jueves, 5 de abril de 2007

TAEGUKGI


Pois agora toca Taegukgi (2004), como xa comentei anteriormente é unha pelicula que trata sobre a Guerra de Korea. A diferencia de Welcome to Dogmakgol aqui temos grandes batallas, máis acción e se adentra na vida dos soldados.

Realmente para min foi a pelicula bélica que máis me chegou superando a moitas hollywoodienses que tiña de favoritas neste xénero. A clave está en que fai algo moi difícil que é ser imparcial.

O argumento céntrase na historia de Jin-tae (interpretado por Jang Dong Sun) e Jin-seok (interpretado por Won Bin), dous irmáns que son obrigados a ir á guerra contra os "rojos" as críticas choven para ambos bandos; e a conclusión final á que chegamos é a inutilidade da guerra que tan só da lugar a sufrimento.

Realmente a historia dos dous irmáns cala moi hondo, para min é raro chorar cunha pelicula deste xénero pero esta é un caso estraño e creo que a cuestión é que os momentos emotivos son levados dunha maneira tan natural e real que fai que chegue máis ao público. A banda sonora sen lugar a dúbidas axuda moito e se engadimos unha interpretacións desbordantes pois non fai falla nada máis.

A pesar de que algúns din que non é orixinal, o certo é que para min é orixinal no sentido en que non se posiciona por ningún bando e non vanagloria a bandeira dun nin doutro bando, e iso é máis que suficiente.

Creo que sobra dicir que está máis que recomendada ^^ ademais son fan de Won Bin(^3^) así que que máis podo pedir! ^__^


Reparto:
  • Jang Dong-gun (장동건, 張東建)
  • Won Bin (원빈, 元斌)
  • Lee Eun-ju (이은주, 李恩宙)
  • Gong hyeong jin (공형진)
Trailer:


Capturiñas:






















No hay comentarios: