lunes, 2 de abril de 2007

THIS LOVE PV - Big Bang



Big Bang é un grupo de r&b, hip hop e pop de Korea do Sur que sinxelamente adoro, teñen entre os 16 e 20 anos (moi xobenciños eles^^)e son kawaiis ata decir basta XD.
Para todos aqueles que teñen curiosidade pois subín un video o primeiro single e o primeiro éxito para estes pipioliños^^ é unha versión de "This love".

Teño bós recordos deste PV porque gracias a ter a curiosidade de mirar que era engancheime totalmente a eles^^

domingo, 1 de abril de 2007

L´ARC EN CIEL


Como Midori quería baixar uns videos onde aparecera Hyde pois aqui lle deixo tres do seu grupo L´arc en ciel, realmente ata o de agora pasaba un pouco do jrock pero estou descubrindo moi bós grupos! xa me vexo dentro de pouco tamén con chea de discos e videos como có jpop XD

A verdade é que cando vin Kagen no Tsuki xa me fixara en Hyde pero non me molestei en mirar a súa música ata que agora veu a pelicula Midori e me iluminou jajaja

Arigato por recordarmo!

Os que non saiban nada deste mundillo dálle unha oportunidade porque merece moito a pena^^

Pando Package

Pando Package

Pando Package

viernes, 30 de marzo de 2007

GEUHAE YEOREUM


Geuhae Yeoreum ou Once in a Summer é unha pelicula preciosa que pasará a formar parte das miñas favoritas. Ao ser koreana xa non é raro que sexa triste así que xa ides con sobreaviso aos que non lle guste chorar XD

A acción transcurre no presente e nos anos 60, no presente atopámonos cunha guionista dun programa de televisión á que lle encargan entrevistar a Yoon Suk-young, seu antigo profesor.(interpretado por Byung-hun Lee).

E aquí e cando imos aos anos 60 en plena revolución política e atópamanos coa historia dun Yoon-Suk xoben que vai de voluntario xunto con amigos pertencentes a un club político para axudar no campo, alí coñecerá á encargada da biblioteca da aldea Jung-in (interpretada por Duek-mun Choi); e entre eles xurdirá un amor que os marcará para sempre.

E todo isto acompañado dunha banda sonora e unha fotografía de 10.

Que dicir que é unha película máis que recomendada, así que xa sabedes non a perdades!!^^
Déixovos con trailer e capturas:















miércoles, 28 de marzo de 2007

BENVIDOS!!

Pois benvidos ao meu blog! este a diferencia dos outros e un blog máis persoal aínda que seguirei coas miñas raiadas e paranoias como de costumbre!!^^

chuuuuuuuuuuuuuuuu!!!