Dende Korea do Sur chéganos outra mostra de bó cine e de novo traigo un drama baixo o brazo, esta vez trátase dunha adaptación da novela de Gong Ji-young do mesmo nome.
Maundy Thursday (Xoves Santo) ou tamén coñecida como Our Happy Time; móstranos como dúas almas lastimadas se atopan, unha é Moon Yu-jeong quen se intentou suicidar tres veces e Jung Yun-soo quen é un condenado a morte.
Os dous atópanse gracia a tía dela, a irmá Mónica; unha monxa encargada de falar cós presos, quen lle pide a Moon Yu-jeong que a acompañe xa que Jung Yun-soo quere escoitala cantar o himno (xa que ela foi cantante), a partir de ahí tódolos xoves o irá a visitar, e pouco a pouco irán compréndendose o un ao outro xa que os dous teñen un pasado que os persigue.
Non vou contar máis, que se non é desvelar demasiado ^^ así que a vela os que queiran saber como se desenvolve a historia^
Foi un filme que me sorprendeu moito, os actores encántanme; tiven a oportunidade de disfrutar outros traballos deles é realmente un pode dicir que son do mellorciño, aínda que para min os actores koreanos son en liñas xerais íncreíblemente bós; como choran!!!XDXD
Con respecto ao filme en sí dicir que ten un ritmo pausado pero non por ilo é aburrida, todo o contrario porque queres saber por qué chegaron a esas situacións que están a vivir os protagonistas. A banda sonora, como é de costume, axuda moitísimo a emocionar ao espectador sobre todo en momentos culmens, así que outro 10 que lle dou ^^. Finalmente tan só dicir que ten un dos finais máis emotivos que vin, tranquilos non o penso dicir XD
Pois aqui tedes outra recomendación, os que me fagan caso e a vexan de seguro non se arrepentirán para ben ou para mal jejeje
Reparto:
- Kang Dong-won
- Lee Na-young
- Yoon Yeo-jeon
- Kang Shin
- Jeong Yeong-sook
Trailer:
No hay comentarios:
Publicar un comentario