domingo, 10 de junio de 2007

THE KING AND THE CLOWN / 왕의 남자 WANG-UI NAMJA

Película máis taquilleira despois de The Host en Korea no ano 2006, 12.3 millóns de persoas viron a película e a recaudación alcanzou $85,000,000 e dende logo que unha cinta tan pequena de presuposto consiga recaudar tanto é todo un logro, e máis aínda se o tema que trata ten homosexualidade de por medio; tema un tanto tabú aínda neste país. A pesar desta popularidade en Korea o filme foi prohibido en China (como pasara con Brokeback Mountain).

Foi a elexida para ser seleccionada para os Oscars 2007, pero inxustamente foi rexeitada^^
Ambientada na Korea da dinastía Joseon está baseada nunha pequena pasaxe dos "Anales da Dinastía Joseon" que brevemente menciona ao paiaso favorito do rei.

Atopámonos nos comezos do século 16 durante o reinado de Yeonsangun de Joseon, relata a historia de dous caminantes Jang-Seng (Gam Woo Seong) e Gong-Gil (Lee Jun Ki) que forman parte dun grupo de entretenemento (van facendo sátiras). Gong-Gil veráse obrigado a vender o seu corpo cousa que Jang-Seng non soporta. O grupo comeza a mofarse dos membros da corte real, debido a isto son arrestados por traición, pero Jang-Seng fai un trato, se conseguen que o rei ría có seu skit non serán condenados a morte. Debido a que o rei rí, este lles otorga o privilexio de formar parte da corte. O rei cae tolamente namorado do afeminado Gong-Gil, quen ten a misión de ir as habitacións privadas a entreter ao monarca coas súas actuacións de marionetas. Mentres Jang-Seng atópase só e os celos aparecen. Como se desenvolverá todo se resolve véndoa.^^

A través desta peculiar historia atópase unha crítica clara á tiranía do rei e a corrupción da Corte.

Unha banda sonora, unha fotografía, unhas interpretacións e unha ambientación excelentes máis unha historia atípica fan dela un filme único.

Por outra parte hai que dicir que recibiu todos os premios habidos e por haber de Korea (bueno, repartíndose con The Host):

43rd Daejong Film Festival:
Best Film- The King and the Clown
Best Director- Lee Jun ik
Best Script/Scenario- Choi Seok Hwan
Best Cinematography- Ji Gil Woong
Best Leading Actor- Gam Woo Seong
Best New Actor- Lee Jun Ki
Best Supporting Actor- Yoo Hae Jin
Most Popular Actor- Lee Jun Ki
Most Popular Actress- Kang Seong Yeon
Most Popular Actor Overseas- Lee Jun Ki

42nd Baeksang (Paeksang) Film Festival Arts Awards 2006:
Best New Actor- Lee Jun Ki
Judge's Special Film Awards- The King and the Clown

14th Chunsa Film Festival 2006:
Best Leading Actor- Gam Woo Seong
Best Supporting Actor- Jang Hang Seon

Korea Film Awards 2006:
Best New Actor- Lee Jun Ki

27th Blue Dragon Film Awards 2006:
Best Music- Lee Byong Woo
Most Popular Stars- Lee Jun Ki & Kang Sung Yeon
Best On-Screen Performing Couple Award- Gam Woo Seong]] & Lee Jun Ki

Cape Town World Cinema Festival (CTWCF) 2006:
Best Feature Film Award- The King and the Clown
Best Screenplay- Choi Suk Hwan & Kim Tae Woong

9th Festival Du Film Asiatique De Deauville (France) 2007:
Lotus Du Jury (Grand Prix Jury Prize)- The King and the Clown

Reparto:
  • Lee Jun Ki
  • Jeong Jin Yeong
  • Kang Seong Yeon
  • Gam Woo Seong

Os diferentes carteis que tanto me gustan, sobre todo o último ^3^ que wapo é Jun Ki diosss

Capturas:




E foto adicada a todas as fans do gatiño^^


Trailer:

domingo, 3 de junio de 2007

A MOMENT TO REMEMBER/ 내 머리 속의 지우개 NAE MEORISOKUI JIWOOGAE


"A moment to remember" (2004) película escrita e dirixida polo debutante John H Lee; é un deses filmes que dunha maneira ou doutra deixan pegada. É verdade que unha pelicula, un libro ou o que sexa te pode marcar máis ou menos segundo se o tema que trata te afecte dalgunha maneira. Neste caso, quizais porque trata dun tema tan cercano e que seguramente calquer persoa pode coñecer a alguén que pasou por iso; chega moi fondo.

Non quero desvelar demasiado do argumento porque é mellor vela sen saber nada ou moito, eu vina sabendo datos que realmente son prescindibles así que intentarei dicir o xusto e non pasarme.^^*

O argumento é unha historia de amor, pero sendo koreana non pode ter demasiados tintes felices, digamos que é unha das historias máis tristes que puiden "disfrutar". A parella protagonista fórmana unha despistada muller Su-jin interpretada pola xenial Son Ye-Yin e o reservado e arisco constructor Cheol-su interpretado por Jung Woo-sung . Coñécense polas torpezas do destino e sendo dúas almas solitarias enseguida inician unha relación, namorándose perdidamente có que rematan casándose. Pero os momentos alegres véranse truncados repentinamente por algo que o director dende o primeiro momento nos vai deixando pistas e que eu non vou desvelar. A partir daquí puro drama.

As escenas máis bonitas e emotivas as vín nesta película, moita é a xente que queda moi tocada despois de vela porque un pensa realmente no valor da vida; quizais fai pensar niso no que nos pode pasar a calquera no día menos pensado. Se engadimos unha das mellores bandas sonoras onde non sobra ningún dos temas (hai dous temas en español^^), unhas inmellorables interpretacións (cousa a que xa nos teñen afeitos a parella protagonista), a química existente entre os dous e unhas imaxes que quedan grabadas na retina temos como resultado un dos mellores filmes do xénero. Cabe dicir tamén que a sensibilidade koreana dota do filme dalgo especial xa que se se tratara dunha pelicula occidental sería unha máis.

Non dubidaredes de que a recomendo 100% e que é imprescindible para todos os que amen o cine. (para ben ou para mal^^) Tamén teño que comentar que a pesar de que é un dos meus filmes favoritos son incapaz de volvelo a ver, son moi sensible^^*


Reparto:
  • Woo-sung Jung

  • Ye-jin Son

  • Jong-hak Baek

  • Sun-jin Lee

  • Sang-gyu Park

  • Hie-ryeong Kim

  • Ji-hyun Seon

  • Bu-seon Kim

  • Hang Lee

  • Jung-ki Kim

Fotos:






Trailer:

viernes, 1 de junio de 2007

ENTER THE PHOENIX / 大佬愛美麗, DAAI LO OI MEI LAI


Ao fin posteo algo dunha pelicula!^^

Pois hoxe vou falar sobre un filme de Hong Kong que vin onte, para cambiar algo de estilo decidín poñer unha de acción e comedia do 2004 e debut do seu director: Enter the Phoenix.

O argumento: as mafias locais de Hong Kong teñen un pacto de non loita pero morre un dos xefes e necesitan reemplazalo así que deciden chamar a seu fillo quen está en Tailandia traballando como cociñeiro; o único inconvinte é que é gay e non quere saber nada dos negocios do seu pai; pero por unha confusión é o seu mellor amigo o que o final vai ser nomeado xefe e todos cren que son parella. Xa en Hong Kong a parelliña atopárase con problemas creados por parte da personaxe de Stephen Fung quen quere vingar a morte do seu pai (morto xusto antes do pacto de paz).

Asustéime cando ao comezar vin que estaba producida por Jackie Chan, porque efectivamente non é o meu preferido, pero ao ver que o director era Stephen Fung e os actores incluían tanto a este mesmo como a Daniel Wu o primeiro dato pasou a ser sen importancia^^ Ademais teño que dicir que aínda que as peliculas hollywoodienses made in Jackie son bodrios infumables o Jackie peliculas chinas resúltame moi divertido e non digo que non para pasar un rato.

Certamente non esperaba moito desta pelicula pero divertínme moito véndoa, cousa que me facía falta xa que se sigo a ver dramas un día de estos non vai quedar nada de min^^*; así que todos aqueles que queiran pasar un bó rato recoméndolla encarecidamente e todos aqueles que busquen unha obra maestra pois dade media volta e fuxide^___^

Gustáronme moitos detalles, en primeiro lugar que o protagonista sexa un gay xa é raro neste tipo de peliculas e máis se é Daniel Wu quen o interpreta, en segundo lugar temos a aparición estelar de Nicholas Tse nunha especie de cameo que foi boísimo e sorpréndeume gratamente por suposto XD e o outro cameo final veu da man de Jackie e fíxome rir porque tampouco o esperaba ^__^ un bó detalle. Logo os chistes fan gracia, as loitas non son moitas pero son amenas e non te aburren con media hora dando patadas^^* e por último os actores estiveron moi atinados e divertidos nos seus papeis.

Así que a primeira pelicula do tamén actor, cantante, productor Stephen Fung recibe un aplauso^__^ Esperamos que non sexa a última que faga aínda que ten tareas en que ocupar o seu tempo^^
Reparto
  • Daniel Wu
  • Eason Chan
  • Karen Mok
  • To Man Chat
  • Law Kar-Ying
  • Stephen Fung
  • Yuen Biao
  • Nicholas Tse
  • Jackie Chan (cameo)
Fotiños





Trailer



Photo Sharing and Video Hosting at PhotobucketPhoto Sharing and Video Hosting at PhotobucketPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

miércoles, 30 de mayo de 2007

sen ideas

uys hoxe como non me apetece escribir moito por non dicir que nada, porque quería falar dunha peli ou dalgo pero estou cansa así que vou poñer unha foto por poñer algo.

Aish espero estar inspirada mañán ou pasado porque teño varios post de peliculas en mente ^^

Bueno a foto a collín dunha revista xaponesa así que non sei quen é o fotógrafo o que teño claro é que eu non fun^^

Espero algún día andar por esas rúas m(_ _)m e logo si que poderei poñer fotos feitas por min!^^

domingo, 27 de mayo de 2007

CANCIÓN PARA KARAOKE

O grupo koreano (imaxino que é un grupo pero o mellor é o cantante só) TwoTwo ténme tola coa canción 일과 이분의일 (nin idea de que pon por se alguén o pregunta aínda que pode que se titule SarangHae que siñifica quérote)^^

Pois sí, últimamente esta é unha das cancións que non me sae da cabeza XDXD é unha canción koreana considerada todo un clásico dos karaokes ^^ é do 1994 máis ou menos e xa sei que ten un toque hortera pero e que se pega que é moito...ese estribillo aínda que non sei nin o que di tanto da jejejeje as cancións de karaoke koreanas son do mellorciño!!

Preguntaredevos como cheguei a esta rareza...pois un día vendo xman (sí un programa koreano que non ten desperdicio e que se poden ver fragmentos polo famoso youtube) a cantaban e logo vendo a pelicula Almost Love (da cal teño ficha feita) a cantaban no karaoke e pegóuseme dende aquela xa que me baixei a banda sonora jajaja xa vedes meu frikismo vai a peor ^^*

Igual dentro de pouco sorprendo a alguén facendo o baile jajaja que cucos que son!^^


O videoclip non ten desperdicio^____^ que antigo se ve meu deus aigooooo^^*

Como proba da miña tolería déixovos có enlace para que a descarguedes:

sábado, 26 de mayo de 2007

Algunhas fotiños

O sábado pasado na aldea déuseme por sacar fotos, como de costume e como me acompañaba Midori/Patori pois de paseo saquei unhas fotiños moi chulas (dinme conta que ese lugar é máis bonito do que pensaba^^)
O carballo do que se namorou Midori e que eu descubrín logo de case 22 anos XDXD
O campiño que se ve dende o muro da igrexa, que potitas as flores^^

O can dos veciños da miña avoa saltando como un tolo e disposto a lametar, que simpático que é
E aquí ao pobre lle collín in fraganti XDXD

Graciñas a Midori ese día non foi tan aburrido como adoita ser^^*

BI/ RAIN/ JUNG JI HOON


Xa era hora! iso me dirá algunha que eu me sei...XD porque xa tardaba en por un post como é debido sobre Bi ou Rain ou Jung Ji Hoon (según cada cal).

Pois, como supoño que algún que lea isto non sabe de quen se trata vou falar un chisquiño del. Bi é ante todo cantante, pero tamén se dedica á interpretación.
O seu estilo de música englóbase dentro do r&b e kpop, algúns o bautizaron como o Justin Timberlake de Asia (que me perdoen pero este non lle chega nin a suela, ademais que isto das comparacións é algo que non soporto); o seu debut foi aos 20 anos e tivo que ir porta por porta para que lle deran unha oportunidade xa que foi rexeitado dalgún casting por non ter doble párpado (cousa que en Korea é símbolo de beleza), que ironía dende logo porque de ser rexeitado por "feo" a ser considerado un dos homes máis guapos e sexys de Asia (aparecendo tamén na revista people) hai un gran treito XDXD.
Xa có seu primeiro album "Bad Guy" (2002) causou toda unha sensación e iso só sería o comezo dunha carreira que non para de ir en alza. Có seu segundo album "How to Avoid the Sun" (2003) afianzóuse aínda máis e có terceiro titulado It's Raining (2004) xa se consagrou permitíndolle ser recoñecido fora de Korea, có que sacaría o seu primeiro album en xaponés "Eternal Rain" (2006) colleitando moi boas ventas e ademais collendo novas fans. Có cuarto disco en koreano "Rain's World" (a finais do 2006) tivo unha expectación incríble e pronto publicará o seu segundo album en xaponés.
As xiras que fai son realmente multitudinarias, e percorre medio mundo; é o único artista koreano que actuou dúas veces no Madison Square Garden, e iso xa é moito.

A súa carreira como actor aínda podemos dicir que está comezando. En Korea fixo dramas con papeis moi diferentes debutando en Orange no 2002, pero foi Full House (2004) o que lle deu a oportunidade de confirmarse como un dos actores máis prometedores, un drama que colleitou tanto fora como dentro de Korea un éxito sen precedentes. O seu seguinte papel, o último que fixo en kdramas: foi en "A love to kill" un drama moi duro onde a vinganza e o amor son os temas principais; neste drama o xiro interpretativo que fai para algúns significou o afianzamento como actor demostrando que pode afrontar papeis de índole moi diferente. Este ano, o 2007 pode ser o ano de Bi como actor, estenóuse no Festival Internacional de Berlín a nova pelicula de Park Chan Wook (Old Boy) na cal Bi é o protagonista masculino "I´m a cyborg but it´s okay", filme que colleitou o premio especial a cine innovador no mesmo festival. Ir a Berlin permitíulle coñecer aos irmáns Wachovsky (Matrix) cós que firmou un acordo para participar na súa seguinte pelicula cun rol secundario, pero que siñificará o seu debut en Hollywood.

Este ano saiu en TIME no posto número 1 de persoas máis influintes do mundo,(sendo esta a segunda vez que aparecía na lista) aínda que como é de supoñer se un coñece aos estadounidenses iso siñifica non poñelo en portada xa que non é rubio de ollos azuis v_v tamén siñificará intentar ridiculizalo nalgún programa que nin merece mención, aludindo a comentarios racistas e xenófobos que levantaron a ira dos koreanos e a indiferencia por parte de Bi.

A súa infancia non foi demasiado doada xa que os seus pais non lle permitían ir a clases de baile polo que mentía como un bellaco, e ía ás escondidas. Pero a súa nai morrerá dunha enfermidade moi grave no 2001 (xusto un ano antes do seu debut) algo que o marcou profundamente pero que fixo que loitara máis por alcanzar o seu soño e sair da pobreza xa que digamos que non vivía no mellor barrio de Seul.^^ Foi grazas a JYP (con quen acaba de rematar o contrato) que puido facer o seu gran debut grazas a que apostaron cegamente por el, saíndo triunfantes na inversión.
Premio tras premio, tanto como cantante e como actor dende xa os seus comezos no 2002 sendo premiado como mellor artista novo do ano en multitudes de galas, ata o 2006 sendo premiado tanto pola súa labor interpretativa como pola súa carreira musical dentro e fora de Korea. Neste ano 2007 foi elixido como embaixador de Korea do Sur e mesmo un avión conta coa súa imaxe impresa.

Full House, un kdrama onde fai o papel dun actor famoso que se ve obrigado a facer un contrato matrimonial coa divertida Ji Un unha escritora de novelas por internet.


A love to kill, un kdrama dramático onde fai o rol dun boxeador que se vingará da muller a que considera culpable de que seu irman esté en estado vexetativo; pero os plans de vinganza poden verse truncados debido aos sentimentos que van crecendo entre os dous.


I´m a cyborg but it´s okay, o seu debut na pantalla grande da man de Park Chan-Wook onde interpreta a un chico que está nun manicomio e cre poder roubar as almas das persoas.



Imaxe de Arena, Giordano, Nikon, Xtreme, Ohui, Pepsi, DOHC, Pantech etc etc
Bi en favor da infancia, tamén é imaxe para adopcións
Na Berlinale

Cartei dun dos seus tours e do dvd do concerto e fotos dos seus multitudinarios concertos



Imaxes dos famosos fanmeetings, está moi extendido por esos lares e consiste nun encontro coas fans onde firma autógrafos, canta ( non pasa nada se non é cantante o caso é que cante e mesmo se pegue un bailiño), e lle regalan cousas a parte de ser entrevistado.
Agora poño algúns videos:
"How to avoid the sun", miña canción favorita ; triste e cantada con moito sentimento^
"Bad Guy", o seu primeiro éxito


Sad Tango, o seu éxito en xaponés


"I´m coming", do seu último disco e cun video moi currado en efectos e Rain con novo look


"Touch Ya", do seu último disco, actuación en MBC Music Score uffffffffff


"Still Believe", unha das miñas cancións predilectas e que é promoción do BMW


Actuación onde mostra as súas habilidades có baile


"Iksukchi anhaso", canción emotiva adicada a sua nai e sempre que a canta remata chorando e fai chorar a tódalas fans
Unha das actuacións que máis nos gusta ver as fangirls é "Nan" lla dedico especialmente a Midori que sei que o picar do nariz cara o final se fai insoportable^__^
E por último unha das cancións estrelas "It´s raining" todo un icono ^^