jueves, 12 de julio de 2007

TADA, KIMI WO AISHITERU ただ、君を愛してる / HEAVENLY FOREST


"Tada, kimi wo aishiteru" trátase dunha adaptación da novela de Takuji : "Renai Shashin: Mou Hitotsu no Monogatari", estreada en Xapón en outubro do 2006 e que funcionou bastante ben en taquilla.

A historia xira en torno a Makoto (Tamaki Hiroshi^3^), un fotógrafo; que viaxa a Nova York durante o nadal buscando a súa mellor amiga, Shizuru (Miyazaki Aoi). A partir de ahí o filme céntrase en cando os dous se coñeceron estudiando na universidade, e a súa especial conexión foi debida aos complexos que teñen ambos, Makoto é extremadamente tímido dende pequeno e Shiruzu ten unha personalidade moi especial pero ao igual que Makoto o relacionarse cós demais non é o seu pasatempo favorito. Pero ambos atopan un no outro un apoio, ademais Shizuru pouco a pouco váise interesando pola fotografía e os dous van xuntos a un bosque (ao que está prohibido entrar) a tomar fotos. A súa amizade se verá entorpecida polos sentimentos de Shizuru cando Makoto comeza a interesarse por outra chica chamada Miyuki.

Un dos filmes máis bonitos que puiden disfrutar últimamente^^ Iso sí ter preparados os klinex, porque a historia non é un campo de rosas O_o E destes filmes que deixan bó sabor de boca, con imaxes que se quedan grabadas na retina e cun final precioso ademais dunhas boas interpretacións, realmente encántame Tamaki e Aoi é unhas das miñas favoritas; quen a vira facendo da "pija" Nana aquí non a recoñece XD. A banda sonora é , como sempre, preciosa e canción principal titulada "Renai Shashin" é destas que se te queda na memoria xa que é da superidol Ai Otsuka e a min, a súa voz resúltame moi doce así que eu toda contenta^^

Reparto:
  • Aoi Miyazaki
  • Hiroshi Tamaki
  • Munetaka Aoki
  • Keisuke Koide
  • Meisa Kuroki
  • Asae Oonishi

Fotiños:








Trailer:

martes, 10 de julio de 2007

FLY HIGH / 사랑하니까, 괜찮아 SARANGHANIKKA, KWAENCHANHA

Ao fin dáseme por escribir algo sobre unha peli^^ tou de vaga subida XDXD pero esta espero que sexa a primeira doutra racha xa que últimamente estou disfrutando boas películas^^*

Pois este melodrama romántico é de Korea do Sur do recente ano 2006. A historia céntrase en Min-Hyuk (interpretado por Ji Hyun Woo) un estudiante de 18 anos que soña con ser mangaka e que nunca tivo unha relación seria na súa vida, ata que se namora a primeira vista de Mi-Hyun (intepretada por Lim Jeong Eun) cando a ve nos baños de chicos^^ a partir de ahí inténtao de tódalas maneiras para conseguir salir con ela, pero un fracaso ven detrás doutro fracaso; nada lle funciona. Ela manténse rexeitándo ata que un día sen máis marcha deixándolle un email coas palabras "síntoo".

O filme está divido en dúas partes claramente, a parte moi humorística que ven da man do protagonista masculino cando intenta conquístala por tódolos medios^^ e a parte máis dramática que ven dada pola madurez de ambos personaxes, e que algunha bágoa pode provocar.

A banda sonora está xenial, ten un pouco de todo tanto para os momentos alegres (cunha canción xenial de rock) como para os momentos tristes onde hai que destacar a canción "o reloxo do meu avó" unha canción antiga koreana preciosa.

Persoalmente este filme comeza a encabezar a lista de películas vistas últimamente, e é que ten risas aseguradas (sobre todo debidas aos momentos estelares que ten o protagonista) e ten cousiñas serias que che fan pensar^^ a parella protagonista ten moita química, cousa bastante común no cine koreano a verdade; e o seu bó "rollo" fóra dos platós parece que o souberon plasmar na pantalla e non estou dicindo que estén liados que quede claro jijiji. A parte da parella protagonista os amigos non teñen desperdicio ningún porque están todos tolos XD Os actores, todos; están xeniais pero claro eu destaco máis o labor dos protagonistas ^^ (aiss o prota...^3^)

Concluíndo hai que vela!!

Reparto:
  • Ji Hyun-woo (지현우)
  • Lim Jeong-eun (임정은)
  • Jeong Han-yong (정한용)
  • Jeong Ae-ri (정애리)
  • Kang Rae-yeon (강래연)
  • Joo-ho (주호)
  • Park Kyeong-ho (박경호)
  • Kim Song-hee (김송희)
  • Woo Bong-sik (우봉식)
Encántanme os carteis de promoción:




Hora de capturas!!^^

Múltiples formas de conquista, onde mostra as súas dotes como bailarín e cantante ( na vida real Hyun Woo é guitarrista do grupo The Nuts) e moito máis^^v aiss con esa cariña quen pode dicirlle que non!!









Trailer: (onde curiosamente aparecen esceas que non están incluídas no filme^^)

Enlaces pra a descarga da peli:
Pando Package

Pando Package


Subtítulos:

Pando Package

domingo, 8 de julio de 2007

몇번을 헤어져도 - 김희선 / Myeochbeoneul He-eojyeodo (Kim Hee Seon)

Despois de aventuras con gatiños, facer chorradas có photoshop (que cada vez melloro máis) e máis vagueos decido postear algo^^ e esta vez e a letra dunha canción dun kdrama que está entre as miñas favoritas, ademais sempre te acaba gustando e quedándote a canción principal na cachola (senón toda a banda sonora) debido a súa repetición en momentos estelares XDXD
Esta canción pertence a banda sonora do kdrama Sad Sonata/Sad Love Story/Sad Love Song (e igual máis títulos...) en hangul chamado 슬픈연가 / "Seul-peun Yeon-ga" e é un dos mellores dramas que vin, triste a máis non poder...V_V esta canción a canta a protagonista, unha cantante cega (bueno hai máis historia pero é moito contalo todo) e xa me gustaba sen saber o que siñificaba pero nun capítulo cumbre foi traducida pola xente de asia-team así que cando supen o que dicía gustóume aínda máis^^ e iso que a letra é curta pero a canción non o é tanto, débese a que é cantada con pausa e ten moito instrumental. Realmente creo que vale a pena ver esta serie e escoitar esta canción.


몇번을 헤어져도 - 김희선

나머지 삶을 다 쓸게
오래된마음 말할께
몇번을 헤어져도 다시 볼거야

*운명은 잊지않고서 우리를 데려갈텐데
같은날 같은곳에 묶어줄텐데

따라온 이별은 끊고
너에게 무릎을 꿇고
처음부터 오직 너였어
나에 모든사랑을 *

아는지 병든 슬픔을 아는지

언제나 너를 가졌다 믿어도
갖지못한사랑을..

너에 사랑을...


Te escribiré el resto de mi vida
Revelaré lo que ha estado en
mi corazón por tanto tiempo
Incluso después de muchas despedidas
nos veremos de nuevo.
El destino no nos abandonará
nos traerá al mismo lugar y al mismo día
Realmente no estoy viviendo.
Sin ti, el cielo es
como la oscuridad sin fin

*snif* *snif* que potita *snif* *snif*

Déixovos cun video dun trozo do drama onde sae a canción (kwon tocando o piano *babas*)^^

lunes, 2 de julio de 2007

LEMBRANDO

O outro día buscando a miña lista de verbos irregulares de inglés atopeime sen querelo con toda a chea de debuxos que fixen cando era pequecha (e non tan pequecha) e entre os adefesios que pensaba que eran bós debuxos atopéime un kawaiioso e como Midori (si a mesma de sempre^^) me pediu que o escaneara pois alá vou e aquí está^_^

Dende logo menudo rollo boto para pór un cutre debuxo XDXD pero bueno esta é a miña máxima expresión artística (xa podedes imaxinar o ben que se me da debuxar) e o faría con 10 anos ou así..a saber^^

jueves, 28 de junio de 2007

HO! HO! SUMMER


Pois xa estamos no vran ^^ alegria, praia e sol...e tamén libros pra algúns....isto de non rendir cando se ten que facer trae tristes concecuencias XD en fin profesores que tanto quero vémonos en setembro!! ^^

Este vrao preséntase ocupado...terei que estudar O_o pero tamén teño que traducir cousiñas e facer outras tantas para o blog común que temos midori e mais eu e é que ter un público que nos demanda trae estas consecuencias jejeje pero nos encantadas ne midori?? se é que frikeamos do lindo^^v a parte de todo isto espero pasalo ben na praia e poñerme algo moreniña non como o ano pasado que con tanto fume (putos incendiarios) o sol non pasaba v_v

Esperemos que este vrao non traia tanta calor nin tanto lume como o ano pasado, que esas cousas non se volvan repetir...v_v o máis triste é ver como arde un monte mentres ti non podes facer nada...

Se me vai moito pero débese a que son horas de ir para cama e o sono está atacándome..en fin boa noite queridos lectores^_______^

Por certo a foto foi tomada nas Illas Cíes o agosto pasado..que lembranzas!!^__^ ne irinha? XD

viernes, 15 de junio de 2007

MAUMY/ HEART PAWS & QUILL

Dúas peliculas de dous países diferentes pero que teñen como unha das personaxes principais a un canciño^^ as dúas son tenras, unha quizais máis que outra; e as dúas son tristes, unha más ca outra pero en definitiva dúas boas películas.

MAUMY
Maumy é de Korea do Sur, foi feita máis para a tele que para o cine pero xa me gustaría que deran por aquí esta clase de películas na sobremesa^^ cautivóume a nena protagonista, que dan ganas de secuestrala! e o neno encántame! tiven a oportunidade de disfrutar máis traballos del e realmente neste caso pódese dicir que naceu para actuar.

A historia comeza có neno roubando un cachorro nunha casa, xa que quere darllo de agasallo polo cumpre á irmá. Os dous viven sós xa que a súa nai os abandonou para ir a traballar á cidade; periódicamente os visitan seus tíos. Coa chegada do canciño as súas vidas cambiarán.

O dito a banda sonora, as interpretacións e a historia están xenial. Iso sí preparade os klinex, eu rematei con eles, porque é unha das peliculas máis tristes que vin (son moi sensible có tema dos animais jos).

Kawaiiiiii:

Trailer:


QUILL

Con respecto a Quill pois chéganos dende Xapón, e a diferencia da outra pelicula aquí o absoluto protagonista é o can chamado Quill un labrador coa característica de ter unha mancha no estómago (con forma de pluma de ahi seu nome) e que estará destinado a ser can lazarillo. A película segue a vida dende que nace ata que se fai un adulto, transformándose nun can especial para todos.
A actuación do can é memorable, cómo expresa cós ollos é incríble. E a banda sonora é sinxela pero preciosa, idónea en cada momento.

Mirade que monada:


Especie de trailer (o único que atopei):


Realmente recomendo as dúas pero sinto especial predilección pola koreana xa que quizais é máis sentimental ^^ Pero tedes que ver as dúas se vos gustan os animais!!!!!! Se os odias é unha boa oportunidade para cambiar de opinión^^

jueves, 14 de junio de 2007

GENKI NE!!!!!!

Hoxe son máis feliz cunhas castañas!!!Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Chegóume o meu agasallo de cumpre por adiantado!!!!!!!!!!!!! ¿de qué se trata? pois algo un pouco friki XDXD do novo album do meu grupo favorito: KANJANI 8!!! É raro e casi imposible que eu merque un disco pero realmente eles o merecen!!
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Cando vin o sobre no buzón non mo creía porque pensaba que ían tardar máis xa que o disco saíu á venta en Xapón o día 6 de xuño! Que eficaces estes de yesasia^^
Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket
Estou que non quepo jajajaPhoto Sharing and Video Hosting at Photobucket

Bueno voume durmir que xa son horas e non quero desvariar de máis


Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket