jueves, 8 de noviembre de 2007

FLY TO THE SKY 플라이 투 더 스카이



Hoxe vou falar dun dos meus grupos favoritos de Korea, iso a pesar de que os comecei a escoitar e a interesarme por eles fai pouco aínda que xa os coñecía fai tempo. E é que foi un caso raro, xa que vira pv´s deles e por suposto escoitara moitas das súas cancións pero é agora cando ao darlles unha verdadeira oportunidade cando quedei prendada.
Antes de comezar coa súa longa historia de 9 anos en activo os presento, o grupo fórmano dous membros:

Brian Joo 브라이언 koreano-americano nacido en Los Angeles en 1981
Fany/Hwanhee 환희 nacido en Seoul tamén en 1981

O dúo foi formado en 1998 por SM Entertainment, nunha audición en New Jersey na Holy Spirit High School Brian foi seleccionado para entrar na compañía, ao mesmo tempo Fany foi levado a unha audición por un membro de SM que estaba traballando no seu festival de instituto. Así formóuse FTTT (Fly To The Sky) que debutou finalmente o 12 de novembro de 1999 no LOG-IN H.O.T. Show e no SM Festival Concert '99.

Seu primeiro album non se fixo esperar e o 9 de decembro dese mesmo ano presentaron "Day by Day", un traballo que sorprendeu debido a seu estilo: r&b; xa que se alonxaban dos teenidols desa época que optaban polo techno dance. Colleitaron algo de popularidade en USA, China, Taiwan, Singapore e Korea do Sur a pesares de que o album non conseguiu convertirse nun éxito instantáneo; por moi moderado que fora este inicio a verdade é que adquiriron un status para a seguinte xeración de artistas.

O seu primeiro traballo, madre que pintas:


Despois deste primeiro traballo, decidiron que tiñan que realizar un album de estudio por ano e así fixeron. A súa popularidade pouco a pouco comezou a incrementarse debido a 약속 (The Promise), un album que tivo moi boa colocación nas listas de ventas.

No 2001 presentan "Sea of Love" que foi publicado mentres Brian se atopaba en New Jersey na Universidade de Rutgers, ata que non puido regresar a Korea Fany tivo que facer as actuacións el só. Aínda con esta dificiultade o album convertéuse no éxito do vran. É importante dicir que o segundo single pertencente a "Sea of Love" foi escrito polo gran cantante estadounidense Brian McKnight. É a partir de aquí cando seu estilo de música comeza a madurar e a facerse máis cercano ao r&b alonxándose do pop que asomaba nos seus dous primeiros albums.
Deste disco pv do mesmo nome:


Con cada album que sacan o seu éxito e popularidade van en aumento: "Missing You" será seu cuarto album e "Gravity" será o quinto e derradeiro traballo que publiquen baixo o sello de SM Entertainment, nestes o r&b máis puro vése influenciado un pouco polo pop. Como sempre soe suceder, foron criticados por sonar parecido a outros e por enfocarse en baladas dramáticas onde ensinaban súas habilidades vocais.

Un dos seus últimos pv baixo SM:


Logo de expirar seu contrato con SM Entertainment no 2004, Fly to the Sky firmou con PFull Entertainment, compañía que entre outros artistas leva a Eugene excompoñente das S.E.S. É baixo este novo sello cando publican seu sexto album "Transition", debido ao seu éxito decidiron sacar unha edición especial que incluiría novas cancións como Hwan Sang (Illusion), Hot and Cold, and When I Say, que son consideradas menos dramáticas que as outras.

Elixín o pv "Blood" pertencente a "Transition", ten historia triste:


Ao longo de todos estes anos colleitaron chea de premios: MTV Asia's "Artista del Mes" en 1999, M.NET Music Video "Festival's Best R&B Artist" en 2003, e SBS Gayo Daejun's "Best R&B Artist" en 2004 entre moitos outros.

Sen embargo non todo é felicidade e houbo moitos malos tempos. Un dos momentos máis duros foi cando xusto antes da súa volta có terceiro album, seu manager morreu nun accidente de coche; isto foi especialmente duro para Fany que horas antes estivera na furgoneta con el. Tamén nos seus principios estiveron a piques de romper, isto se sabe debido a confesión este pasado xullo por parte de Brian nun programa de televisión, comentou que todo era culpa de seu sentimento de inferioridade ante Fany, que era o que levaba tódolos aplausos mentres el recibía presión e quedaba nun segundo plano; por iso decidiu propoñerlle a Fany romper o dúo pero éste en vez de aceptarlle enfadóuse ata convecer a Brian que traballar xuntos era o mellor. E así foi porque, como é obvio, esta ruptura non se produxo.

Pero quizais o momento máis difícil de todos foi a polémica que envolveu a Brian no 2003. Durante esas datas houbo un forte sentimento anti-americano en Korea debido a que un soldado estadounidense asasinara a dúas adolescentes e estaba na espera de ser xulgado, nun programa de radio ao que asistía como invitado lle preguntaron a Brian por este suceso e el opinou que mentres o soldado fora xulgado non quería que as relacións entre Korea e Estados Unidos, seu país, foran tensas. Isto foi interpretado como "Non insultes aos USA porque son americano" ou "Non podes falar diante miña mal dos americanos...porque son americano, por favor só odia aos soldados americanos (responsables do incidente)", é dicir caéronlle críticas de tódolos lados. Como explicou el mesmo tempo despois entre bágoas, pechóuse en casa sen querer saír a ningún sitio e déuselle un pouco por beber. Un dos feitos que lle marcou moito foi cando unha suposta fan se lle acercou a pedirlle un autógrafo, mentres estaba a firmarllo a chica colleu a folla e rompeuna diante da súa cara dicindo: "non queremos autógrafos de americanos", logo déuse a volta e marchou para logo volver (Brian pensaba que para disculparse) a empúxalo con toda a mala leite do mundo, a parte disto comezóulle a chegar correo insultándoo e amenazándoo, e non só a el senón tamén a Fany (cousa que lle doeu aínda máis). Pra rematar con todo esto Brian pediu perdón públicamente e declarou que as súas palabras foran malinterpretadas xa que el recibira unha estricta educación koreana, de ahí que entre outras cousas sepa falar perfectamente o koreano.

Aquí vós deixo o lacrimóxeno video onde el mesmo relata o suceso da "fan":



Olvidando este desagradable incidente pasamos a falar da carreira deles fora do negocio musical. Pola parte de Brian debido o seu dominio do inglés presentou un programa de MTV onde entrevistaba a celebridades made in USA, do tipo Britney, Christina Aguilera ou Mariah Carey (que tres jaja). No 2006 se converte nun dos presentadores de "Music Core" e a finais dese mesmo ano decide sacar disco en solitario titulado "The Brian" onde se acerca máis ao pop clásico, e que se converte en número 1 deseguida.

Actuación de Brian na MNet cantando o seu éxito "Kajima" (Don´t leave), que majo e guapo é^^


Pola parte de Fany temos a súa presencia no 2006 nun drama da MBC "Over the Rainbow" onde comparte escea con Kim Ok-Bin e Ji Hyun Woo. A serie emitíuse entre xullo e setembro do 2006 sen obter o éxito esperado en ratings aínda que a actuación por parte de Fany levou positivas críticas. Nestes días anuncióuse a súa presenza noutro novo drama que se emitirá na temporada que ven.

É ao rematar o contrato con SM Entertainment cando os dous comezaron a aparecer en programas de televisión de variedade, sobre todo Brian; tales como Happy Sunday, Heroine 6, Love Letter, X-Man, e Star Golden Bell. Todas estas aparicións axudaron a Brian a gañarse unha publicidade e a expandir a súa base de fans dunha maneira que non puido ser nos seus anos de inicio, aínda que algúns criticaron esto porque dicían que podía saír danada a súa imaxe como artistas.

Outra cousa que recibiu algo de crítica e incredulidade por parte de fans foi o cambio estético de Fany no 2007, cando apareceu con novo nariz e non sei se algo máis. Como invitado nun famoso programa admitiu a ciruxía (como pra negala) e declarou que a realizou para sentirse ben consigo mesmo xa que tiña un gran complexo. Persoalmente non estou moi a favor de ciruxía estética, pero cada un que faga o que queira có seu corpo...e aínda que podo chegar a entender a Fany aínda custa traballo creer que se trata da mesma persoa.

Finalmente neste ano 2007 os dous volvéronse reunir para dar a luz o seu séptimo, e por agora, último album "No Limitations" que alcanzou o número 1 sen moito esforzo XD e do que agora sacarán unha reedición.

Aquí tedes seu último pv (aínda que pronto sacan o novo) "My angel", que é moi triste e ademais aparece a actriz xaponesa Aoi Miyazaki.


E rematando o último video que poño é unha actuación da pasada semana no Sharing Love Concert onde interpretan "I love you" e onde a parte podedes observar o cambio de Fany:


Espero ansiosa novas aparicións deles porque agora mesmo están embarcados nunha gran xira que os levara por tódolos recovecos de Asia Oriental, se é que por onde pasan triunfan^^

Aish como botarei de menos a Brian como presentador do MusiCore!!si...esta semana anuncióuse que por problemas de axenda non poderá aparecer así que decidíuse facer cambio de plantilla e T.O.P e dous Wonder Girls ocuparán seu lugar máis o do superjunior Kang In...aínda menos mal que puxeron a T.O.P jeje na súa honra deixo un video cós seus momentazos, é que é meu cuteboy jaja que toliño me está:

1 comentario:

Anónimo dijo...

linmo todo muahaha merezo un premio jeje
Caray que interesante a historia deste grupo jos
Que riquiños son, pero que pena que se operase Fany parece outro completamente U_U

BUeno ne teño que admitir que non me mirei todos os videos enteiros, pero prometo facelo jeje
kissu