miércoles, 18 de julio de 2007

눈의 꽃- 박효신/ Nun-ye Kkott (Park Hyo Shin)

Decidín traducir unha das cancións máis bonitas dun kdrama, pertence a un dos mellores dramas koreanos que se poidan disfrutar "I´m sorry I love you" ou coñecido tamén como MISA siglas pertencentes a "Mianhada, Saranghanda" (미안하다, 사랑한다).
O drama é unha historia tráxica onde a vinganza e o amor son os principais protagonistas, pódese dicir que a vinganza é un tema moi recurrente tanto nos dramas como nos filmes koreanos, ao fin e ao cabo é un territorio que dá moito xogo e é tamén un dos temas máis interesantes para explorar. E o amor é o outro gran tema, así que quen diga cousas como que os asiáticos non sinten o amor penso que debería mirarse ao espello (realmente odio a este tipo de xente que por tristeza non é pouca)O_o
Como protagonistas están So Ji Sub (^3^) e Im Su Jung, chico e chica respectivamente^^logo estarán en papeis máis secundarios Jung Kyung Ho, Suh Ji Young, Choi Yeo Jin e Lee Hye Young. Traballan máis pero estos son os que máis importancia teñen.
Quen se quera iniciar no mundo dos dramas ou series asiáticas esta é unha boa recomendación para comezar^_^ aínda que é un dos máis traumantes tamén polo triste que é.
Sen máis déixovos coa canción en koreano e a miña traducción ao galego da canción principal, que está interpretada por Park Hyo-Shin. Espero que vós guste.


눈의 꽃- 박효신/ Nun-ye Kkott/Snow Flower

어느새 길어진 그림자를 따라서
땅거미 진 어둠 속을 그대와 걷고 있네요
손을 마주 잡고 그 언제까지라도
함께 있는 것만으로 눈물이 나는 걸요

바람이 차가워지는 만큼
겨울은 가까워 오네요
조금씩 이 거리 그 위로
그대를 보내야 했던 계절이 오네요

지금 올해의 첫 눈꽃을 바라보며
함께 있는 이 순간에
내 모든 걸 당신께 주고 싶어
이런 가슴에 그댈 안아요

약하기만 한 내가 아니에요
이렇게 그댈 사랑하는데
그저 내 맘이 이럴 뿐인 거죠

그대 곁이라면 또 어떤 일이라도
할 수 있을 것만 같아 그런 기분이 드네요
오늘이 지나고 또 언제까지라도
우리 사랑 영원하길 기도하고 있어요

바람이 나의 창을 흔들고
어두운 밤마저 깨우면
그대 아픈 기억마저도
내가 다 지워줄게요 환한 그 미소로

끝없이 내리는 새하얀 눈꽃들로
우리 걷던 이 거리가
어느새 변한 것도 모르는 채
환한 빛으로 물들어가요

누군가 위해 나 살아갔나요
무엇이든 다 해주고 싶은
이런 게 사랑인 줄 배웠어요

혹시 그대 있는 곳 어딘지 알았다면
겨울밤 별이 돼 그대를 비췄을 텐데
웃던 날도 눈물에 젖었던 슬픈 밤에도
언제나 그 언제나 곁에 있을게요

지금 올해의 첫 눈꽃을 바라보며
함께 있는 이 순간에
내 모든 걸 당신께 주고 싶어
이런 가슴에 그댈 안아요

울지말아요 나를 바라봐요
그저 그대의 곁에서
함께 있고 싶은 맘뿐이라고
다신 그댈 놓지 않을게요

끝없이 내리며 우릴 감싸온
거리 가득한 눈꽃 속에서
그대와 내 가슴에 조금씩
작은 추억을 그리네요
영원히 내 곁에 그대 있어요


Flor de neve (copo de neve)

Estou camiñando ao longo deste pesado camiño, lado a lado contigo
Mirando as nosas sombras crecer máis e máis

As bágoas brotan dos meus ollos simplemente ao pensar camiñar collido da man contigo pra sempre

O frío vento sinala que chega o inverno
A estación na que tiña que deixarte ir está acercándose e acércandose

Mirando o primeiro copo de neve do inverno,
Abrázote pensando que quero darte meu todo

Non sei como de débil pensas que son,
entende como de forte é meu amor por ti

Se é por ti, podo facer todo
Rogo que o noso amor dure pra sempre

Cando o vento sacude as ventás e a noite chega,
Borrarei as túas dolorosas memorias cun brillante sorriso

Os camiños que recorremos xa se están cubrindo con copos de neve de blanco puro ante os nosos ollos
Pra quen vivín?
Aprendín que o amor está esperando para darlle a esa única persona o mundo enteiro

Se só soubera onde estabas,
Convertiríame nunha estrella para brillar sobre ti

Os días felices e as noites cheas de bágoas,
Sempre estarei ao teu carón

Mirando o primeiro copo de neve do inverno,
Abrázote pensando que quero darte meu todo

Non chores, mírame
Quero estar contigo pra sempre
Non vou a perderte de novo

As nosas memorias caerán xuntas nos nosos corazóns como o non rematar de copos de neve caerán nas rúas.

Ti estás sempre ao meu carón.



Agora déixovos có vídeo onde se pode escoitar e onde aparecen imaxes do drama^_^

sábado, 14 de julio de 2007

THE NUTS

Dende que vin a pelicula Fly High (da que xa puxen ficha) o meu interés por Hyun Woo, o actor principal; fíxome descubrir que era guitarrista dun grupo chamado The Nuts, e comecei a escoitar algo deles ante a sorpresa de que me gustaron ata tal punto que non paro de escoitar o disco, realmente é boísimo!!
Debutaron no 2004 cun minialbum pero foi có seu segundo album chamado "Whispers of Love" e sobre todo gracias a triste balada "Jansori/Nagging" (fala dunha ruptura) coa que se deron a coñecer, debido tamén á fama que acadou o guitarrista Hyun Woo ao aparecer en peliculas, musicais (Grease versión koreana^^) e dramas de gran éxito.


A súa música é kpop cun toque de rock, o que máis abundan son as baladas ...que bonitas son!!! A voz do cantante é boísima XD e Hyun Woo aínda que non canta no album sí o fai ás veces nas actuacións e non canta nada mal^3^

Os membros son:
  • Joong-shik (cantante)
  • Jin Hyun-woo (guitarra)
  • Kim Woo-kyung (batería)
A canción da que me namorei e que os deu a coñecer é esta chamada "Jansori 잔소리" aquí canta Hyun Woo coa guitarra e o estribillo faino Joong Shik :

Outra balada "My person":
Aisss que guapo e talentoso é Hyun Woo Photo Sharing and Video Hosting at Photobucket

Aquí déixovos o seu segundo album chamado "Whispers of love", espero que o disfrutedes^^

Pando Package

jueves, 12 de julio de 2007

TADA, KIMI WO AISHITERU ただ、君を愛してる / HEAVENLY FOREST


"Tada, kimi wo aishiteru" trátase dunha adaptación da novela de Takuji : "Renai Shashin: Mou Hitotsu no Monogatari", estreada en Xapón en outubro do 2006 e que funcionou bastante ben en taquilla.

A historia xira en torno a Makoto (Tamaki Hiroshi^3^), un fotógrafo; que viaxa a Nova York durante o nadal buscando a súa mellor amiga, Shizuru (Miyazaki Aoi). A partir de ahí o filme céntrase en cando os dous se coñeceron estudiando na universidade, e a súa especial conexión foi debida aos complexos que teñen ambos, Makoto é extremadamente tímido dende pequeno e Shiruzu ten unha personalidade moi especial pero ao igual que Makoto o relacionarse cós demais non é o seu pasatempo favorito. Pero ambos atopan un no outro un apoio, ademais Shizuru pouco a pouco váise interesando pola fotografía e os dous van xuntos a un bosque (ao que está prohibido entrar) a tomar fotos. A súa amizade se verá entorpecida polos sentimentos de Shizuru cando Makoto comeza a interesarse por outra chica chamada Miyuki.

Un dos filmes máis bonitos que puiden disfrutar últimamente^^ Iso sí ter preparados os klinex, porque a historia non é un campo de rosas O_o E destes filmes que deixan bó sabor de boca, con imaxes que se quedan grabadas na retina e cun final precioso ademais dunhas boas interpretacións, realmente encántame Tamaki e Aoi é unhas das miñas favoritas; quen a vira facendo da "pija" Nana aquí non a recoñece XD. A banda sonora é , como sempre, preciosa e canción principal titulada "Renai Shashin" é destas que se te queda na memoria xa que é da superidol Ai Otsuka e a min, a súa voz resúltame moi doce así que eu toda contenta^^

Reparto:
  • Aoi Miyazaki
  • Hiroshi Tamaki
  • Munetaka Aoki
  • Keisuke Koide
  • Meisa Kuroki
  • Asae Oonishi

Fotiños:








Trailer:

martes, 10 de julio de 2007

FLY HIGH / 사랑하니까, 괜찮아 SARANGHANIKKA, KWAENCHANHA

Ao fin dáseme por escribir algo sobre unha peli^^ tou de vaga subida XDXD pero esta espero que sexa a primeira doutra racha xa que últimamente estou disfrutando boas películas^^*

Pois este melodrama romántico é de Korea do Sur do recente ano 2006. A historia céntrase en Min-Hyuk (interpretado por Ji Hyun Woo) un estudiante de 18 anos que soña con ser mangaka e que nunca tivo unha relación seria na súa vida, ata que se namora a primeira vista de Mi-Hyun (intepretada por Lim Jeong Eun) cando a ve nos baños de chicos^^ a partir de ahí inténtao de tódalas maneiras para conseguir salir con ela, pero un fracaso ven detrás doutro fracaso; nada lle funciona. Ela manténse rexeitándo ata que un día sen máis marcha deixándolle un email coas palabras "síntoo".

O filme está divido en dúas partes claramente, a parte moi humorística que ven da man do protagonista masculino cando intenta conquístala por tódolos medios^^ e a parte máis dramática que ven dada pola madurez de ambos personaxes, e que algunha bágoa pode provocar.

A banda sonora está xenial, ten un pouco de todo tanto para os momentos alegres (cunha canción xenial de rock) como para os momentos tristes onde hai que destacar a canción "o reloxo do meu avó" unha canción antiga koreana preciosa.

Persoalmente este filme comeza a encabezar a lista de películas vistas últimamente, e é que ten risas aseguradas (sobre todo debidas aos momentos estelares que ten o protagonista) e ten cousiñas serias que che fan pensar^^ a parella protagonista ten moita química, cousa bastante común no cine koreano a verdade; e o seu bó "rollo" fóra dos platós parece que o souberon plasmar na pantalla e non estou dicindo que estén liados que quede claro jijiji. A parte da parella protagonista os amigos non teñen desperdicio ningún porque están todos tolos XD Os actores, todos; están xeniais pero claro eu destaco máis o labor dos protagonistas ^^ (aiss o prota...^3^)

Concluíndo hai que vela!!

Reparto:
  • Ji Hyun-woo (지현우)
  • Lim Jeong-eun (임정은)
  • Jeong Han-yong (정한용)
  • Jeong Ae-ri (정애리)
  • Kang Rae-yeon (강래연)
  • Joo-ho (주호)
  • Park Kyeong-ho (박경호)
  • Kim Song-hee (김송희)
  • Woo Bong-sik (우봉식)
Encántanme os carteis de promoción:




Hora de capturas!!^^

Múltiples formas de conquista, onde mostra as súas dotes como bailarín e cantante ( na vida real Hyun Woo é guitarrista do grupo The Nuts) e moito máis^^v aiss con esa cariña quen pode dicirlle que non!!









Trailer: (onde curiosamente aparecen esceas que non están incluídas no filme^^)

Enlaces pra a descarga da peli:
Pando Package

Pando Package


Subtítulos:

Pando Package

domingo, 8 de julio de 2007

몇번을 헤어져도 - 김희선 / Myeochbeoneul He-eojyeodo (Kim Hee Seon)

Despois de aventuras con gatiños, facer chorradas có photoshop (que cada vez melloro máis) e máis vagueos decido postear algo^^ e esta vez e a letra dunha canción dun kdrama que está entre as miñas favoritas, ademais sempre te acaba gustando e quedándote a canción principal na cachola (senón toda a banda sonora) debido a súa repetición en momentos estelares XDXD
Esta canción pertence a banda sonora do kdrama Sad Sonata/Sad Love Story/Sad Love Song (e igual máis títulos...) en hangul chamado 슬픈연가 / "Seul-peun Yeon-ga" e é un dos mellores dramas que vin, triste a máis non poder...V_V esta canción a canta a protagonista, unha cantante cega (bueno hai máis historia pero é moito contalo todo) e xa me gustaba sen saber o que siñificaba pero nun capítulo cumbre foi traducida pola xente de asia-team así que cando supen o que dicía gustóume aínda máis^^ e iso que a letra é curta pero a canción non o é tanto, débese a que é cantada con pausa e ten moito instrumental. Realmente creo que vale a pena ver esta serie e escoitar esta canción.


몇번을 헤어져도 - 김희선

나머지 삶을 다 쓸게
오래된마음 말할께
몇번을 헤어져도 다시 볼거야

*운명은 잊지않고서 우리를 데려갈텐데
같은날 같은곳에 묶어줄텐데

따라온 이별은 끊고
너에게 무릎을 꿇고
처음부터 오직 너였어
나에 모든사랑을 *

아는지 병든 슬픔을 아는지

언제나 너를 가졌다 믿어도
갖지못한사랑을..

너에 사랑을...


Te escribiré el resto de mi vida
Revelaré lo que ha estado en
mi corazón por tanto tiempo
Incluso después de muchas despedidas
nos veremos de nuevo.
El destino no nos abandonará
nos traerá al mismo lugar y al mismo día
Realmente no estoy viviendo.
Sin ti, el cielo es
como la oscuridad sin fin

*snif* *snif* que potita *snif* *snif*

Déixovos cun video dun trozo do drama onde sae a canción (kwon tocando o piano *babas*)^^

lunes, 2 de julio de 2007

LEMBRANDO

O outro día buscando a miña lista de verbos irregulares de inglés atopeime sen querelo con toda a chea de debuxos que fixen cando era pequecha (e non tan pequecha) e entre os adefesios que pensaba que eran bós debuxos atopéime un kawaiioso e como Midori (si a mesma de sempre^^) me pediu que o escaneara pois alá vou e aquí está^_^

Dende logo menudo rollo boto para pór un cutre debuxo XDXD pero bueno esta é a miña máxima expresión artística (xa podedes imaxinar o ben que se me da debuxar) e o faría con 10 anos ou así..a saber^^

jueves, 28 de junio de 2007

HO! HO! SUMMER


Pois xa estamos no vran ^^ alegria, praia e sol...e tamén libros pra algúns....isto de non rendir cando se ten que facer trae tristes concecuencias XD en fin profesores que tanto quero vémonos en setembro!! ^^

Este vrao preséntase ocupado...terei que estudar O_o pero tamén teño que traducir cousiñas e facer outras tantas para o blog común que temos midori e mais eu e é que ter un público que nos demanda trae estas consecuencias jejeje pero nos encantadas ne midori?? se é que frikeamos do lindo^^v a parte de todo isto espero pasalo ben na praia e poñerme algo moreniña non como o ano pasado que con tanto fume (putos incendiarios) o sol non pasaba v_v

Esperemos que este vrao non traia tanta calor nin tanto lume como o ano pasado, que esas cousas non se volvan repetir...v_v o máis triste é ver como arde un monte mentres ti non podes facer nada...

Se me vai moito pero débese a que son horas de ir para cama e o sono está atacándome..en fin boa noite queridos lectores^_______^

Por certo a foto foi tomada nas Illas Cíes o agosto pasado..que lembranzas!!^__^ ne irinha? XD