lunes, 11 de junio de 2007

THE CLASSIC / 클래식 KEULRAESIK


Onte vín unha película desas que me quedarán grabadas na memoria. Unha historia contada coa delicadez koreana e que ten momentos tristes pero tamén alegres.

No filme (do 2003) atopámonos a nai e filla (interpretadas as dous por Son Ye Yin, que pedazo de actriz!^^) vivindo as súas respectivas historias de amor en tempos diferentes.

Por unha parte temos a Ji-hae e Soo-kyoung son amigas que van á mesma universidade e ás dúas gústalle Sang-min(Jo In-Sung ^3^) quen está no club de teatro. Soo-kyoung pídelle a Ji-hae que lle escriba ao seu nome cartas de amor para Sang-min; polo que Ji-hae porá os seus propios sentimentos nas cartas pero baixo o nome da súa amiga.

A través dunha caixa chea de cartas que Ji-hae atopa nun armario, a historia trasládase por medio de flashbacks cara a historia de amor que viviron seus pais décadas atrás.

No vran de 1968 Joon-ha visita ao seu tío no campo durante as súas vacacións, alí coñece a Joo-hee ( Jo Seung-woo) e os dous namóranse a primeira vista. Cando rematan as vacacións de vran os dous regresan a Seúl, onde Joo-hee terá que escribirlle cartas de amor a Joon-ha baixo o nome do seu mellor amigo Tae-su (Lee Ki-woo), quen ten sentimentos cara ela tamén. Polo que a historia de amor de vran veráse complicada por esta situación.

Como digo sempre máis non conto agora tócavos vela para saber como se desenvolve todo!!^^

A parte das interpretacións sempre salientables nestes filmes, hai que dicir que outro elemento destacable é a banda sonora, que é preciosa e perfecta para acompañar dúas historias de amor entrelazadas. O director é Kwak Jae-Yong, quen coa súa maneira de filmar e contar as historias(tamén dirixiu e escribiu My sassy girl e Windstruck) persoalmente me cautivou.

A partir de onte xa teño unha película máis no meu olimpo particular XDXDXD

Reparto:
  • Son Ye-jin
  • Jo In-Sung
  • Jo Seung-woo
  • Lee Ki-woo
  • Seo Yeong-hee
  • Kim Byeong-ok
  • Lee Seung-cheol
  • Kim Jeong-tae

Fotiños:



Trailer:

No hay comentarios: