sábado, 21 de abril de 2007

CONFESSION OF PAIN


Ao fin logo dun tempiño que non posteei moita cousa, veño cunha recomendación baixo o brazo XD Esta vez tócanos Hong Kong^^

Como dúo protagonista temos a Takeshi Kaneshiro (^3^) e a Tony Leung. Pola parte que lle toca a Takeshi interpreta a Bong que un día chega a casa e atópase que a súa muller embarazada cometeu sucidio, a partir de ahí caerá na bebida e deixará á polícia para traballar como investigador privado. Pero tres anos despois fai certos descubrimentos sobre a morte da muller onde nada era o que parecía.
Hei é a personaxe que leva Tony Leung e trátase dun antigo compañeiro de Bong, polo que é un detective que se casa con Susan; filla dun multimillonario.

Gustaríame contar máis pero creo que se o faga fastidio a peli xa que serían spoilers un tras outro XD eu vina case sen saber de que iba é penso que iso é o mellor ^^
Pois xa remato de escribir dicindo que é unha das mellores peliculas do 2006, a canción principal é preciosa, xunto con toda a banda sonora^^ as interpretacións inmellorables coma sempre (Takeshi paréceme dos actores máis completos que hai, e non é porque sexa a miña debilidade) e Tony Leung gústame moito dende que o descubrín en 2046. Bueno as actrices tamén están moi ben e ademais os chicos tedes a guapa Shu Qi toda unha sex symbol ^^

Así que xa sabedes a vela que é imprescindible, e espero que non se cumpra a miña teoría de que os americanos tarde ou cedo farán remake dela ^^

Pois mentres escribía isto, atopei info que confirman as miñas especulacións xa que finalmente farán un remake, Warner Bros o anunciou e Leonardo DiCaprio participará na producción aínda que como actor aínda non se confirma nada, o que traballou no guión de The Departed (Infiltrados) xa está traballando na adaptación. Unha mágoa todo isto, tiña a espranza de que non a remakearan pero xa vexo que é imposible pensar iso cando Hollywood non ten ideas propias.

A todo isto dicir que tivo 7 nominacións na 26th Hong Kong Film Awards, aínda que só levou a mellor película.


Reparto:
  • Takeshi Kaneshiro

  • Tony Leung Chiu Wai

  • Shu Qi

  • Xu Jinglei

  • Chapman To

  • Yueh Hua

  • Emme Wong


Trailer:















3 comentarios:

Anónimo dijo...

ains...que boa pinta ne~
Takeshi é do millorciño si!!!

jops pois a ver se se lles olvida e se deixan de remakes que son uns pesados estes estadounidenses joe...

asias pola ficha noe ^^
kissu~

noelinha dijo...

moitas gracias por comentar nee!!
I luv Takeshi!!^3^

si xa cansan moito estes hollywoodienses, xa me espero calquer cousa, e a pena e que xa sei de mais remakes de peliculons asiáticos, en concreto de Korea, de Xapón xa non falamos porque os remakes son día tras día coas peliculas de terror v_v

Anónimo dijo...

Hola. Terei que escribir algo que senon despois queixasteme jeje.Pois eso, que xa me pasaras algunha peli de estas a ver se me engancho tanto como ti,cousa q non creo porque a min non me gustan tanto os actores guapos asiaticos.
Gracias polo link de megaupload da BSO de "Cartas..."

Bikos