por parte duns profesores estrictos. A pesar de ser un gran aficionado a Bruce Lee e de que seu pai (moi estricto tamén) ten un ximnasio de taekwondo Hyun-soo nunca peleou na súa vida, pero pronto se fará amigo de Jong-hun e a súa cuadrilla có que a cousa cambiará un pouco. Por outro lado tódolos días observa a Eunjoo no autobús sen atreverse a falarlle ata que un día a defenderá xunto con Jong-hun e Hamburguer (apodo dun amigo pola súa gordura) e se farán amigos. Todas estas circunstancias desembocarán en que se vexa obrigado ao uso da violencia.
Polo que temos un filme cun pouco de todo: violencia, amor, drama, risas... e onde Kwon Sang Woo nos mostra de novo as súas habilidades nas artes marciais XDXD
Bueno sei que me repito pero os actores son tan bós!!!Eu que me declaro unha auténtica seguidora de Sang Woo non son moi imparcial pero as críticas e o público falan por sí sós, xa que é dos actores máis taquilleiros e recoñecidos de Korea e do resto de Asia.
A cinta estrenóuse aquí en dvd cunha versión doblada digna de arcadas ^_____^ así que recomendo vela en V.O.S,; bueno cousa que sempre se debe facer para disfrutar realmente dun filme sobre todo con estes idiomas que son tan diferentes dos nosos. E ademais neste caso, coa voz tan bonita que ten Kwon Sang Woo^3^ XDXD

Reparto:
  • Kwon Sang-woo
  • Han Ga-in
  • Lee Jeong-jin

Trailer:










estas últimas capturas van adicadas a Midori ^^ porque foi daquela cando lle comezou a picar o nariz XDXD

miércoles, 16 de mayo de 2007

APRIL SNOW

Pois hoxe toca dramón koreano do 2005^^
Aínda que neste un non se deshidrata (vóume quedar sen bágoas e pañuelos jeje) a historia non é tampouco para dar botes de alegría ^^ vamos que risas e bágoas poucas pero asegúrovos que é un filme que vale a pena darlle unha oportunidade.
Argumento centrado en dous persoas, In-soo e Seo-young, que non se coñecerían nunca na vida pero vénse forzadas a verse as caras debido a que a muller e o marido, respectivamente de cada un, eran amantes e teñen un accidente moi grave de coche que os levará a un coma profundo. Así nesta situación incómoda se coñecerán, e pouco a pouco esperando a que esperten as súas parellas iránse aproximando o un ao outro buscando consolo e intentando desfacerse da soidade que os persigue.
Non me esperaba demasiado dela, creo que é o mellor, e leveime unha grata sorpresa^^ cun ritmo pausado (a algúns os durmirá^^) e unha banda sonora calmada a simpleza da cinta é o que a fai especial. Os actores magníficos (para variar) e a historia ten tanto momentos duros como bonitos, a verdade é que a historia de amor está levada cunha delicadeza que poucos filmes poden presumir^^
Espero que os que a decidan ver non se arrepintan logo do visionado e lles pase como a min^^ Cabe dicir que é dos últimos filmes que vin que máis me gustou^^
Reparto:
  • Bae Yong Joon
  • Son Ye-jin
  • Im Sang-hyo
  • Kim Kwang-il
  • Jeon Kuk-hwan
  • Yoo Seung-mok
  • Kim Se-dong
  • Jeon Dae-byung
  • Yoo Seung-soo

Trailer:




domingo, 13 de mayo de 2007

PLATONIC SEX


A miña recomendación esta vez ven dende Xapón de novo^^ pero a diferencia da comedia tola de Summer Time Machine Blues esta trátase dun drama.
Aoi é unha chica que é violada o día do seu 17 aniversario, cando está a piques de suicidarse inesperadamente unha mensaxe chega ao seu móbil felicitándoa, cousa que a fai retroceder no seu intento. A mensaxe foi enviada ao azar por Toshimi; un chico que lle manda a felicitación a súa irmá morta a un número ao azar, sen esperar ningunha resposta está disposto a acabar coas vidas dos que acosaron e violaron (provocando o suicidio) da súa irmá, pero Aoi contéstalle polo que se detén.
Así seguirán mandándose mails (por móbil, en Xapón en vez de sms mandan mails^^) e á vez as súas vidas irán avanzando, ela introducíndose no mundo da prostitución e el sendo camareiro aspirante a DJ. Un día coñécense en persoa por pura casualidade...
Alas ata aquí podo falar do argumento XDXD
Pois como podedes ver a historia moi alegre non é^^ o ritmo é pausado pero non te aburres e os actores persoalmente gústanme moito, sobre todo Joe Odagiri da que me declaro fan XDXD e que é un dos actores de moda dende que protagonizou "Shinobi"^^ aínda que é unha persoa que canto máis lonxe estea a fama mellor (algún día dedicareille un post especial porque menuda traxectoria que ten^^).
Os que decidan vela pois disfrutade ou sufridea, depende como se mire^^^

Reparto:
  • Saki Kagami

  • Jô Odagiri

  • Maho Nonami

  • Kenjiro Ishimaru

  • Toshie Negishi

  • Taishu KaseHiroshi Abe

jueves, 10 de mayo de 2007

TAKUYA KIMURA

Takuya Kimura é un actor, cantante e incluso presentador xaponés. Como xa expliquei con anterioridade pertencer a Johnny´s Entertainment siñifica abarcar máis dun campo se un o vale, e por iso Takuya un dos johnny´s maiores ten semellante carreira tras de sí.

Takuya naceu un 13 de novembro de 1972 en Tokyo, e entrou a formar parte da megaaxencia de moi xobenciño o grupo SMAP sacando en 1992 o seu primeiro disco. Pero os comezos non foron demasiado bós xa que o grupo non tivo moito éxito por non decir ningún, nos concertos había de todo menos xente^^ pero como Johnny-san é tan listo decidiu poñelos (aos 5 membros) ao frente dun programa de variedades chamado SmapxSmap, o éxito foi tal que xa levan máis de dez anos emitindo. A repercusión do programa influiu nas ventas dos seus discos que subiron como a espuma, e convertíronse na boyband xaponesa por excelencia. No seu haber contan có record de máis xente reunida para un concerto, e unha das súas "The One and Only Flower in the World" foi elixida en agosto de 2005 para espertar á estación espacial Space Shuttle Discovery. Como vemos musicalmente o éxito lle sorría ao fin tanto a Takuya como os seus compañeiros de Smap.

No ano 1994 apareceu no seu primeiro dorama (series de televisión xaponesas para os que non saiban) e iso sería o comezo dunha brillante carreira como actor, pero non é ata Long Vacation e sobre todo Beautiful Life cando se convirte en todo un icono. A partir de ahí aparecerá en máis de 20 doramas sendo unha cara habitual nos televisores nipones e de medio Asia. Xusto cando estaba no máis alto da súa popularidade, no ano 2000 (cando se emite Beautiful Life) anuncia a súa boda coa tamén cantante Kudo Shizuka (que estaba embarazada), todos dicían que isto siñificaría o final da súa carreira (é dos poucos Johnnys casados, en realidade só hai outro máis), pero nada máis lonxe da realidade xa que seguiu colleitando éxitos tanto musicalmente có grupo Smap (que non necesitan case promoción para vender) como actor (tódolos seus doramas alcanzan o 30% de share) e segue aparecendo na lista dos máis sexys de Xapón^^ E sigue vivindo felizmente coa súa muller e as súas dous fillas. ¿Qué máis se pode pedir?^^

Na actualidade a súa labor como actor está repercutindo fora de Xapón xa que participa en proxectos que teñen sonado eco entre a prensa e crítica do estranxeiro participando con directores moi valorados como Wan Kar-Wai; có que realizou 2046 (el é o famoso home do tren e o namorado xaponés); e Yamada Yoji có que estrenará este ano Bushi no ichibun.

Por se fora pouco todo o que fai tamén escribiu “Kaihouku” e "First Essay" que estivo durante semanas nos postos máis altos de venda.

Polo que Kimutaku (como lle chaman as fans) é unha auténtica asianstar que non para quieto e que de seguro disfrutaremos moitos máis traballos del.
Agora algunhas imaxes.

Smap, seu grupo de jpop, dende os anos mozos ata a actualidade


En SmapxSmap o podemos ver tanto en sketchs como cocinando para os invitados


Foi o único programa xaponés que lle fixo unha "entrevista" a Michael Jackson logo do famoso xuizo

O dorama "Love Generation" (1997) foi o comezo dunha longa lista de grandes éxitos
Con "Beautiful Life"(2000) alcanzou a súa máxima fama, a personaxe de Takuya vive unha triste historia de amor cunha chica que está en silla de rodas


En "Hero" (2001) interpreta a un detective peculiar; é un dos doramas máis éxitosos ata o punto de que este ano anuncióuse o proxecto de convertelo en película.


Imaxes de Pride (2004), un dos seus doramas máis populares onde interpreta a Halu un xogador de Hockey

"Karei naru Ichizoku"(2007) foi o seu último dorama, que anque non alcanzou o éxito doutros como intéprete deulle a oportunidade de cambiar de rexistro, ambientada nos anos 70 en plena revolución do aceiro e con problemas familiares conta con actores de luxo e millóns de yens invertidos.


Imaxes dunha das súas personaxes en 2046

Cartel da pelicula de Yamada "Bushi no ichibun", a venta do dvd do makin off bateu record de ventas

Portada de innumerables revistas





Tamén é un dos homes anuncios por excelencia