Agora tócanos viaxar ata Nippon.^^
A pelicula (2005) trátase dunha adaptación da novela Haru no Yuki de Yukio Mishima, e relata a historia de amor e pasión entre Kiyoaki (Satoshi Tsumabuki) e Satoko (Yuko Takeuchi) a principios do século XX (1910) nun ambiente aristoscrático influido polo mundo occidental na apariencia.
Kiyoaki dáse conta de que está namorado de Satoko demasiado tarde, cando ela xa aceptou a proposición de matrimonio doutro home, e mesmo recibiu a "bendición" do emperador polo cal a súa historia será dun amor imposible.
De ritmo pausado, e longa metraxe o filme para algúns (para min non que me gusta a lentitude^^)pode que sexa difícil de ver (pode resultarlle lenta) pero realmente vale a pena ter paciencia. A banda sonora como é de costumbre gustóume moito e acompaña moi ben para rematar cunha canción (potita) interpretada por Utada Hikaru (unha das princesas do jpop). Coas paisaxes que se ven dan ganas de coller o avión e marcharse^^
Os actores persoalmente téñolles moito cariño, Kiyoaki interpretado polo kawaii Satoshi (^3^) e Satoko interpretada por Yuko que é unha das miñas favoritas (sempre será Aki ^^) e non decepcionan nos seus papeis, a verdade é que sorprenden. Non é a primeira vez que traballan xuntos, xa o fixeron no dorama "The Queen of Lunchtime Cuisine"; e iso inflúe na química que transmiten.
A parte o filme foi nominado en nove categorías nos Japanese Academy Awards.
Reparto:
- Satoshi Tsumabuki
- Yuko Takeuchi
- Sosuke Takaoka
- Michiyo Okusu
- Tomorowo Taguchi
- Kenjiro Ishimaru
Trailer:
Capturas como sempre:
No hay comentarios:
Publicar un comentario