Outro descubrimento musical, esta vez é un solista^^
Trátase de Son Ho Young 손호영 que naceu un 26 de marzo de 1980 en New Jersey, é dicir USA. Déuse a coñecer en Korea como compoñente do grupo de kpop G.O.D que estivo activo dende 1999 ata o 2005 e que entre os seus membros a parte de Ho Young se atopaban Kim Tae Woo(김태우),Danny Ahn (데니 안),Park Joon Hyung (박준형) e Youn Kyae Sang (윤계상), realmente o grupo por así decilo segue existindo a pesar de que o último nomeado xa non fai ningunha actividade.
O antes do grupo:
E o agora:
A pesar de non rematar có grupo os membros centráronse nas súas carreiras e no 2006 presenta o seu primeiro traballo como solista titulado "YES", que contén os éxitosos singles "운다" ("Crying"), "YES", and "사랑은 이별을 데리고 오다" ("Love Brings Separation"), sendo o primeiro exmembro en lanzarse en solitario.
E este xullo pasado sacou novo single titulado Sweet Love; onde a canción principal é "하늘에 내 마음이" ("My Heart in Heaven").
O famoso grupo G.O.D. e o seu pv, a canción é boísima e os catapultou ao éxito; ademais o video o protagoniza un dos meus centos de oppas Jang Hyuk de xovenciño:
Agora seu último pv, o que fixo que me fixara nel jeje a canción encántame^^
E este é o seu primeiro single "Yes" pertencente a seu primeiro album do mesmo nome:
(as hai con sorte O_o)
E para rematar un video del bailando en Xman (que raro que baile ben eh? jaja)
Espero que vos guste tanto como a min, porque HoYoung o vale que ten moito talento XD
Por certo púxenlle o mote do chicosonrisa porque é que esta seguido sorrindo, e eu tan encantada jeje que riquiño que é <3
Regreso para falar dun novo grupo de Korea que mestura soul, r&b, hip hop e kpop. O grupo está formado por tres compoñentes, algo que parece estar moi de moda no país^^; dous chicos e unha chica.
O líder é 이현 / Lee Hyun que ten 25 anos e é o cantante principal
주희 / Joo Hee a chica
O rapeiro (aínda que tamén canta) 백찬 / Baek Chan; estes dous últimos de 24 anos.
Só teñen un disco "8eight Vol. 1 - The First" có que se fixeron un oco no mercado musical, colleitando un gran éxito.A canción que os presentou foi 사랑을 잃고 난 노래하네 (ven a siñificar algo sí como "olvida o amor e canta") aquí tedes o pv:
E demostrando as grandes voces que teñen no programa que os deu a coñecer:
Por último un video antes do seu estrellato onde cantan cancións de r&b de sobra coñecidas:
Esperemos que seu éxito non sexa momentáneo e nos deleiten con máis boas cancións, porque dende logo o valen.
PD.- non puiden resistilo e atopei a Lee Hyun cantando unha das miñas cancións favoritas de Wheesung así que o poño, que bó gusto musical ten^^:
Incríble pero certo o novo de Jay Chou é máis que discutible. Este taiwanés con talento de sobra para todo o que ten que ver có mundo artístico está desconcertando e encantando por partes iguais co seu novo traballo, xa que se lle deu por probar có country nun album chamado "On The Run" que sairá a venta o día 2 de novembro. A canción coa que o presenta chámase "Cowboy on the run".
Si...lichedes ben, un taiwanés facendo country sona bastante raro O_o pero Jay é coñecido por experimentar con novos sons sen importarlle moito o que dirán, tamén é certo que o seu posto na industria é raro que se tambalee debido a seu enorme fandom.
Jay ten 29 anos (quen o diría con esa cara de neno) e na súa longa carreira fixo de todo, empezou escribindo cancións para outros e agora é unha das grandes estrellas de Asia. Músico, cantante, compositor, actor, escritor, guionista e director parece que non hai nada que se resista a ser probado por este home. Unha das súas facetas máis coñecidas é a de pianista, instrumento que comezou a tocar aos 4 anos pero non é o único, xa que demostra o seu talento tocando case todos os instrumentos (incluíndo chelo e violín).
Logo de todos estes anos logrou obter un son único que mestura r&b, hip hop, rap, rock, etc etc... o chamado ""Chou Style" (chino tradicional: 周氏風格; chino simplificado: 周氏风格; pinyin: zhōu shì fēnggé) e aínda que o engloban dentro do cpop, o seu estilo pódese dicir que é inclasificable^^
Agora o único que lle faltaba por probar quizais era o country, e como non ía ser menos con moito humor presenta o seu novo traballo que pode gustar ou non gustar pero indiferente non deixa a ninguén.
Particularmente, a canción resúltame divertida e o videoclip máis XD como fan súa pode que prefira a súa etapa anterior pero está ben experimentar para atopar onde está o propio límite de cada un, tamén pode ser que Jay só queira mostrar un lado máis humorístico e divertido que o que nos ten acostumados.
Como sempre Jay nos sorprende ano tras ano, traballo tras traballo e chéirame que sempre será así.
Jang Woo Hyuk (08-05-1978, Daegu Korea do Sur) é un rapeiro que comezou sendo membro da éxitosa boyband H.O.T, da que entre outros era membro Kangta outro auténtico idol made in Korea; logo de publicar 5 albumes romperon e no 2001 formou JTL xunto a dous ex-membros de H.O.T Lee Jae Won e Tony Ahn, cós que sacou 3 álbumes.
Aquí vos deixo con "Candy" un dos éxitos de H.O.T, (fun disfrazada deles sen sabelo!!)
Un dos tamén múltiples éxitos de JTL, "Enter the dragon"
É no 2005 cando decide lanzar seu primer disco en solitario "No More Drama" que foi un total éxito e provocou que no 2006 lanzara seu segundo album "My Way" que chegou a número 1 de contado^^ Na súa carreira como cantante en solitario colaborou cós prestixiosos compositores Kenzie e Pang Shi Hyuk quenes escribiron a melodía de "It´s raining" éxito de Bi/Rain e tamén con máis talentosos músicos koreanos que non dubidaron en botarlle unha man. Pra preparar o seu primeiro album Woo Hyuk estivo 10 meses entrenando baile.
Seu éxito traspasou as fronteiras de Korea e fíxose realmente popular no mercado musical de China e Taiwan. O portal máis grande de China, sina.com; elixiu a Woo Hyuk como o cantante koreano favorito para os chinos, batendo a Rain que quedou en segundo posto; e de paso fixo doblete gañando tamén como o mellor bailarín. Como non é parvo nos seus planes de futuro aparecen como obxectivos facer apariencias en China e Taiwan, xa en abril de 2006 comezou súa promoción en China e creou o seu fan club oficial.
Do seu primeiro album "Flip Reverse"
Do mesmo album "Sun that never sets"
Outro éxito do seu segundo e polo que agora último traballo "One Way"
A parte de rapear e cantar algo que se lle da moi ben é bailar XD É membro de CEO de Newest Entertainment, unha prestixiosa academia de baile. Un dos seus motes é "Hammer boy" debido ao seu famoso baile "locking" en H.O.T, é un baile que mestura o funky e o street dance que está asociado claramente ao hip hop. Esta habilidade no baile fixo que gañara reputación como "O principe da música de baile", segundo un ranking está considerado como o o terceiro mellor bailarín do mundo, xa que aparece como o primeiro de Korea. Dende logo non é para menos senón mirade, aínda que a calidade deixa que desexar vale a pena:
Este baile o fixo en xman, un dos programas máis famosos e divertidos de Korea ao que é asiduo; dende logo o "milagro" que fai é incríble non pensei que se puidera facer!
o famoso miracle! vése que está moi influenciado por Michael Jackson, mesmo lle ten adicada unha canción^^*
A parte de todo isto ata a cantante afro-koreana-americana Amerie declarou que lle encantaría colaborar con el, non é parva a tía! que xa colaborou con Se7en^3^ (eu tamén quero!!!)
Actualmente as fans están esperando que faga algún traballo, e parece ser que polas últimas noticias pode sacar pronto algo novo!! A pesar de que ten problemas na mandíbula e por iso aplazou súa entrada no servicio militar, que son máis de dous anos!! (ais que depresión**) Debido a isto foi acusado por algúns medios de querer zafarse da mili..pero el negou en todo momento tal cousa, a verdade non me estraña que fagan calquer cousa para non ir porque lles jode bastante a súa carreira.
Pois agora só nos toca esperar a que apareza de novo para arrasar, xa que talento lle sobra^^
Ao fin decidín escribir algo...e que non me apetecía nada postear así que estiven de vaga
Teño tantas cousas que postear que xa verei por onde comezo..estes meses descubrín máis talentos musicais, máis peliculas e máis dramas e dramas jeje así que a próxima entrada vai ser complicada porque non sei a que dedicala jeje demasiadas cousas!
E que pensar que fai un ano que xa tou asiatizada parece incríble, se semella que só pasaron uns mesiños de nada^^ a verdade neste ano aprendín moitas cousas, sobre todo aprendín que a parte do mundo comercial occidental hai outro que é xigantesco e dende logo máis que rico XD porque cinematográficamente na miña humilde opinión parécenme a aos luz de hollywood, non quero dicir con isto que no resto do mundo non se faga bó cine, xa que eu vexo tamén peliculas made in usa sen ningún problema e por suposto que hainas moi boas, boísimas. Pero a poesía que teñen as orientais nunca a vin nunha occidental, vese claramente o intento desesperado de moitas produccións hollywoodienses imitando e remakeando peliculas unha e outra vez (e vai en aumento) de filmes de Asia Oriental..e iso que moitos din que por exemplo Hallyu (o chamado cine de Korea do Sur) está de capa caída^^* eu sigo vendo filmes boísimos, claro que hai bodrios como en todos lados, pero un bodrio koreano e mellor que un bodrio americano (o garantizo^^).
Con respecto a esto último, en Korea do Sur últimamente se falaba de certa crise na industria cinematográfica do país..resultou todo máis ben unha estratexia de marketing, dádevos conta que neste último mes das 10 peliculas máis taquilleiras todas son de factura propia menos dous ou tres que se conseguen meter de USA^^* así gustaríame saber onde está crise jeje máis ben vexo que a famosa ola koreana non ten final, sempre nos sorprenderán.
Menudo rollo acabo de botar sobre o cine koreano, tamén teño que engadir que isto non só pasa en Korea xa que nos demais países orientais o seu cine autóctono é o que gaña máis terreo, moitos países europeos quixeran ter esa cuota de cine propio XD
Sobre a música pasa máis do mesmo, e teño que engadir que alí os idols son auténticos stars mediáticos que por onde pasan causan euforia incontrolada; pero a pesares diso xa me gustaría ver a algunhas stars internacionais facendo e prestándose a cousas incríbles jejeje
A conclusión de todo esto é que moito temos que aprender
Semellante tocho para non dicir moito ne? Incluso igual non ten sentido ningún pero soltei o primeiro que se me pasou pola cabeza jejeje gomen!
A próxima entrada prometo que terá máis sentido e postearei algo interesante como mínimo. chuuuuuuuuuuu
Logo de varios días sen escribir nada e facendo un stop no de poñer dramas vou poñer fotiños!!
Fai unhas semanas fun a casa da miña avoa disposta a buscar o gatiño asustadizo (ese que se escondera na roda do coche...rabuñóume...e escondéuse de novo...), pois despois dos nosos intentos (miña prima Iria e mais eu) conseguimos que lle permitira a miña avoa acércarse...por iso se chama Pedrito
Pois non se debía acordar moi ben de min, ou lle trouxen malos recordos..pero o outro día escapóume así que tiven que ir ao monte detrás del e alí si que estivo xogando e por fin puídenlle quitar fotos!!
Dorama del 2005 basado en el popular manga de shoujo del mismo nombre de Kamio Yoko, del que también se realizó un twdrama (de Taiwan) en el 2001 llamado "Meteor Garden" con su correspondiente segunda temporada.
Makino Tsukushi es una estudiante pobre en la Eitoku Gakuen, un instituto lleno de ridículos ricos y privilegiados en el que mandan los F4, un grupo de cuatro chicos pertenecientes a las familias más poderosas de Japón: Tsukasa Domyoji es el líder y su madre es la dueña del Domyoji World Finance Group; Hanazawa Rui, es el introvertido hijo de una gran compañía; Nishikado Sojiro, es el hijo de los dueños de una escuela de la ceremonia del té; y Mimasaka Akira, al que sólo le gustan las maduras se dice que su familias tiene oscuros negocios. Si un estudiante es cogido haciendo algo que no le guste a alguno de ellos, recibirá una tarjeta roja en la taquilla, lo que significa que todo el colegio lo acosará hasta que se marche de la escuela.
Así Makino después de ayudar a su amiga ve como recibe una tarjeta roja, a pesar del miedo se enfrentará ella sola a los F4.
La banda sonora está bien, con el opening de unos de mis grupos favoritos de jpop Arashi (ya que el protagonista es miembro) "Wish" y también aparece una canción de Ai Otsuka llamada "Planetarium" realmente buena.
Debido al éxito del drama se realizó este 2007 una segunda temporada (un poco más floja) y también se hará una película que prevee su estreno para el verano del 2008.
Mi opinión es que es un dorama muy bueno, te lo ves en un día entero sin ningún problema; son pocos capítulos (10 y duran 45 minutos menos el primero y último que son de más duración) y son todos realmente entretenidos y que, en mi humilde opinión; saben reflejar muy bien el espíritu del manga.