martes, 30 de octubre de 2007

8EIGHT



Regreso para falar dun novo grupo de Korea que mestura soul, r&b, hip hop e kpop. O grupo está formado por tres compoñentes, algo que parece estar moi de moda no país^^; dous chicos e unha chica.

O líder é 이현 / Lee Hyun que ten 25 anos e é o cantante principal

주희 / Joo Hee a chica

O rapeiro (aínda que tamén canta) 백찬 / Baek Chan; estes dous últimos de 24 anos.

Só teñen un disco "8eight Vol. 1 - The First" có que se fixeron un oco no mercado musical, colleitando un gran éxito.A canción que os presentou foi 사랑을 잃고 난 노래하네 (ven a siñificar algo sí como "olvida o amor e canta") aquí tedes o pv:



E demostrando as grandes voces que teñen no programa que os deu a coñecer:



Por último un video antes do seu estrellato onde cantan cancións de r&b de sobra coñecidas:



Esperemos que seu éxito non sexa momentáneo e nos deleiten con máis boas cancións, porque dende logo o valen.

PD.- non puiden resistilo e atopei a Lee Hyun cantando unha das miñas cancións favoritas de Wheesung así que o poño, que bó gusto musical ten^^:

domingo, 21 de octubre de 2007

O NOVO DE JAY CHOU

Image Hosted by ImageShack.us

Incríble pero certo o novo de Jay Chou é máis que discutible. Este taiwanés con talento de sobra para todo o que ten que ver có mundo artístico está desconcertando e encantando por partes iguais co seu novo traballo, xa que se lle deu por probar có country nun album chamado "On The Run" que sairá a venta o día 2 de novembro. A canción coa que o presenta chámase "Cowboy on the run".

Si...lichedes ben, un taiwanés facendo country sona bastante raro O_o pero Jay é coñecido por experimentar con novos sons sen importarlle moito o que dirán, tamén é certo que o seu posto na industria é raro que se tambalee debido a seu enorme fandom.

Jay ten 29 anos (quen o diría con esa cara de neno) e na súa longa carreira fixo de todo, empezou escribindo cancións para outros e agora é unha das grandes estrellas de Asia. Músico, cantante, compositor, actor, escritor, guionista e director parece que non hai nada que se resista a ser probado por este home. Unha das súas facetas máis coñecidas é a de pianista, instrumento que comezou a tocar aos 4 anos pero non é o único, xa que demostra o seu talento tocando case todos os instrumentos (incluíndo chelo e violín).

Logo de todos estes anos logrou obter un son único que mestura r&b, hip hop, rap, rock, etc etc... o chamado ""Chou Style" (chino tradicional: 周氏風格; chino simplificado: 周氏风格; pinyin: zhōu shì fēnggé) e aínda que o engloban dentro do cpop, o seu estilo pódese dicir que é inclasificable^^

Agora o único que lle faltaba por probar quizais era o country, e como non ía ser menos con moito humor presenta o seu novo traballo que pode gustar ou non gustar pero indiferente non deixa a ninguén.

Particularmente, a canción resúltame divertida e o videoclip máis XD como fan súa pode que prefira a súa etapa anterior pero está ben experimentar para atopar onde está o propio límite de cada un, tamén pode ser que Jay só queira mostrar un lado máis humorístico e divertido que o que nos ten acostumados.

Como sempre Jay nos sorprende ano tras ano, traballo tras traballo e chéirame que sempre será así.

Aquí tedes o PV:

lunes, 15 de octubre de 2007

JANG WOO HYUK


Aquí presento o meu novo descubrimento!

Jang Woo Hyuk (08-05-1978, Daegu Korea do Sur) é un rapeiro que comezou sendo membro da éxitosa boyband H.O.T, da que entre outros era membro Kangta outro auténtico idol made in Korea; logo de publicar 5 albumes romperon e no 2001 formou JTL xunto a dous ex-membros de H.O.T Lee Jae Won e Tony Ahn, cós que sacou 3 álbumes.


Aquí vos deixo con "Candy" un dos éxitos de H.O.T, (fun disfrazada deles sen sabelo!!)



Un dos tamén múltiples éxitos de JTL, "Enter the dragon"


É no 2005 cando decide lanzar seu primer disco en solitario "No More Drama" que foi un total éxito e provocou que no 2006 lanzara seu segundo album "My Way" que chegou a número 1 de contado^^
Na súa carreira como cantante en solitario colaborou cós prestixiosos compositores Kenzie e Pang Shi Hyuk quenes escribiron a melodía de "It´s raining" éxito de Bi/Rain e tamén con máis talentosos músicos koreanos que non dubidaron en botarlle unha man. Pra preparar o seu primeiro album Woo Hyuk estivo 10 meses entrenando baile.

Seu éxito traspasou as fronteiras de Korea e fíxose realmente popular no mercado musical de China e Taiwan. O portal máis grande de China, sina.com; elixiu a Woo Hyuk como o cantante koreano favorito para os chinos, batendo a Rain que quedou en segundo posto; e de paso fixo doblete gañando tamén como o mellor bailarín. Como non é parvo nos seus planes de futuro aparecen como obxectivos facer apariencias en China e Taiwan, xa en abril de 2006 comezou súa promoción en China e creou o seu fan club oficial.

Do seu primeiro album "Flip Reverse"


Do mesmo album "Sun that never sets"


Outro éxito do seu segundo e polo que agora último traballo "One Way"


A parte de rapear e cantar algo que se lle da moi ben é bailar XD É membro de CEO de Newest Entertainment, unha prestixiosa academia de baile. Un dos seus motes é "Hammer boy" debido ao seu famoso baile "locking" en H.O.T, é un baile que mestura o funky e o street dance que está asociado claramente ao hip hop. Esta habilidade no baile fixo que gañara reputación como "O principe da música de baile", segundo un ranking está considerado como o o terceiro mellor bailarín do mundo, xa que aparece como o primeiro de Korea. Dende logo non é para menos senón mirade, aínda que a calidade deixa que desexar vale a pena:



Este baile o fixo en xman, un dos programas máis famosos e divertidos de Korea ao que é asiduo; dende logo o "milagro" que fai é incríble non pensei que se puidera facer!


o famoso miracle! vése que está moi influenciado por Michael Jackson, mesmo lle ten adicada unha canción^^*

A parte de todo isto ata a cantante afro-koreana-americana Amerie declarou que lle encantaría colaborar con el, non é parva a tía! que xa colaborou con Se7en^3^ (eu tamén quero!!!)

Actualmente as fans están esperando que faga algún traballo, e parece ser que polas últimas noticias pode sacar pronto algo novo!! A pesar de que ten problemas na mandíbula e por iso aplazou súa entrada no servicio militar, que son máis de dous anos!! (ais que depresión**) Debido a isto foi acusado por algúns medios de querer zafarse da mili..pero el negou en todo momento tal cousa, a verdade non me estraña que fagan calquer cousa para non ir porque lles jode bastante a súa carreira.

Pois agora só nos toca esperar a que apareza de novo para arrasar, xa que talento lle sobra^^

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 10 de octubre de 2007

canto tempo!!

Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Ao fin decidín escribir algo...e que non me apetecía nada postear así que estiven de vaga Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Teño tantas cousas que postear que xa verei por onde comezo..estes meses descubrín máis talentos musicais, máis peliculas e máis dramas e dramas jeje así que a próxima entrada vai ser complicada porque non sei a que dedicala jeje demasiadas cousas!

E que pensar que fai un ano que xa tou asiatizada parece incríble, se semella que só pasaron uns mesiños de nada^^ a verdade neste ano aprendín moitas cousasPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket, sobre todo aprendín que a parte do mundo comercial occidental hai outro que é xigantesco e dende logo máis que rico XD porque cinematográficamente na miña humilde opinión parécenme a aos luz de hollywood, non quero dicir con isto que no resto do mundo non se faga bó cine, xa que eu vexo tamén peliculas made in usa sen ningún problema e por suposto que hainas moi boas, boísimas. Pero a poesía que teñen as orientais nunca a vin nunha occidental, vese claramente o intento desesperado de moitas produccións hollywoodienses imitando e remakeando peliculas unha e outra vez (e vai en aumento) de filmes de Asia Oriental..e iso que moitos din que por exemplo Hallyu (o chamado cine de Korea do Sur) está de capa caída^^* eu sigo vendo filmes boísimos, claro que hai bodrios como en todos lados, pero un bodrio koreano e mellor que un bodrio americano (o garantizo^^).

Con respecto a esto último, en Korea do Sur últimamente se falaba de certa crise na industria cinematográfica do país..resultou todo máis ben unha estratexia de marketing, dádevos conta que neste último mes das 10 peliculas máis taquilleiras todas son de factura propia menos dous ou tres que se conseguen meter de USA^^* así gustaríame saber onde está crise jeje máis ben vexo que a famosa ola koreana non ten final, sempre nos sorprenderán.

Menudo rollo acabo de botar sobre o cine koreano, tamén teño que engadir que isto non só pasa en Korea xa que nos demais países orientais o seu cine autóctono é o que gaña máis terreo, moitos países europeos quixeran ter esa cuota de cine propio XD

Sobre a música pasa máis do mesmo, e teño que engadir que alí os idols son auténticos stars mediáticos que por onde pasan causan euforia incontrolada; pero a pesares diso xa me gustaría ver a algunhas stars internacionais facendo e prestándose a cousas incríbles jejeje

A conclusión de todo esto é que moito temos que aprenderPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Semellante tocho para non dicir moito ne? Incluso igual non ten sentido ningún pero soltei o primeiro que se me pasou pola cabeza jejeje gomen!

A próxima entrada prometo que terá máis sentido e postearei algo interesante como mínimo.
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
chuuuuuuuuuuu